"GR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3341.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axencia de información internacional soviética. Durante a Revolución de 1917 os soviets ocuparon a sede de Petrogrado e transformárona nun centro de información, prensa e propaganda, que se converteu na axencia TASS en 1925. Coa disolución da URSS en 1991, fusionouse coa Axencia Telegráfica de Información de Rusia (TAR, fundada en 1990) e deu lugar á Axencia ITAR-TASS, de titularidade estatal.
-
-
Sistema de transmisión de mensaxes a distancia por medio dun código de sinais convidos. As telecomunicacións modernas comezaron co telegráfo eléctrico desenvolto polo estadounidense Samuel Morse entre 1832 e 1844, que construíu, entre Washington e Baltimore, a unha distancia de 64 km, e financiada polo Congreso de EE UU, a primeira liña de telégrafo. Era unha liña dun único condutor de ferro con retorno por terra. O servizo foi inaugurado en 1844 co envío dunha mensaxe desde entón famosa na historia das telecomunicacións: What hath God wrougt? (‘Que forxou Deus?’). O telégrafo de Morse empregou o código que leva o seu nome, permite transmitir letras, números e caracteres especiais mediante unha combinación de puntos e raias con diferentes intervalos de tempo para distinguir entre caracteres e palabras. O receptor consistiu nun solenoide que ao recibir a corrente actuaba sobre un mecanismo de impresión dos puntos e raias nunha cinta de papel. As liñas de telégrafo que xa empregan cobre estendéronse...
-
Aparato que utiliza este sistema de transmisión.
-
Administración da que depende este sistema de comunicación. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
-
Telégrafo que utiliza sinais eléctricos que se transmiten por cables ou liñas. Considérase o tipo de telégrafo máis perfeccionado e o seu uso dá lugar á telegrafía eléctrica.
-
teletipo.
-
Sistema de combinacións de bandeiras ou outros sinais que utilizan os barcos para a comunicación no mar.
-
Telégrafo eléctrico en que a transmisión dos sinais faise mediante ondas hertzianas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado na Coruña a partir do 23 de setembro de 1808, que cesou en 1809 coa invasión francesa. De tendencia liberal, editouse nos obradoiros de Manuel María de Vila. Incluíu novas de España e do porto da Coruña, artigos de propaganda liberal e editoriais en contra dos franceses e daqueles que os apoiaron.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado na Coruña a partir do 1 de xaneiro de 1843. Fundado, dirixido e redactado por Fernando Rubine, foi unha publicación de tendencia progresista moderada e de carácter político. Editada nos obradoiros de Domingo Puga, foi substituído ese mesmo ano por El Coruñés, e logo por El Vigilante.
-
-
Mensaxe ou noticia transmitida por telégrafo.
-
Impreso que leva escrita unha mensaxe ou noticia telegráfica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado na Coruña a partir de 1873 que cesou en 1897. De tendencia republicana, cunha orientación democrática e progresista, o seu propietario e director foi Vicente Abad Torregrosa. A partir de 1877 inaugurou unha segunda época baixo o subtítulo de “Diario político, comercial y de intereses materiales”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Radiografía en que a fonte de raios X se atopa a distancia do corpo para que os raios emitidos sexan practicamente paralelos e as imaxes non se deformen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo empresarial creado en 1958, fabricante de maquinaria eléctrica e electrónica como transmisores, reemisores, sistemas de transmisión e recepción de televisión vía satélite e cable, e servizos de comunicacións no fogar. Está formado por diversas sociedades e ten a súa sede principal en Santiago de Compostela.
-
DEPARTAMENTOS
Departamento de Costa de Marfil (2.200 km2; 54.847 h [1988]). A súa capital é Tengréla (8.794 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 454? - 526) Rei dos ostrogodos (474-526), fillo e sucesor de Teodomiro. En 462 foi enviado como refén a Constantinopla, e, en 488, o Emperador Zenón enviouno contra Odoacro. Invadiu Italia e, en 494, despois de ocupar Ravenna, considerouse rei dos ostrogodos e dos romanos, e foi recoñecido como tal polo Imperio de Oriente en 498. En 511 asumiu a rexencia da monarquía visigoda como titor do seu neto Amalarico, e conseguiu facerlle superar a crise sufrida pola derrota e a morte de Alarico II e a intromisión de Xesaleico. Gobernou con prudencia e embeleceu Ravenna.
-
-
Rexistro das variacións da temperatura.
-
Sistema de sensibilización de emulsións fotográficas especiais, por radiacións de baixa frecuencia, na rexión dos raios infravermellos, entre, aproximadamente, -115° e 140°C. OBS: Tamén se denomina fotografía térmica.
-
-
-
Aparato que rexistra as variacións de temperatura corporal.
-
Instrumento meteorolóxico que rexistra dunha manera continua a temperatura. Consiste nunha substancia que se dilata e se contrae coas variacións térmicas, e comunica os seus movementos cunha pluma que inscribe as indicacións sobre unha banda de papel enrolado sobre un tambor xiratorio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistro gráfico feito por un termógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica analítica que consiste no estudo da evolución do peso dunha mostra dunha substancia determinada coa temperatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de catro liñas horizontais e tres espazos que, na escritura tradicional do canto gregoriano, determina a altura dos sons musicais.
-
PERSOEIRO
Pintor, arquitecto e escultor italiano. Colaborou con D. da Volterra na igrexa da Trinità dei Monti e pintou os frescos da capela de San Denís na igrexa de San Luigi dei Francesi en Roma. De volta a Boloña (1554-1555), construíu e decorou o Palazzo Poggio. A partir de 1567 traballou en Milán, onde dirixiu as obras da catedral e levou a cabo unha grande actividade como arquitecto e enxeñeiro (igrexas de San Fedele e San Sebastiano). Coñecido co sobrenome de O Miguel Anxo reformado, traballou na decoración da biblioteca, o claustro, o sagrario e o retablo maior da igrexa do Escorial (entre 1586 e 1594).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Radiografía do intestino cego que se realiza mediante contraste de bario.
-
PERSOEIRO
Rei arsácida de Armenia (95-94). Xenro e aliado de Mitridates VI de Ponto, conquistou Capadocia, Mesopotamia, Migdonia e Osroena, e fixo tributarios os reis de Albania, de Atropatene, de Siria e de Cilicia. Non puidendo resistir a Licinio Luculo, refuxiouse na corte de Mitridates VI. Foi vencido por Cneo Pompeo Magno en Artaxata. A paz e o trono de Armenia fóronlle devoltos a cambio da renuncia a Siria e Asia Menor.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua semítica do phylum afroasiático que se fala en Eritrea. Os seus falantes habitan na rexión costeira de Massaua, das illas Dahkal, Kebir e de Sawakin, en Sudán.