"Alle" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 636.
-
PERSOEIRO
Veterinario. En 1903 obtivo a cátedra de Patoloxía Médica e Terapéutica da Escola de Veterinaria de Santiago de Compostela e en 1921 a de Histoloxía na de Madrid. Deseñou un aparato para proxectar as preparacións con obxectivo de inmersión, co que se obtiñan unhas imaxes de calidade suficiente, que utilizou nas súas clases. Descubriu un método de tinguidura histolóxica específico para determinadas estruturas como as fibras elásticas ou os bacilos de Koch. Realizou tamén traballos sobre histoloxía normal e patolóxica de diversas enfermidades de animais domésticos e sobre o cancro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquiveira. Licenciada en Filosofía e Letras, dirixiu o Arquivo da Delegación de Facenda en Vigo (1958) e foi bibliotecaria da Fundación Penzol. Foi directora do Arquivo Histórico Provincial de Ourense (1969) e do Arquivo da Delegación de Facenda en Ourense. Entre as súas obras destacan Archivo Histórico Provincial de Orense: guía del investigador (1977), El Archivo del Monasterio de Celanova (1991), As Barcas e os barcos de pasaxe na provincia de Ourense no antigo réxime (1999), A Cidade de Ourense: unha visión a través dos séculos (2001). Membro correspondente da Real Academia de la Historia (1980), recibiu, entre outras distincións, o Lazo de la Orden de Alfonso X (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Formouse con María Corredoyra. As súas obras, realizadas ao óleo, caracterízanse polo realismo e pola experimentación da perspectiva, a cor e os elementos pitóricos. Cultiva a paisaxe, o bodegón e as escenas de interior inspiradas no mundo galego. Realizou exposicións en Galicia e Catalunya e participou, entre outras mostras colectivas, na Semana da Galiza no Gran Casino de Estoril (1981) e no Salón de Arte Contemporánea dos Países Celtas no Festival Interceltique de Lorient (1992). A súa obra está, entre outras coleccións, no Museo de Pontevedra e no Museo das Mariñas de Betanzos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Doutor en Arquitectura pola Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1968), foi bolseiro en Oslo, onde traballou con Erlin Vuksjo, e en 1968 en París para realizar o Cours des Techniques d’Urbanisme. Profesor de urbanismo na Escola Superior de Arquitectura da Coruña dende 1984, foi arquitecto xefe dos servicios provinciais de urbanismo da Coruña. Realizou, entre outras obras, as casas da cultura de Valdoviño e Chantada, a rehabilitación do Teatro Rosalía de Castro na Coruña, os Institutos Universitarios de Investigación do campus sur da Universidade de Santiago de Compostela e o Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Colaborador de Obradoiro, Boletín Académico da ETSA da Coruña, Dársena, On diseño e, entre outras obras, en A Galicia rural na encrucillada (1975), Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos Galegos (1978), Isaac Díaz Pardo: un proxecto socio-cultural para Galicia (1990)...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico e historiador literario. Catedrático de Literatura Castelá na Universidad de Granada. Escribiu estudios sobre poetas do Século de Ouro como Soto de Rojas ou Trillo Figueroa. É autor de Vida y poesía de Gerardo Diego (1955), Garcilaso de la Vega y sus comentaristas (1972), Diez ensayos sobre literatura española (1973), Fama póstuma de Garcilaso de la Vega (1978) e Sobre García Lorca (1993). Recibiu o Premio Nacional de Literatura de Ensaio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador de arte. Licenciado en Dereito, estudiou socioloxía e historia da arte na Sorbonne de París. Foi profesor na Universidad Autónoma de Madrid desde 1968 e catedrático na Universidad Complutense. Entre as súas obras destacan La peinture espagnole (1962), Visión y símbolos de la pintura española del Siglo de Oro (1972), El pintor de artesano a artista (1978), El cuadro dentro del cuadro (1978) e diversas monografías sobre Velázquez, Goya, Zurbarán e outros pintores.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Estudiou periodismo na Escuela Oficial de Madrid. Iniciou a súa andaina no diario Pueblo. A partir de 1949 exerceu como redactor de El Progreso de Lugo. Ademais, foi director de Ferrol Diario (1973) e de El Correo Gallego (1980). Escribiu os dramas El hombre que volvió a ser joven (1960), Una casa con jardín (1960) e Los hombres pueden ser dioses (1961); as novelas Los hermanos Ayala (1966) e Esta tierra fue rica y respetada (1980); ademais da súa recompilación de artigos 20 años de papel.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e poeta. Foi un dos fundadores do grupo de pintores informalistas A Gadaña e pertenceu ao colectivo Estampa Popular Gallega. Nas súas obras, paisaxes e mariñas principalmente ao óleo, acada o protagonismo a cor. Realizou a súa primeira exposición de pintura no centro lucense de Bos Aires da man de Luís Seoane en 1961 e dende entón realizou exposicións en diversas cidades. Formou parte do grupo poético Amencer e colaborou en diversas publicacións como Vieiros e Luzes de Galiza. Da súa produción como escritor destaca A cidade e a gaivota tesa nas ondas do mar (Premio Brais Pinto 1961) e Ayer está a volver (1973).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Pontevedra a partir do 1 de decembro de 1862. Cesou probablemente o 10 de abril de 1863. Subtitulouse “Agricultura, industria, comercio, ciencias, artes y literatura”. Editado por Andrés Martínez López, o seu director foi Elisardo Ulloa Varela. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Xosé Vilas. Nos seus artigos defendeu a modernización socioeconómica de Galicia, cunha especial énfase no ferrocarril. Incluíu ademais información sobre temas culturais e composicións literarias.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Lugo a partir do 23 de xullo de 1867. Cesou a súa edición o 10 de decembro do mesmo ano (nº 36). Subtitulouse “Periódico de intereses generales”. Fundárono Carlos Baamonde, Xoán F. de Prado, Miguel Gil, Xoaquín Pérez, Primo Feliciano, Primo Castro, Segundo Pla e Antonio Gaite. Incluíu, ademais de información xeral, noticias de Galicia, despachos telegráficos e algúns textos literarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Bos Aires a partir do 27 de abril de 1879. Cesou na súa primeira etapa o 14 de novembro de 1880 (nº 73). Subtitulado “Periódico semanal. Órgano de los intereses de su nombre”, o seu director foi César A. Cisneros Luaces. A súa segunda época abarca entre o 7 de xaneiro e o 27 de xuño de 1883. Posteriormente, entre o 2 de maio de 1888 e o 9 de maio de 1889 viviu unha terceira etapa. A cuarta e última desenvolveuse en Montevideo entre o 3 de marzo e o 2 de novembro de 1895. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de E. de Mársico. Serviu como voceiro do Centro Galego e incluíu información sobre actualidade, historia e costumes de Galicia, xunto con algúns textos literarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Lisboa a partir de setembro de 1881. O seu fundador e propietario foi Gumersindo de la Rosa. Coincidiu a súa saída coa fundación do Centro Galego e da Fraternidad Gallega.
-
PERSOEIRO
Pintor. Representante do gótico hispanoflamengo, puido ser de orixe galega. Activo no Reino de León, traballou principalmente en Salamanca. As súas primeiras obras, entre outras o retablo do cardeal Juan de Mella na capela de San Ildefonso da catedral de Zamora (1466?) e a táboa do Martirio de Santa Catalina, mostran a influencia flamenga na factura rica e minuciosa, no tratamento das dobras e na gradación dos planos. Posteriormente, caracterizouse pola frialdade e o realismo extremo, entre outras obras, nas táboas da Piedad e a Crucifixión e no retablo de San Andrés (1470?, Salamanca). Realizou tamén a decoración da bóveda da Universidad de Salamanca (1473?-1794) e, xunto cos seus colaboradores, os retablos de San Lorenzo de Toro, de Arcenillas e de Ciudad Rodrigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Cartagena (1250-1267). Relixioso da Orde Franciscana Menor, restaurou a diocese e organizou o seu cabido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Piloto mariño. Realizou diversas viaxes no vicerreinado de Perú, onde foi conselleiro dos presidentes e benemérito (1623). Nunha das súas viaxes foi saqueado por Drake (1591). Escribiu o diario Viaje y descubrimiento de la isla Salomón en el mar del Sur (1566).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premios instituídos en 2001 pola Xunta de Galicia e o grupo Unedisa que teñen como obxectivo promover a actividade cultural e científica como medio ou vehículo para a proxección internacional da comunidade galega. Teñen unha periodicidade bianual e concédense no eido das Letras, Artes Plásticas e Arquitectura, Artes Escénicas e Música, Cinematografía e Artes Audiovisuais, e Ciencias e Investigación. Sen dotación económica, os premiados reciben a escultura Fariñento de F. Leiro. Na súa primeira convocatoria foron galardoados Camilo José Cela, César Portela, Rogelio Groba, Xavier Villaverde e Luís Concheiro e Ángel Carracedo, nas respectivas modalidades.
-
PERSOEIRO
Escritor, xornalista, pedagogo e político. Nas súas novelas reflicte a vida dos llanos. Da súa produción destaca El último Solar (1920), publicada de novo en 1930 co título de Reinaldo Solar, La trepadora (1925), Doña Bárbara (1929), Cantaclaro (1934), Canaima (1935), Pobre negro (1937), El forastero (1952) e La doncella (1957). Foi ministro de Educación (1936) e presidente da República (1948), cargo que ocupou poucos meses ao ser derrocado por un golpe militar, tralo que se exiliou ata 1958. Doutor honoris causa pola Universidad de Costa Rica, pola Universidad Central de Venezuela e pola Universidad de Los Andes, foi membro da Academia Nacional de la Lengua de Venezuela e recibiu en 1958 o Premio Nacional de Literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘Galicia’.
-
-
galludo.
-
Galleta que ten tres ou catro gallas na punta.
-
-
Pao longo que se apoia nunha estrutura, no que se colgan os chourizos para curalos ao lume.
-
Gancho que pendura do teito que serve para soportar algo.
-
Pao colgado do teito, con varios ganchos laterais, sobre os que se penduran alimentos ou outros obxectos.
-
Estante que pode contar con ganchos e sobre o que se colocan alimentos ou outros obxectos como a louza.
-
-
Pao que se lle colocan ás fabeiras para que gabeen por el.
-
Peza de madeira en forma de Y que vai situada na parte dianteira do carro entre a cheda e o cabezallo.
-
Cesto grande para transportar uvas.
-
...
-
-
PERSOEIRO
Pintor e gravador finlandés. Realizou a súa formación en Helsinqui e París. A súa obra evolucionou dende o simbolismo e art nouveau a un estilo persoal caracterizado polo expresionismo e a estilización. Reflectiu na pintura a epopea nacional finlandesa Kalevala. Realizou tamén murais públicos.
VER O DETALLE DO TERMO