"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • GALICIA

    Cartógrafo, agrimensor e matemático. Cara ao ano 1781 emigrou a América e, posiblemente, en 1782 trasladouse a Bos Aires. En 1873 foi nomeado enxeñeiro da expedición de recoñecemento da mina de ferro de Potosí. Parece que tres anos despois realizou unha carta dos ríos Paraná e Uruguay. De volta a Bos Aires (1792), foi o encargado de deseñar un novo peirao, rúas e a ampliación da enseada de Barragán (1801). Foi, xunto con Alsina Gassa, impulsor e director da Escuela Náutica (1799), na que impartía clases de xeometría, trigonometría, hidrografía e debuxo ata a súa desaparición (1806). Foi partidario da difusión da ciencia para mellorar as condicións de vida da sociedade. Realizou traballos de carácter cartográfico, como o plano para ampliar as fronteiras dos indios (1801) ou o plano do arroio Maldonado (1805), e en 1814 foi o encargado de elaborar o plano topográfico de Bos Aires. Tamén fixo diversos traballos sobre as linguas indíxenas. Colaborou no xornal Telégrafo mercantil, rural,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de cesar.

    2. Escrito mediante o que unha persoa manifesta que cesa nun cargo.

    3. Documento expedido para que un individuo deixe de percibir o soldo asignado polo Estado por realizar un traballo determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e dirixente deportivo. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Encabezou a candidatura do Partido Popular á corporación municipal da Coruña nas eleccións de 1987, 1991 e 1995, polo que foi concelleiro dende 1987 ata 1999. Foi vicepresidente e responsable da área de Cultura e Deportes da Deputación da Coruña (1987-1989), senador (1989-1993), deputado no Congreso (1993-1996) e presidente da Deputación da Coruña (1995-1999). A súa andaina como dirixente deportivo comezou aos quince anos ao fundar o C. F. Ural. Presidiu a Federación Coruñesa de Balonmán e dirixiu o Colexio Liceo-La Paz. Foi tamén presidente do H. C. Liceo, club que acadaría todos os títulos de hóckey a patíns dende 1982 ata os anos noventa: 3 Copas de Europa, 2 Recopas, 2 Copas da CERS e 4 Supercopas de Europa, ademais de 6 Ligas españolas e 8 Copas do Rei. En 1988 accedeu á presidencia do Real Club Deportivo de La Coruña. En 1990 foi designado Secretario Xeral de Deportes da Xunta de Galicia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Caldas de Reis. Ten planta de cruz latina cunha soa nave, reconstruída en estilo barroco no ano 1725 polo mestre de obras Antonio López. Conserva a ábsida semicircular precedida dun tramo recto con trazas e ornamentación románicas que se corresponden co templo anterior. O arco triunfal é de medio punto e descansa sobre columnas entregadas con capiteis, un deles con decoración vexetal, o outro presenta a dous cuadrúpedes afrontados e agarrados polas extremidades dianteiras. Reforzando a bóveda do interior atópase un arco faixón de igual directiz que o triunfal, con capiteis vexetais moi deteriorados. No testeiro da ábsida destaca unha tripla arquería con arcos de medio punto apoiados sobre xambas que enmarcan estreitas fiestras abucinadas. No exterior o hemiciclo divídese en cinco panos pola adición de contrafortes que coinciden co faixón do interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático. Exerceu como catedrático de Análise Alxébrica na Universitá de Palermo. Destacou polas súas investigacións en xeometría intrínseca, series diverxentes e conceptos de probabilidade local. Publicou, entre outros libros, Lezioni di geometria intrinseca (Leccións de xeometría intrínseca, 1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Caracterizado por un es­tilo áxil e directo, recolleu narracións sobre a guerra do Chaco en Sangre de mestizos (1936). Publicou ademais Metal del diablo (1946), El ditador suicida (1956) e El presidente colgado (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á planta que ten a capacidade de formar céspedes.

    2. Que ten un aspecto semellante ao cespede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Discípulo de Carissimi, foi mestre de capela en Florencia (1646), tenor da capela pontificia (1660) e segundo mestre de capela de Leopoldo I en Viena (1666-1669). Distínguese, principalmente, como compositor de óperas, entre as que destacan Orontea (1649) e Il pomo d’oro (1668). O equilibrio entre arias e recitativos, iniciado por Monteverdi e mantido por Cavalli, rematou con el a prol das arias, nas que se concentra todo o interese musical. Compuxo, ademais, numerosos motetes e cantatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente empregado para o carrexo e almacenamento de produtos. A súa forma e tamaño están determinados polo uso e a maneira de levalos. Na sementeira, bótase man dos pequenos con asa en aro coñecidos cos nomes de queipos, carabelos, megos ou gamelos, feitos de varas ou palla. Na recolleita poden verse os paxes ou banastras para recoller as patacas ou uvas; os corbes, para a froita ou roupa; os goxos, para as castañas; o muñico, feito de vimbios e paredes altas para levar no ombreiro e que se emprega na zona de Vigo para carrexar as espigas ao hórreo; as arcas, que van no carro onde se baleiran as uvas; e o coleiro, barreleiro ou carreteiro, da zona do Ribeiro, especialmente empregado no transporte das uvas desde a viña ata o carro. Nas tarefas relacionadas coa pesca e coa carga e lavado do peixe cumpre un papel importante a banastra, paxe ou canastro; no transporte e venda está a patela, empregada polas peixeiras para levar o peixe dun lugar a outro. Na pesca fluvial, adóitanse empregar...

    2. Contido dun cesto.

    3. Utensilio de arame ou doutro material que se lles pon aos animais no fociño para que non traben ou para que non se deteñan a comer cando están traballando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Especie de luvas ou armaduras de man feitas con correas gornecidas mediante placas de chumbo, que usaban os gladiadores no puxilato romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira meridional da ría de Pontevedra, na marxe setentrional da península do Morrazo e no L da enseada de Bueu, no litoral da parroquia de Cela (concello de Bueu).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cesta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde co significado de ‘facer cestas’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘cesteiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cestodos.

    2. Platihelminto da clase dos cestodos.

    3. Clase de platihelmintos endoparasitos caracterizados pola ausencia de tubo dixestivo, polo que absorben os nutrientes a través das microvelosidades externas que, á súa vez, aumentan a superficie do animal. O corpo, que varía moito de lonxitude segundo as especies e mesmo pode acadar uns cantos metros, está constituído por unha parte anterior, chamada escólex, que funciona como órgano de fixación (ten ventosas, botrios ou botridios) e frecuentemente presenta unha serie de divisións, moitas veces aplanadas, chamadas proglotes; o conxunto do organismo chámase estróbilo. Teñen unha organización bastante simple. Cada proglote contén un aparello reprodutor completo e a cópula ten lugar entre proglotes diferentes do mesmo individuo. Nas especies máis grandes, as proglotes vanse desprendendo do estróbilo pola extremidade posterior cando chegan á madureza sexual; chámanse, daquela, cucurbitinos e están cheos de ovos. Son hermafroditas proterándricos que, xeralmente,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cesto grande cheo de terra e pedras usado como parapeto defensivo.

    2. Cesta de gran tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ácido carboxílico cunha ou máis funcións cetónicas. As súas propiedades varían en relación coa distancia relativa das súas funcións osixenadas. Así, os α-cetoácidos presentan as reaccións dos grupos carboxilo e carbonilo, e os β-cetoácidos teñen un comportamento análogo ás 1,3-dicetonas e son moi inestables.

    VER O DETALLE DO TERMO