"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Que serve para previr a gripe ou para combater os seus síntomas.

      1. tratamento antigripal

        Os medicamentos que hai actualmente no mercado actúan para paliar ou diminuír os síntomas da gripe: calafríos, febre, dor de cabeza e muscular, irritación das vías respiratorias, fatiga, etc, e permitir que o paciente poida continuar facendo vida normal mentres a infección non desaparece. O tratamento habitual nos casos leves é o repouso na cama nun cuarto temperado e con boa ventilación. Para aliviar as dores e reducir a febre poden administrarse analxésicos e en casos máis graves utilízanse antibióticos para combater as infeccións bacterianas secundarias.

      2. vacina antigripal

        Tipo de vacina que contén cepas mortas dos virus da gripe tipos A e B máis frecuentes. Ofrece tan só entre un 60% e un 70% de protección e ademais a inmunidade que se adquire é de curta duración, o que fai necesario efectuar unha nova vacinación cada ano, xusto antes de comezar a tempada de gripe. A vacina antrigripal recoméndase soamente a anciáns e persoas que padecen enfermidades respiratorias ou circulatorias e aqueloutras que están frecuentemente expostas ao seu contaxio (grupos de risco).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos dispositivos ou procedementos empregados na minería para evitar a inflamación do grisú.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Las Palmas, nas Canarias, na illa de Fuerteventura (3.004 h [1996]). Ten praias e un porto pesqueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Antigua Capital do departamento de Sacatepéquez, Guatemala, á beira do río Pensativo (15.801 h [1981]), rodeada ao S e ao O polo volcán Agus (3.752 m), Fuego (3.835 m) e Acatenango (3.959 m). Presenta un notable desenvolvemento comercial (café, cana de azucre), industrial (téxtil, conservas, licores, etc) e destaca como un importante centro turístico. Fundada en 1542, foi a capital de Guatemala dende a súa fundación ata 1773. Durante eses anos acadou unha alta poboación (aproximadamente 66.000 h a mediados do s XVIII) e chegou a ser unha das máis importantes da América española. Contén un rico conxunto arquitectónico barroco colonial (Universidad de San Carlos de 1676, igrexa de San Pedro e a catedral), declarado pola UNESCO ben cultural da humanidade en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Ramón Barros Silvelo, editada en 1875 na Coruña, na que interpreta os restos arqueolóxicos de Galicia -tanto os megalíticos como os castrexos- como “recordo das primitivas razas célticas”. Trátase dunha obra modélica para a súa época, tanto polo contido (declaradamente celtista) como polas ilustracións (elaboradas segundo a súa visión romántica). Historiograficamente, cómpre salientar que abriu un camiño, que o tempo demostrou errado, na investigación arqueolóxica xa que consideraba que as semellanzas formais entre os monumentos, mesmo se estaban moi distantes no espazo e no tempo, eran o resultado dunha unidade xenética e dun parentesco entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Xosé Verea y Aguiar publicada en 1836. Encádrase dentro da corrente historiográfica romántica, iniciada por el mesmo na Historia de Galicia que escribiu, onde introduce por vez primeira o celtismo como modelo de explicación dos restos arqueolóxicos e dos feitos prehistóricos, co fin de subliñar o carácter diferencial da historia de Galicia, reivindicándoa como nación fronte a outros territorios da Península Ibérica. Principia así unha longa escola que guiará a moitos historiadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de antigo.

    2. Os tempos antigos, especialmente en referencia á época clásica.

    3. Obxectos antigos.

    4. Período de tempo transcorrido desde o día en que unha persoa inicia unha relación xurídico-laboral, como traballador dunha empresa ou funcionario dunha admistración, ou ben desde que desempeña unha determinada categoría.

    5. O conxunto da cultura greco-romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en Vigo no ano 1965 e subtitulada “Órgano del Colegio Apóstol Santiago”, onde aparecen colaboracións de profesores e antigos alumnos, centradas fundamentalmente na materia educativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra a formación de halo en determinados obxectos.

    2. Procedemento usado para evitar o efecto halo que pode aparecer nas partes escuras das imaxes fotográficas. Consiste habitualmente nunha capa de cor que se aplica no dorso da película fotográfica, entre a emulsión e o soporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protuberancia do pavillón da orella humana situada entre a hélice e a fosa auricular. Bifúrcase na parte superior en dúas ramas, superior e inferior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Imaxe difusa que aparece sobre o horizonte nun punto oposto ao Sol e á mesma altura no horizonte. Está motivada pola reflexión da luz nas caras de minúsculos cristais hexagonais de xeo en suspensión na atmosfera.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra os vermes.

    2. Medicamento empregado para combater os parasitos intestinais. Debe distinguirse entre os antihelmínticos vermífugos, que actúan contra os vermes de pequenas dimensións, e os antihelmínticos tenífugos, que expulsan as tenias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hemiedria caracterizada pola falta do centro de simetría e pola presenza dun ou máis planos de simetría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que prevén ou combate a hemofilia.

    2. Proteína do plasma sanguíneo que favorece a formación de tromboplastina no proceso da coagulación. A carencia deste factor determina a hemofilia do tipo A.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que impide a hemorraxia.

    2. Substancia que serve para conter a hemorraxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra as hemorroides.

    2. Medicamento que combate ou alivia as hemorroides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe de ficción ao que se lle atribúen características opostas ás que definen o heroe. Asígnanselle, polo xeral, os valores dunha sociedade en crise e aparece como un ser marxinal sen as características arquetípicas como a valentía, a fermosura, o poder ou a intelixencia. Pódese rastrear a súa pegada na literatura antiga, pero quedou consagrado a partir da literatura posromántica. Na literatura galega poden considerarse como exemplos deste tipo os personaxes como Cibrán da Esmorga, de Eduardo Blanco Amor, ou Rañolas de Os dous de sempre, de Castelao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Referido ao procedemento empregado para evitar o hiato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra a hipertensión.

    2. Fármaco ou tratamento que reduce a presión arterial dos individuos hipertensos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra a acción da histamina.

    2. Fármaco que posúe unha actividade contraria á da histamina. Os antihistamínicos están indicados nas reaccións alérxicas, o mareo, a gripe, e algúns son utilizados contra o párkinson.

    VER O DETALLE DO TERMO