"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Éster dun cetoácido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dos monosacáridos de seis átomos de carbono que presentan un grupo carbonilo de tipo cetónico. Hai catro cetohexosas: a sicosa, a frutosa, a sorbosa e a tagatosa.
-
-
Nome xenérico das substancias orgánicas caracterizadas pola presenza do grupo funcional C=O (carbonilo) unido a dous radicais hidrocarbonados ou, nas cetonas cíclicas, formando parte dunha cadea alifática pechada. Segundo as regras da IUPAC, as cetonas alifáticas RR’CO pódense designar, na nomenclatura substitutiva, engadindo ao nome do hidrocarburo RR’CH 2 o sufixo -ona; diante do nome vai o número que indica a posición do carbono carbonílico na cadea. Na nomenclatura rádico-funcional, os radicais unidos ao grupo CO cítanse seguindo a orde alfabética. Así, a cetona CH 3 CH 2 COCH 3 pode chamarse butanona ou cetona etílico-metílica. As propiedades químicas das cetonas son as xerais do grupo carbonilo. Os oxidantes fortes rompen a cadea de carbonos das cetonas e dan ácidos carboxílicos. As cetonas pasan a alcois secundarios, ou ben a 1,2-dialcois, por redución. O paso directo de cetona a hidrocarburo conséguese mediante a redución de Clemmensen...
-
Líquido incoloro de olor penetrante e sabor ardente que ten unha densidade de 0,821 g/l (a 15°C) e ferve a 144°C. Utilízase como disolvente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de corpos cetónicos no sangue. Normalmente oscila entre 0,2 e 0,8 mg%. A cetonemia aumenta co consumo esaxerado de graxas, na diabetes mellitus descompensada, no xaxún prolongado e nalgúns estados febrís.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coleóptero da familia dos escarabeidos, de escarabellos grosos, aplanados e de coloracións vistosas e metálicas, cos últimos artellos das antenas en forma de lámina. As ás saen de debaixo dos élitros, que permanecen pechados durante o voo. Aliméntase de follas e flores. As larvas, brancas e grosas, e de vida subterránea, aliméntanse de raíces e de materia vexetal, especialmente de madeira en descomposición. En Europa están presentes os xéneros Cetonia, Gnorimus, Liocola, Osmoderma, Potosia, Trichius e Valgus. Tamén recibe o nome de escarabello dourado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de coleópteros da familia dos escarabeidos ao que pertence a especie C. aurata, de escarabellos de cor dourada ou verde de ata 20 mm de lonxitude, que se alimentan das flores. As larvas desenvólvense en madeira podre ou no humus do chan.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás cetonas.
-
Que ten o grupo funcional das cetonas.
-
-
Produto da oxidación das graxas e dalgúns aminoácidos do organismo; son os ácidos acetoacético e β-hidroxibutírico e a acetona. Os corpos cetónicos fórmanse no fígado e oxídanse nos tecidos periféricos; sen embargo, cando aumenta o catabolismo das graxas acumúlanse en exceso e prodúcese unha cetose, que constitúe unha das causas da acidose metabólica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de corpos cetónicos nos ouriños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos cetorrínidos ao que pertence a quenlla peregrina.
-
-
Relativo ou pertencente aos cetorrínidos.
-
Peixe da familia dos cetorrínidos.
-
Familia de peixes da orde dos galeiformes á que pertencen as quenllas peregrinas ou maróns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Osa que presenta unha función redutora pseudocetónica; isto é, que existe nunha forma heterocíclica cun carbono primario semiacetálico, en equilibrio cunha forma cetónica acíclica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade de acidose que se presenta por mor da diabete mellitus, da inanición e das dietas abundantes en graxas e pobres en glícidos. Orixínase pola acumulación de corpos cetónicos e cursa cunha cetonemia e cunha cetonuria elevadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de baleas de ata 4 m de lonxitude e de barbas curtas. Apareceu a finais do Oligoceno e prosperou ata finais do Mioceno. Presentaba características semellantes á balea gris agás no tamaño. Os xacementos máis importantes están en Bélxica e Rusia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ía metabólica que no organismo utiliza os superávit de acetil-CoA, chamada tamén vía do ácido acetoacético, pola que se forma ácido hidroxibutírico, acetona ou ácido acetoacético; estes elimínanse conxuntamente e constitúen os chamados corpos cetónicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é producido por corpos cetónicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce corpos cetónicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oxima que deriva dunha cetona. OBS: A grafía x representa o son [ks].
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas verdes de talo filamentoso e non ramificado, de ata 6 cm de lonxitude e con 0,5 mm de diámetro. Forma grupos mestos fixados ao substrato mediante un pequeno disco. En Galicia está presente a especie C. aerea sobre pedras do litoral, mesturada con algas do xénero Enteromorpha.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten chagas.
-
PERSOEIRO
Militar. Emigrado a Arxentina, ingresou no exército e participou como capitán das milicias de Río Negro na guerra con Portugal (1801) e na liberación de Bos Aires, ocupada polos ingleses en 1806. En 1814, como comandante militar da praza de Paysandú (Uruguay), axudou os exércitos españois que estaban asediados en Montevideo polos independentistas. Unha vez finalizado o proceso independentista, trasladouse a España.
VER O DETALLE DO TERMO