"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Acción e efecto de manifestar ou manifestarse.
-
Demostración colectiva, xeralmente ao aire libre, en que as persoas que nela concorren fan patentes as súas convicións, desexos ou sentimentos a favor ou en contra dunha opinión ou dunha reivindicación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proclama que se publicou en novembro de 1826 polos voluntarios realistas españois, partidarios do absolutismo e descontentos pola actitude lixeiramente moderada de Fernando VII. O documento propugnaba un pronunciamento militar para darlle o poder ao irmán do rei, Carlos María Isidro de Borbón.
-
PERSOEIRO
Cónsul e xurista. Participou na Terceira Guerra Púnica (149 a C), e asediou Cartago xunto con L. Marcio Censori sen éxito. Foi un dos fundadores do ius civile, e escribiu Manilii monumenta, unha obra en sete libros. Atribúenselle outras leis, fórmulas e actuacións xurídicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de manipular.
-
Conxunto de operacións que se poden facer coas mans sen necesidade de efectuar desprazamento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de produción audiovisual e teatro creada por Antonio Simón en 1996. Destacan os seus traballos Ministros pola cara (1997), sobre un texto de Ernesto Caballero, Auto do prisioneiro (2000), a partir do texto homónimo de Ricardo Carballo Calero, e Compañía (2001), sobre un texto de Eduardo Rovner. No terreo audiovisual produciu a longametraxe A noiva de medianoite (1997), sobre un guión de Xosé Rubia Barcia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proba que serve para detectar a tuberculose.
-
PERSOEIRO
Emperador bizantino (1143-1180), fillo de Xoán II Comneno de Bizancio. Continuou a guerra contra os turcos e resistiu un ataque dos normandos (1149). Intentou recuperar Dalmacia pero a oposición de Venecia provocou unha guerra marítima (1171-1175) que tivo fatais consecuencias para os bizantinos. Foi derrotado en Asia Menor polos turcos selxúcidas (1176), que trala súa morte se estenderon por todo o territorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio literario convocado en 1991 polo concello de Arteixo que rende homenaxe á figura de Manuel Murguía e fomenta a escrita do conto literario en galego. Concédese no mes de maio, coincidindo coas datas do nacemento e bautizo do escritor en Arteixo (días 17 e 18). Os relatos premiados publicáronse en edicións preparadas e prologadas por Henrique Rabuñal como Relatos (1995), Airadas de palabras (1998) e Tecendo panos (2000). Recibiron o premio autores como Xavier Alcalá e Afonso Álvarez Cáccamo. Paralelamente hai unha versión infantil e xuvenil do certame en que resultaron premiados Tania Vázquez (1997), Lucía Rial Riveiro (1998) e o colectivo Brincadeira (1999).
-
-
Acción e efecto de manter ou manterse.
-
Conxunto de alimentos que necesita unha persoa ou animal para sobrevivir.
-
Conxunto das operacións de manexo, transporte e almacenaxe de materiais. Comprende desde a chegada dos materiais necesarios no proceso produtivo ata a saída do almacén de expedición e faise necesaria para levar a cabo a fabricación dun produto. Hai que ter en conta que as operacións de manutención encaréceno. Isto fai que os problemas de circulación do material teñan unha consideración moi importante xunto aos factores de produción clásicos: man de obra, material e máquinas. Na manutención hai que diferenciar entre a manipulación, que pode efectuarse desde a zona que é posible abastecer sen moverse do lugar, e o transporte interno, que ten unha dimensión fóra da zona de abastecemento e supón unha locomoción. Nun proceso de fabricación débese considerar, en primeiro lugar, se a distribución da maquinaria ten por finalidade establecer liñas de fabricación continuas ou ben agrupar as máquinas segundo as operacións que fan. Nestes dous casos, a mellor distribución, desde o...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa de cartografía xeolóxica de España a escala 1:50.000, creado polo Instituto Tecnológico Geominero de España en 1972 e rematado en 2003. Neste traballo diferéncianse os distintos tipos de litoloxías, os accidentes tectónicos e os procesos xeodinámicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Traballo de investigación realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega en colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia entre 1992 e 1996. Para a súa elaboración realizáronse un total de 38.897 entrevistas entre a poboación residente en Galicia de máis de 16 anos de idade. A enquisa constaba de 148 preguntas, algunha delas con subdivisións internas, polo que se obtiveron un total de 170 variables, como a competencia lingüística do galego, as actitudes e prexuízos lingüísticos ou os datos de identificación persoal do entrevistado. O traballo foi publicado pola Real Academia Galega en tres volumes (1994, 1995 e 1996) e nel recóllense datos significativos da situación sociolingüística de Galicia. En xeral, o estudo amosa que os galegos teñen unhas actitudes positivas cara ao galego, especialmente entre os máis novos e os galegofalantes. O galego é a lingua maioritaria do país, malia observarse unha liña de descenso constante no seu uso...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mapa cartográfico de España reproducido a escala 1:50.000 e a escala 1:25.000, que constitúe a cartografía básica oficial. O mapa de 1:50.000 comezou a elaborarse en 1853 e rematouse en 1968, baseándose na rede xeodésica e cun total de 1.122 follas. En 1975 comezouse a escala 1:25.000 con datos proporcionados por satélites e fotografías aéreas; rematouse en 2003 con 4.123 follas, que cobren a totalidade do territorio ofrecendo unha representación detallada do terreo nos seus aspectos topográficos, morfolóxicos e os derivados da presenza humana, así como do medio natural. Ambos foron levantados polo Instituto Geográfico Nacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de maquetar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de maquinar.
-
-
Acción de marcar.
-
Ángulo entre a dirección da proa e a vertical dun astro ou dun obxecto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do apelido de orixe galega Marzo.
-
PERSOEIRO
Pensador cristián, fillo do bispo de Sinop. Despois de ser excomungado (144) estableceuse en Roma, onde fundou a Igrexa Marcionita e predicou que os cristiáns adulteraran os Evanxeos e os escritos de san Paulo con ensinanzas xudaicas. Combatido pola ortodoxia eclesiástica, os seus escritos coñécense a través das refutacións doutros escritores.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Marción ou aos marcionitas.
-
Membro da Igrexa fundada por Marción (s II), que se estendeu polo Imperio Romano, Arabia e Persia. Persistiron ata o s V, cando foron absorbidos polo maniqueísmo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luca Marineo.
-
PERSOEIRO
Escultor. Traballou con Francisco Casas no retablo de san Bieito para o mosteiro de San Martiño Pinario (1742-1743).
VER O DETALLE DO TERMO