"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • PERSOEIRO

    Historiador e economista suízo. Defensor da intervención estatal nos asuntos económicos, foi precursor da política social en prol dos traballadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación formada polo Banco Central Europeo e os bancos centrais nacionais dos Estados membros da Unión Europea que adoptaron o euro como moeda. O Tratado da Unión Europea atribuíulle as funcións de deseño e execución da política monetaria destes países así como a de manter a estabilidade dos prezos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema monetario implantado e adoptado pola CEE en Bremen, en 1979, co obxectivo de estabilizar os tipos de cambio, reducir a inflación, preparar a unificación monetaria europea e fomentar a cooperación. O seu antecesor foi o Plan Werner, baseado na redución das marxes de flutuación dos tipos de cambio das moedas da CEE, a coordinación de políticas monetarias presupostarias e rexionais e a creación dunha moeda europea. Non obstante, as marxes eran tales que non permitían establecer unha área monetaria estable, polo que se decidiu crear un sistema de flutuación exclusivo das moedas comunitarias. Tres foron os seus elementos constitutivos: o ECU, como unidade monetaria formada por porcentaxes determinadas correspondentes á moeda de cada país participante, en función da contribución destes á CEE e aos intercambios comunitarios; o mecanismo de cambio e intervención (MTC), que establecía os límites multilaterais de flutuación e a intervención no mercado; e os mecanismos de crédito, como o Fondo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Física polaca. Coñecida como Marie Curie, trasladouse en 1891 a París para ampliar os seus estudos de física e matemáticas en La Sorbonne, onde se licenciou en 1893 e doutorou en 1903. En 1895 contraeu matrimonio con Pierre Curie, con quen compartiu as súas investigacións. Foi profesora da École Normale Supérieure feminina de Sèvres (1900), asistente no laboratorio dirixido polo seu marido (1904) e tras a morte de P. Curie, ocupou a súa cátedra en La Sorbonne, co que se converteu na primeira muller que accedeu a unha cátedra en Francia. Baseándose nos traballos de Becquerel sobre a emisión de radiacións do uranio, descubriu a radioactividade do torio (1897), case ao mesmo tempo que G. C. Schmidt, e pouco tempo máis tarde, os Curie, coa colaboración de André Debierne, conseguiron illar o radio puro en estado metálico e o polonio. En 1914 fundou o Institut du Radium de París, centro onde investigou as aplicacións médicas da radioactividade. A súa obra máis importante é Traité...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e patriarca de Constantinopla. Adoptou o nome de Xenadio II Escolario. No Concilio de Ferrara-Florencia defendeu por razóns políticas o proxecto de unión das igrexas. Foi autor de diversos tratados teolóxicos e dunha Apoloxética destinada aos musulmáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. Naturalizado estadounidense, foi alumno de Olga Preobraženskaja e S. Lifar. Debutou en 1938 cos ballets rusos de Montecarlo e actuou como coreógrafo. Actuou na Opéra de París (1958-1962) e na Ópera de Liexa, e dirixiu o Harkness Ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo e xenetista. Estudou no Darmouth College e nas universidades de Harvard e Texas, e foi director do Jackson Laboratory Bar Harbor (Maine). Os seus traballos centráronse no estudo dos antíxenos de histocompatibilidade, responsables do rexeitamento dos transplantes. En 1980 recibiu, xunto con con J. Dausset e B. Benacerraf, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polos seus descubrimentos no campo da inmunoloxía e os estudos sobre os transplantes de tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tumor duro que se forma sobre un óso.

    2. sobrepé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase final do abalo da marea, antes da preamar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade fundada en Pontevedra en 1894 baixo a iniciativa de Casto Sampedro Folgar. Ademais de realizar estudos arqueolóxicos, promover a conservación de obxectos artísticos e de monumentos, levou a cabo tamén traballos sobre a música, o léxico ou a historia de Pontevedra e do Gremio de Mareantes. Disolveuse en 1937 e os seus fondos integráronse no Museo de Pontevedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en 1982 por licenciados en Xeografía que ten como finalidade o coñecemento dos aspectos xeográficos de Galicia, a organización de seminarios e congresos para difundir o interese pola Xeografía e a conservación e defensa da paisaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación situada en Piloño (Vila de Cruces). Estableceuse nun antigo casarío restaurado grazas á iniciativa do pintor Francisco Lareo. Ademais de exposicións pitóricas realiza coloquios e obradoiros internacionais de artes plásticas. Reuniu unha colección de artistas galegos dos que destacan Laxeiro, Colmeiro ou Sucasas, así como doutros artistas europeos e americanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás solanáceas.

    2. Planta da familia das solanáceas.

    3. Familia de plantas herbáceas ou leñosas ricas en alcaloides, da orde das solanais, con follas simples e alternas, flores actinomorfas, pentámeras, hermafroditas, co cáliz persistente e o xineceo súpero e bicarpelado e froitos en baga ou en cápsula con moitas sementes. Comprende unhas 3.000 especies, propias das zonas cálidas e temperadas, das que destacan a pataca, o pementeiro ou o tabaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casquete de seda que usan algúns eclesiásticos, de cor negra nos sacerdotes, violeta nos bispos, vermella nos cardeais e branca no papa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Vila Nova de Famalicão (Portugal) a partir de xuño de 1929. Cesou en 1933 (nº7). Subtitulada “Florilégio de sonetos inéditos das linguas latinas e suas fins”, a iniciativa estivo fundada e dirixida por Álvaro de Castellões e Júlio Brandão. Creada co obxectivo de fomentar a creación de sonetos en linguas románicas, conseguiu publicar trimestralmente sete tomos en que se recolleron máis de cen sonetos inéditos escritos en seis linguas románicas, entre eles tres en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador e escritor francés. Teórico principal do sindicalismo revolucionario, formulou a teoría do mito histórico. Escribiu Reflexions sur la violence (1906) e Matériaux pour une théorie du proletariat (1919).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de sortear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta dramático grego. Membro da pléiade alexandrina, viviu en Atenas, Siracusa e Alexandría. Escribiu traxedias e renovou o drama satírico. Consérvanse fragmentos do seu drama Aetlio, e doutro satírico titulado Dafnis ou Litierses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política e guerrilleira namibia de liberación, fundada en 1959 por Herman Toivo ja Toivo. Xurdida dun grupo político ovambo, chegou a ser multirracial e de ideoloxía marxista. Desde 1966 atentou contra obxectivos sudafricanos en Namibia. A partir de 1990, coa independencia de Namibia, participou nas eleccións lexislativas e resultou o grupo maioritario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformador alemán. De nome Georg Burckhardt, foi sacerdote (1509), amigo e discípulo de Lutero en Wittenberg (1511). Gañou a Federico III de Saxonia para a Reforma e acompañouno ás dietas de Ausburg (1518) e de Worms (1521). Traduciu ao latín as obras de Lutero e de Menlachton, e de Erasmo ao alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO