"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Relativo ou pertencente ao antimilitarismo.
-
Partidario do antimilitarismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mísil ou sistema de armamento utilizado para interceptar os mísiles inimigos. Antes de 1970, tanto os EE UU como a URSS tiñan preparados mísiles antimísiles que, xeralmente mediante explosións nucleares, podían destruír mísiles inimigos na derradeira fase da súa traxectoria. Estes sistemas, chamados ABM (Anti-Ballistic-Missile), a pesar de non poder frear un ataque masivo, poden interceptar mísiles intercontinentais illados. Pouco despois desenvolveuse a intercepción de mísiles tácticos, especialmente os mísiles antinavíos.
-
-
Que impide a mitose.
-
Axente que, pola súa acción bloqueadora da división celular, se emprega no tratamento do cancro e da leucemia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contrario á monarquía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combinado ou preparado con antimonio.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao antimonio.
-
Que contén antimonio.
-
-
Preparado ou medicamento que contén antimonio combinado cunha molécula orgánica. Os antimoniais utilízanse para combater as afeccións producidas por diversos protozoos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal dos ácidos antimónicos, que nunha solución acuosa teñen a seguinte fórmula xeral: M<H>I</H>Sb(OH)6.
-
-
Que contén antimonio, referido especialmente aos compostos de antimonio nos que este é pentavalente.
-
Nome xenérico de diversos compostos con “contidos de auga” e graos de polimerización variables e mal definidos, que derivan do pentóxido de antimonio por hidratación. Os ácidos antimónicos son propiamente ácidos e a súa forza é comparable á do ácido acético. Os seus sales son os antimoniatos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Designación, non aprobada pola IUPAC, do grupo SbO+, formalmente presente nos sales básicos do antimonio trivalente.
-
-
Elemento fundamentalmente metálico, pertencente ao grupo V da táboa periódica, de cor branca prateada cando é puro, pouco duro (dureza 3 na escala de Mohs) e pulverizable, de valencias 3 e 5. A obtención do elemento parece ser que se recolle no libro Triumph-Wagen des Antimonii (O carro triunfal do antimonio), publicado co pseudónimo de Basili Valentí, probablemente no s XVII. Atribúenselle ao antimonio estados alotrópicos de dubidosa identidade (antimonio explosivo, antimonio amarelo, antimonio negro); a única forma estable é a “metálica”, chamada tamén antimonio gris. O antimonio non abunda na codia terrestre
-
Probable forma alotrópica do antimonio, obtida pola electrólise de solucións clorhídricas do seu tricloruro. Ao depositarse no cátodo, forma unha solución sólida con tricloruro, que se descompón explosivamente por rozamento ou quentamento proporcionando antimonio gris e fume de tricloruro.
-
Forma alotrópica inestable do antimonio que se transforma en antimonio negro cando está exposto á luz. Dubídase se é un verdadeiro alótropo, posto que todas as mostras preparadas conteñen hidróxeno.
-
Forma alotrópica do antimonio obtida ao arrefriar o vapor do elemento ou ao oxidar SbH 3 a temperatura ordinaria. É inestable con respecto ao antimonio gris.
-
Electrodo para as medidas de pH de non demasiada precisión, constituído por unha barriña de antimonio que, recuberta espontaneamente de óxido, funciona como un electrodo de óxido Sb/Sb 2 O 3 . Só se emprega para potenciometrías en solventes non acuosos.
-
Compostos de fluor e antimonio. Úsanse como catalizadores na fluoración de compostos orgánicos. O trifluoruro emprégase, ademais, en tinguidura e na fabricación de barro e porcelana.
-
Composto formado por hidrólise en auga fría do tricloruro de antimonio que se empregaba en medicina.
-
Líquido oleoso e cáustico, obtido pola acción do cloro sobre o tricloruro. Utilízase principalmente para a cloración de compostos orgánicos.
-
Pos alaranxados obtidos pola acción do sulfuro de hidróxeno sobre unha mestura de SbCl 5 e auga, ou descompondo con ácido o tioantimoniato sódico, Na 3 SbS 4 · 9H 2 O. Emprégase na fabricación de mistos, en pirotecnia, como pigmento e, sobre todo, na vulcanización e coloración do caucho.
-
Composto obtido pola acción de ácido nítrico concentrado sobre o metal. Por enriba dos 300°C, perde osíxeno e dá tetróxido Sb 2 O 4 . Obtense pola acción do ácido nítrico concentrado sobre o metal ou o trióxido de antimonio. Insoluble en auga, é soluble en ácido clorhídrico concentrado e nas bases fortes.
-
...
-
-
-
Que contén antimonio, especialmente utilizado para referirse aos compostos de antimonio nos que este é trivalente.
-
Sólido obtido con ácido sulfúrico tratando unha solución de tártaro emético e secando o precipitado a 100°C. As súas propiedades anfóteras fan que se considere non un ácido senón un óxido hidratado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
estibina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto binario do antimonio e dun metal. Os metais dos grupos IA, IIA e IIIA da táboa periódica producen antimoniuros estequiométricos. Os restantes metais forman co antimonio compostos esencialmente intermetálicos.
-
-
Que é contrario aos monopolios.
-
Conxunto de disposicións adoptadas polos gobernos para evitar as situacións que atentan contra os mecanismos de mercado e o libre xogo da oferta e a demanda. Coñécese tamén como política antitrust ou contra as prácticas restritivas da competencia. Esta política é un feito corrente na maioría dos países capitalistas e ocúpase non só do monopolio senón tamén dos acordos entre empresas, o cartel, o trust, o trato discriminatorio e o abuso de posicións dominantes, sempre que estas situacións se produzan no propio país e non no estranxeiro. Os motivos desta actuación son de dous tipos: políticos, para evitar que os consumidores padezan o poder exercido polos ofertantes de bens ou servicios, así como a concordia entre o poder económico e o político, e económicos, baseados na idea de que é nun sistema de libre competencia onde se consegue a mellor distribución dos recursos. As sancións aplicadas aos infractores desta lexislación van dende a declaración de ilegalidade...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes teleósteos da familia dos móridos ao que pertence a mora azul.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xene mutante que aparentemente ten un efecto contrario ao do xene que non mutou ou xene estándar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos axentes antimutáxenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que impide a mutación.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico arxentino. Estreouse coa adaptación dun texto de Julio Cortázar, Cartas a mamá, para logo imitar no seu estilo a Robbe-Grillet. Foi definido polo seu elitismo como seguidor do realizador Torre Nilsson. Dirixiu La cifra impar (1961), Circe (1963), La sartén por el mango (1972) e La invitación (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha situada preto da costa, xusto por debaixo do nivel da auga.