"Ain" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 537.
-
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do río Eume que nace e desemboca na parroquia das Pontes de García Rodríguez, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e político revolucionario británico. Alentado por Franklin, foi a EE UU (1774) e tomou parte na causa da independencia. De novo en Europa, atacou a obra de Edmund Burke con The Rights of a Man (1791-1792) e chegou a ser membro da Convención Nacional. Encarcerado polos xacobinos, escribiu The Age of Reason (1794-1795), contra o aspecto supersticioso da relixión e a súa inxerencia na política.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e político. Profesor nas universidades de Lille e de París e na Escola Politécnica, estudou as curvaturas e as superficies alxébricas, aplicou a teoría de grupos ás funcións, interesouse polas ecuacións diferenciais e foi un gran teórico da aviación. Foi ministro de Instrución Pública (1915-1916), de Guerra (1917 e 1925-1929) e presidente do goberno e da Cámara dos Deputados en varias ocasións.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Ave mariña da familia dos hidrobátidos, de cor xeralmente negra, e que posúe tubos nasais no peteiro e non presenta diferenzas entre machos e femias.
-
Ave ciconiforme de 19 cm que presenta o corpo de cor castaña escura, a cola lixeiramente gallada e o peteiro e as patas de cor negra. Come moluscos, crustáceos e pequenos peixes. Cría nas illas atlánticas, pero a súa presenza en Galicia é accidental.
-
Paxaro ciconiforme de 15 cm, dunha cor moura e coa rabadilla branca, as patas e o bico de cor negra e a cola cadrada. Habita nos illotes e nos penedos do litoral, desde o golfo de Bizkaia ata Islandia, e nas illas e nalgúns puntos costeiros do Mediterráneo occidental. En Galicia pódese ver durante todo o ano, e aliméntase de peixes, plancto e residuos graxentos.
-
Ave ciconiforme que acada os 20 cm e que presenta cor parda, a rabadilla branca, a cola fendida e o peteiro e as patas negros. Habita no Atlántico Norte e en Galicia, é unha especie invernante, pero non aniña na costa galega. Aliméntase de moluscos, crustáceos e pequenos peixes.
-
Ave ciconiforme de 18 cm, que presenta cola cadrada e o corpo negro, coas membranas interdixitais amarelas. Habita nos illotes e nos penedos do litoral. En Galicia a súa presenza é accidental.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
nosopai.
-
PERSOEIRO
Escritor inglés. Autor de The Palace of Pleasure (1566, ampliado en 1567 e 1575), trátase dunha escolma de historias baseada en Herodoto, Tito Livio e os clásicos italianos, que se converteu nunha fonte de inspiración para moitos dramaturgos posteriores, sobre todo para os isabelinos.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte que está situado na parroquia de Baíste (Avión). O seu cumio acada os 600 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aparello de pesca que consta dunha barra de ferro con forma de lanza, que se emprega para coller marisco.
-
Pau vertical arredor do que se tece o caínzo do carro.
-
-
-
-
Planta herbácea anual, de ata 100 cm, que presenta o talo robusto, follas lineais amplas e verdes, cunha lígula de pelos, e cunha inflorescencia en panícula grosa e espiciforme. Florece entre xuño e outubro.
-
Froito redondo desta planta, de 3 mm, de cor amarela ou vermella, que se emprega na alimentación das aves.
-
-
millo miúdo.
-
Planta herbácea anual, de 60 a 150 cm de alto, que presenta follas lanceoladas e inflorescencia densa e cilíndrica. Cultívase desde a Antigüidade nas rexións tropicais de Asia e África.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
herba das paredes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima proteolítico procedente do tronco, das follas e do froito do papaio. Emprégase en substitución da pepsina, como vermicida e como aditivo abrandador da carne.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Covas (Os Blancos). O seu cumio acada os 1.149 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor mexicano. Coñecido como Juan Rulfo, integrouse no grupo de escritores que crearon un universo propio, Comala, para convertelo en escenario onde se desenvolven as súas historias. Na súa obra reflicte as dificultades da súa infancia, especialmente as loitas relixiosas da ‘guerra de los cristeros’ e o falecemento dos seus pais, pero tamén se manifesta o seu carácter sensible e romántico. Apaixonado da literatura clásica, está considerado como un dos representantes do realismo máxico. Os seus personaxes, que se moven en escenarios rurais de México, representan e reflicten o tipismo do lugar, cos seus grandes problemas, o atraso, a miseria, o caciquismo, onde a presenza da morte, a violencia, a degradación e a sexualidade son unha constante. Todas estas preocupacións reflectiunas tamén no seu arquivo fotográfico, composto por máis de 6.000 negativos. Da súa obra destacan a colección de pequenos relatos El llano en llamas (1953), centrada na vida dos labregos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
duquesa de Abrantes.
-
PERSOEIRO
Militar e estadista francés. Durante a Primeira Guerra Mundial participou na ofensiva de Champagne (1915) e dirixiu a defensa de Verdun (1916), coa que se gañou a consideración de heroe nacional. Comandante en xefe do exército francés (1917) e mariscal (1918), tras a derrota francesa de 1940 solicitou o armisticio aos alemáns e colaborou con eles. Fundou un estado totalitario con capital en Vichy e asumiu as funcións de xefe de estado. Afastado da política de estreita colaboración con Hitler desde 1942, os alemáns restáronlle poder real e forzaron o nomeamento de P. Laval como viceprimeiro ministro. Intentou, sen éxito, aproximarse de maneira secreta aos aliados e ao rematar a guerra foi condenado a morte, pena que lle foi conmutada por cadea perpetua (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor e modelista. Discípulo de P. Bontemps, co que colaborou na tumba de Francisco I, realizou segundo o proxecto de F. Primaticio, as esculturas da Rotonde des Valois e o Monument du coeur du roi Henri II (1561). Elaborou entre 1565 e 1570 as estatuas do sepulcro real conservadas na abadía de Saint-Denis e traballou nas capelas secundarias da Rotonde (Saint François dans l’extase). Tamén realizou a estatua orante en bronce do Chancelier René de Birague (1584-1585), o sepulcro de mármore da esposa deste, Valentine Balbiani, e o busto de Jean de Morvilliers. Ademais esculpiu a medalla de todos os Valois.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Mauricio, situado na illa Mauricio (202 km2; 358.182 h [2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Especie de botín ou media que cobre a perna desde o nocello ata máis arriba do xeonllo. No traxe tradicional masculino é unha especie de media de pano ou coiro que cobre a perna desde debaixo do xeonllo ata o pé, e adoita ir abotoada pola banda de fóra. Nas zonas de montaña, dentro do traxe de diario, eran de coiro para preservar as canelas dos toxos do monte; no de gala eran de pano, tiñan os botóns prateados e podían levar adornos de veludo ou un pompón na punta do pé. Como complemento da coroza podíanse levar unhas polainas feitas tamén de palla trenzada que se ataban detrás da perna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Piloño (Vila de Cruces). Dentro dun recinto amurallado, sitúanse unha serie de edificacións arredor dun patio. A casa primitiva presenta planta rectangular e unha galería ao longo da fachada. Fronte a esta, sitúase outra construción rectangular de cachotaría cunha torre no seu extremo. Conta cunha capela e un hórreo que pechan os dous lados do patio. O portalón de entrada ten un arco de medio punto e un escudo no remate.
-
CAPITAIS
Capital do estado insular de Trinidad e Tobago, situada na illa de Trinidad e que forma un condado independente (10 km2; 50.874 h [1992]). Destaca a exportación de produtos tropicais como café e coco e a industria azucreira e destilaría. Foi coñecida co nome de Conquerabia.
VER O DETALLE DO TERMO