queratotomía

queratotomía

(

  1. s f [MED]

    Incisión cirúrxica que se realiza na córnea.

  2. s f [MED]

    Intervención cirúrxica que consiste en practicar unha serie de incisións corneais coa intención de corrixir un defecto ou unha malformación ocular. Denomínase queratotomía radial cando se practican incisións radiais na córnea, nun número e a unha profundidade que cómpre determinar con exactitude. Foi realizada por primeira vez por Sviatoslav Fiodorov en 1974.