"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • PERSOEIRO

    Pintor e músico de jazz escocés. Formouse no Edinburg College of Art (1938-1940). Foi profesor de ourivería na Escola Central de Artes e Oficios de Londres (1953) e profesor na Escola Central de Londres. A súa pintura recibiu unha primeira influencia de Klee e Picasso e despois de J. Pollock. Participou na Documenta de Kassel (1959-1977) e recibiu unha homenaxe na Bienal de São Paulo (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e litógrafo estadounidense. Estudiou no Art Institute of Chicago e na Art Students League de Nova York. A súa obra evolucionou dende o paisaxismo onírico e visionario ata composicións cubistas. Traballou para a fábrica de tapices dos Gobelinos en París. Pertenceu ao grupo The Eight e presidiu a Society of Independent Artists que organizou a mostra Armory Show (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filóloga e investigadora. Licenciada en Filoloxía Románica pola Universidad Complutense de Madrid, doutorouse en 1984 na Universidade de Glasgow coa tese Rosalía de Castro and her work in relation to the society and culture os nineteenth-century Spain (Rosalía de Castro e a súa obra en relación coa sociedade e cultura española do s XIX) e foi profesora do departamento de español da Universidade de St. Andrews en Escocia. Como investigadora ocupouse, fundamentalmente, da literatura galega do s XIX, en especial de Rosalía de Castro, sobre quen publicou varios traballos en revistas como Grial ou Cuadernos de Estudios Gallegos, e participou en diversos congresos. En lingua galega publicou Rosalía de Castro no seu tempo (1987) e dedicoulles diversos traballos á literatura feminista hispanoamericana e a autores como Valle-Inclán, Rosa Montero ou Montserrat Roig, en obras como Contemporary feminist fition in Spain (Novelistas contemporáneas feministas en España, 1994), Latin american women’s writing...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista inglesa. Estudiou no Conservatorio de Leipzig e foi discípula de Clara Schumann. Promoveu o coñecemento e a introdución da obra de Debussy e Brahms no Reino Unido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo inglés. Licenciado en 1974 pola Trent Polytechnic de Nottingham, a partir de 1976 traballou como fotógrafo para a firma Sotheby’s de Londres. Entre 1978 e 1981 foi profesor de fotografía no Blackpool College of Art e dende 1985 profesor adxunto no West Surrey College of Art. A súa primeira exposición itinerante titulouse Landscapes (1980), na que incluíu imaxes de paisaxes de Coimbra. Individualmente, expuxo a súa obra na The Photographer’s Gallery de Londres (1976); na R.I.T. Gallery de Rochester (Nova York, 1983); e no Forum Stadpark de Gratz (Austria, 1989). Colectivamente, participou na mostra organizada no Centre Nationale du Photographie de París (1985); na Royal Academy of Arts de Londres (1989); e na IV e V Fotobienal, de Vigo (1990 e 1992). Publicou Mist Mountain Water Wind (1986) e A Grenn and Pleasant Land photographs (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, director de orquestra e pedagogo musical. Realizou estudios no Royal Manchester College of Music e posteriormente con G. Petrassi en Roma. En 1967 foi cofundador do grupo de cámara Pierrot Players, reorganizado en 1970 co nome de The Fires of London. A súa obra conta con numerosas referencias a xéneros e estilos tradicionais, como a música medieval e o fox-trot. Nomeado sir, foi autor de bandas sonoras, música de cámara e obras vocais, compuxo as pezas orquestrais St. Michael e Prolation; as óperas Taverner e The Martyrdom of St. Magnus; e os ballets Nocturnal dances e Salome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor galés. Influído por D. H. Lawrence, escribiu contos e novelas situados en Gales que amosan un humor sarcástico. Entre as súas obras destaca The Things Men Do (As cousas que fan os homes, 1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica vila e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIII: “Iohan Perez da Vila” (doc ano 1274 en Miguel Romaní Martínez, A Colección diplomática do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira (1025-1399), vol II, 1990-1993, p 1027). Tamén se grafa Da Vila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, marqués de Velada e de San Román. Foi gobernador de Orán, dos Países Baixos e Milán, e embaixador en Londres. Volveu a España en 1646 e ocupou diversos cargos na corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Iniciou a súa formación no eido da ourivería no obradoiro de Anxo Mareque, a través de quen coñeceu a Mario Granell, quen o introduciu no ambiente artístico vigués. En 1946 ingresou na Escola de Artes e Oficios, onde estudiou ouriveiría con Mareque e debuxo con Maximiliano Vidales Espinosa. Trasladouse a Santander cunha bolsa de estudios para ampliar a súa formación escultórica con Andrés Novo Cuadrillero (1948-1950). Instalouse en Madrid e participou na IX Exposición Nacional de Arte de Educación y Descanso celebrada en 1951 no Círculo de Bellas Artes de Madrid, na que obtivo o segundo Premio Nacional de Escultura e a primeira Medalla de Bronce. Regresou a Vigo en 1952 e comezou a traballar como técnico modelista en cerámica en Manuel Álvarez e Hijos, S A. Dende 1955 dedicouse de xeito máis intensivo á escultura e realizou a súa primeira mostra na sala Foto Club con 25 pezas en granito. En 1958 trasladouse a México onde se interesou polas culturas precolombinas, especialmente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador, xeógrafo, filólogo e escritor. De moi novo emigrou a Arxentina, onde se dedicou aos negocios mercantís. En 1911 regresou e instalouse en Madrid. Colaborou, entre outros, nos xornais El Eco de Galicia, no que escribiu desde 1915 unha serie de artigos sobre Galicia titulados “Desde el relleno”, Almanaque gallego (“Notas de Baamonde (Lugo)”, 1914 e “Baamonde ou Vaamonde?”, 1915) en La Voz de Galicia. No Boletín da Real Academia Gallega publicou o artigo “Acerca del topónimo Bares” (1956). Escribiu a novela El Destino (1897), de ambiente galego, e o conto Al abrigo del ombú (1914). Entre outras obras eruditas, publicou Apuntes históricos y descriptivos de la villa y partido judicial de Santa Marta de Ortigueira (1902), Vocabulario santamartés u ortigueirés. Crítica de críticas (1903), Cuestión filológica. Nombre genérico de los hijos de Ortigueira (1903 e 1904), Barbarismos de la inscripción del monumento a los mártires de Carral (1907), colección de dezaseis...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor chileno. Participou no golpe de estado de 1932 e foi elixido presidente da República Socialista de Chile entre xuño e outubro dese ano. En 1940 redactou o Plan Dávila, polo que se creou a Comisión Interamericana para el Desarrollo e converteuse no segundo secretario xeral da OEA en 1954-1955. Colaborador do xornal El Mercurio (1914), director de La Nación (1917-1927) e fundador da revista chilena Hoy (1932), foi tamén autor de Our America (A nosa América, 1949).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Coñecido como Remigio, iniciou a súa formación artística en 1964. Foi profesor de debuxo e pintura e auxiliar de modelado e talla en pedra na Escola de Artes e Oficios de Vigo (1975-1977). Empregou, entre outros materiais, a pedra, o bronce, o ferro, o cobre, o aceiro inoxidable, as resinas de poliéster e as mallas de aceiro refractario; e empregou pátinas, oxidacións, texturas e pulidos na busca dunha valoración da materia sobre a forma. Traballou con formas obxectuais máis ou menos figurativas, nas que prevaleceu máis o escultórico ca o obxecto. Realizou series temáticas que parten de materiais industriais. Entre outras destacan Moda Gallega, Complementos, Eros, Mitologías, Herramientas, Las formas del sonido e Reconversión industrial. Realizou, entre outras obras, o monumento ao músico Andrés Gaos en Vigo (1994). En 1999 coordinou o I Simposium Internacional de Escultura Monte Alba (Vigo). Participou, entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Catedrático e xornalista. Pertenceu á Compañía de Xesús e foi director do seminario de Tui. Propietario e redactor, xunto con Manuel Lago González e Victoriano Paradís, do periódico La Integridad, afiliouse ao partido integrista. A súa militancia política levouno a se enfrontar co bispo Menéndez Conde e a renunciar á cátedra do seminario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. Iniciou o seu labor teatral no grupo Avento de Vigo e desenvolveu a maior parte da súa actividade na compañía de teatro de rúa Os Quinquilláns, na que participou en diversas montaxes, como Danza da meiga no campo da festa (1991), Feira de lixos (1992), As voces do mar (1996), Os irmadiños (1999) e A noite (2001). Traballou tamén na montaxe Valle-Inclán 98 para o Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, escritor e xornalista. Emigrou a Arxentina moi novo, e colaborou asiduamente co xornal La Capital de Rosario. É autor de varios libros de poesías publicados entre 1886 e 1888 co título de Impresiones, La Babel argentina e Ecos de mi laúd. Tamén tirou do prelo varias pezas teatrais como Esdrújula (1894) e Mieles y amarguras (1894), e unha recompilación de diversos artigos humorísticos titulada Rasgos de pluma (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Na capital cubana fundou e dirixiu, xunto con Francisco Montaos, o periódico La Prensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. De posible orixe tudense ou valisoletana, recibiu a influencia de Juan de Juni, Berruguete e Esteban Jordán. Situado na transición do manierismo ao barroco, as súas obras caracterizáronse pola estilización das figuras que adoitan posturas complicadas, con pezas de roupa apegadas ao corpo de xeito que permiten descubrir a súa anatomía. En 1593 contratou con Francisco de Madrid e Esteban Jordán o retablo do altar maior da igrexa da Mare de Déu de Montserrat. En 1596, xunto co pintor Cosme de Azcuita, traballou no retablo maior de Santa María de Castrobeza e en 1597 realizou o retablo de San Miguel para San Nicolás de Valladolid. En 1599 o cabido compostelán chamouno para facerse cargo da realización do cadeirado do coro da catedral de Santiago en colaboración con Gregorio Español. En 1602 estableceu as directrices da nova capela maior da igrexa de Santa Susana e en 1603 asinou de novo con Gregorio Español a realización do retablo do colexio de Fonseca. Entre 1603 e 1610 traballou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Francisco Franco o 18 de xullo de 1949 a Fidel Dávila y Arrondo, ministro de Defensa Nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pedro Arias Dávila.

    VER O DETALLE DO TERMO