"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • Medición da curvatura anterior da córnea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para medir a curvatura da córnea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección da córnea debida ao ataque dun fungo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica que se realiza na córnea para reparar unha perda de substancia corneal ou para practicar un enxerto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á queratoplastia.

    2. Que favorece a queratinización das células epidérmicas.

    3. Axente que favorece a cicatrización tras unha intervención de queratoplastia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento óptico que se emprega para o exame da córnea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lesión da pel caracterizada por unha hipertrofia considerable da capa córnea da epiderme, acompañada ou non de hipertrofia das papilas da derme.

    2. Lesión verrugosa, con hipertrofia da capa córnea epidérmica, que se presenta a partir dos 40 ou 50 anos de idade en zonas expostas excesivamente á luz solar, especialmente na cara e no dorso das mans. É unha lesión que se considera precancerosa.

    3. verruga seborreica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Incisión cirúrxica que se realiza na córnea.

    2. Intervención cirúrxica que consiste en practicar unha serie de incisións corneais coa intención de corrixir un defecto ou unha malformación ocular. Denomínase queratotomía radial cando se practican incisións radiais na córnea, nun número e a unha profundidade que cómpre determinar con exactitude. Foi realizada por primeira vez por Sviatoslav Fiodorov en 1974.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Flavonoide cristalino de orixe vexetal, que cristaliza en forma de cristais de cor amarela, e que forma parte da estrutura da quercitrina. Emprégase como antioxidante e como absorbente dos raios ultravioletas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano, fillo do escultor e ourive Pietro d’Angelo. De nome Pietro di Piero d’Angelo di Guarnieri, tomou o seu nome de Quercia Grossa, lugar de orixe da súa familia. Participou no concurso para realizar as portas do baptisterio de Florencia (1401). Das súas primeiras obras, fieis aos canons góticos, destaca o sepulcro de Ilaria del Carretto (1406?) na catedral de Luca, e Il Giudizio di Salomone (1408) para o Palazzo Ducale de Venecia. O seu estilo evolucionou cara ás pautas renacentistas nos relevos da Fonte Gaia (1414-1419) e nos da pía do baptisterio da catedral de Siena, onde traballou con Donatello e Ghiberti (1417-1431). En 1425 comezou os relevos da portada de San Petronio, en Boloña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcohol polihidroxílico derivado do ciclohexano, do que poden existir diversos estereoisómeros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glicósido presente na cortiza de Quercus tinctoria, que forma cristais de cor amarela, constituído por unha molécula de ramnosa e unha de quercetina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das fagáceas, coa cortiza gris ou parda, follas caducas ou perennes, lobuladas ou ovais, glabras ou pilosas. O froito é unha landra de tamaño variable, cun pedúnculo máis ou menos longo. En Galicia é moi frecuente a especie Q. robur (carballo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Produtor cinematográfico. Consolidou un equipo técnico co que iniciou diversas producións cinematográficas, como El espíritu de la colmena (1973), Pascual Duarte (1976), El Sur (1983), Tasio (1985), Historias del Kronen (1995), Barrio (1998, Concha de Plata no Festival Internacional de Cine de Donostia), Cuando vuelvas a mi lado (1999) e Los lunes al sol (2002, Concha de Oro no Festival Internacional de Cine de Donostia e cinco premios Goya).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acusación escrita que se presenta diante do xuíz contra alguén que cometeu un delito, que o agraviado solicita que sexa castigado e perseguido penalmente.

    2. Reclamación que os herdeiros forzosos fan diante do xuíz, para pedir a invalidación dun testamento.

    3. Discordia, conflito ou enfrontamento entre dúas ou máis persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen presenta unha querela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presentar unha querela contra alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instinto dos homes e dalgúns animais de volver a un lugar, especialmente a aquel en que se criaron.

    2. Afecto por algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rubiá baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘querido’.

    VER O DETALLE DO TERMO