"Aso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 411.
-
PERSOEIRO
Princesa de Asturias. Licenciouse en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid. Traballou en México no xornal Siglo 21 e en ABC, na axencia EFE, en Bloomberg TV, CNN+ e Televisión Española. Casou con Filipe de Borbón e Grecia, príncipe de Asturias, en 2004. Recibiu o Premio Larra da Asociación de la Prensa de Madrid (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta latino. Viaxou a Grecia para perfeccionar a súa formación xurídica. Axiña frecuentou a compañía de Horacio, Tibulio e Propercio, cos que se converteu nun poeta de moda, e frecuentou a corte de Augusto. No ano 8 foi relegado por orde do emperador a Tomi, no Mar Negro, onde se mantivo durante anos en contacto con Roma e implorou a amnistía. A súa obra preséntao como un home cultivado, enxeñoso, refinado pero gracioso, a miúdo superficial, apaixonado polos costumes do seu tempo, familiarizado coa mitoloxía clásica e a contística alexandrina, hábil para a retórica e dotado dunha gran facilidade versificadora. Na súa xuventude (do 15 a C ao ano 2) escribiu unha traxedia, Medea, que se perdeu, os Amores, as Heroidas, un grupo de quince cartas fiticias de namoradas míticas e seis máis dos amantes, a Ars amatoria, manual de sedución, ao que o poeta engadiu como complemento unhas Medicamena facieci feminae e uns Remedia amoris. Á madurez...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Artista cómico, maquillado dun xeito esaxerado e vestido estrafalariamente, que nos circos representa pantomimas, fai acrobacias ou interpreta música para divertir o público. Pódense dividir en dous tipos: o clown, que interpreta o papel de listo, e o augusto, que fai de tonto.
-
Que ou quen ten un comportamento pouco serio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome comercial de Matsushita Electric Industrial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa sucesora da Anglo-española de Electricidad, constituída en 1921. Desde 1973 é unha filial da multinacional xaponesa Matsushita Electric Industrial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
xoaniña.
-
-
Utensilio semellante a un paraugas que serve para protexerse do sol.
-
Accesorio móbil e orientable que vai colocado na parte superior do parabrisas e no interior do vehículo para evitar o cegamento do condutor cos raios directos do sol.
-
Dispositivo adaptable á parte dianteira do obxectivo dunha cámara fotográfica ou cinematográfica para impedir que entren nel raios luminosos non provenientes do obxecto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica de diversos trastornos motores ou autónomos que derivan dunha alteración dos mecanismos do sono. Inclúe alteracións das funcións vexetativas durante o sono (enurese, espasmos larínxeos, erección dolorosa), alteracións neurolóxicas (axitación motriz, sacudidas, mioclonías, parálises) e psíquicas (somnambulismo, terrores nocturnos).
-
-
Conxunto de poetas dun pobo ou dun tempo determinado.
-
Escolma de poesías de varios autores e épocas.
-
-
MACIZO
Macizo montañoso de Grecia Central, situado ao N do golfo de Corinto e nos límites dos nomoí de Fócida, Élide e Ftiótide. Está constituído por unha gran masa calcaria con cumios superiores a 2.400 m. Na antigüidade a montaña estivo consagrada a Apolo e Dióniso, e, como sede das Musas, converteuse en símbolo da poesía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política paraguaia fundada o 11 de setembro de 1887 co nome de Partido Nacional Republicano. De carácter conservador, tivo períodos de inestabilidade que remataron cun golpe de estado que levou ao xeneral Alfredo Stroessner (1954-1989) a presidir a república. Desde as eleccións de 1993 conserva a maioría no Parlamento de Paraguay e na presidencia da república.
-
-
Aplícase á froita secada polo sol ou por outro procedemento.
-
-
Acción de pasar dun lugar a outro.
-
Acción de pasar ou transitar as aves dunha rexión a outra nas súas migracións.
-
Acción de deixar algo atrás.
-
-
Movemento que fai unha persoa cando camiña, levantando e adiantando un pé ata volver pousalo no chan.
-
Espazo que comprende cada un dos movementos que se realizan ao camiñar e que abrangue a distancia entre os dous pés, cando estes están pousados.
-
Maneira ou velocidade de andar.
-
-
Cada unha das maneiras de marchar a tropa.
-
...
-
-
-
-
-
Acción de pasar dun lugar a outro.
-
Acción de pasar ou transitar as aves dunha rexión a outra nas súas migracións.
-
Acción de deixar algo atrás.
-
-
Movemento que fai unha persoa cando camiña, levantando e adiantando un pé ata volver pousalo no chan.
-
Espazo que comprende cada un dos movementos que se realizan ao camiñar e que abrangue a distancia entre os dous pés, cando estes están pousados.
-
Maneira ou velocidade de andar.
-
-
Cada unha das maneiras de marchar a tropa.
-
marcar o paso
Realizar o movemento de paso pero sen avanzar nin retroceder.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á froita secada polo sol ou por outro procedemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito que separa a costa oriental de Cuba e a punta noroccidental de Haití, en América Central, e que comunica o Océano Atlántico co Mar Caribe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Competición cabaleiresca, organizada polo cabaleiro leonés Suero de Quiñones, que tivo lugar na ponte do río Órbigo do 10 de xullo ao 9 de agosto de 1434. Suero de Quiñones, ao ser rexeitado por unha dama, sentiuse prisioneiro dela e levaba no pescozo unha argola de ferro. Para liberarse desta prisión, organizou unha xusta e enviou a moitos países de Europa un cartel onde facía constar que, por servizo á súa dama, impediría o paso a todo cabaleiro que nas mencionadas datas quixese pasar por aquela ponte e que o obrigaría a loitar con el ou con algún dos seus novos compañeiros. Despois de que loitaran 68 cabaleiros, Suero de Quiñones rematou o torneo e peregrinou a Santiago de Compostela. En Santiago deixou como agasallos un brazalete, ouro e perlas, que leva pendurados no pescozo o busto de Santiago Alfeo. Todos estes acontecementos foron recollidos no Libro del Paso Honroso (1588), redactado polo escribán real e notario Pedro Rodríguez de Lena.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo e xornalista. Influído nas súas primeiras obras por Jardiel Poncela, como en Los pobrecitos (1957), de carácter neorrealista, co tempo variou a súa temática cara a un teatro máis amable e de entretemento. Desta segunda época destacan Cena de matrimonios (1960), Aurelia y sus hombres (1961, Premio Nacional de Teatro), Si quiero (1964) e La zorra y el escorpión (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado no centro da illa de La Palma (6.764 h [2001]). O termo municipal comprende o Parque Nacional de Caldera de Taburiente. A agricultura é a actividade económica básica, en que predominan os cultivos de tomates, tabaco, froitas, hortalizas e viña. Tamén destaca a gandaría e as industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo artístico que xurdiu en Madrid en 1957 coa intención de achegar as correntes vargandistas españolas ao contexto internacional. Formouse pola iniciativa de R. Canogar, L. Feito, M. Millares, A. Saura, M. Rivera e os críticos M. Conde e J. Ayllón, ademais de J. Francés, P. Serrano e A. Suárez, que o abandonaron pouco despois de se crear. En 1958 uníronse ao grupo M. Chirino e M. Viola. Estes artistas expuxeron colectivamente e publicaron o boletín informativo Carta de El Paso. Disolveuse en 1960.
-
PERSOEIRO
Escritor e debuxante. Residente en Londres (1970-1985), traballou como redactor e locutor da BBC. Comezou a súa produción literaria co volume poético Sonetos del amor y de lo diario (1958), ao que seguiron as novelas José Trigo (1966), Palinuro de México (1975, Premio Nacional de Novela mexicana), Noticias del Imperio (1987) e Linda 67: Historia de un crimen (1995). Tamén realizou os contos infantís De la “A” a la “Z” por un poeta (1988) e Paleta de diez colores (1992). Como debuxante e pintor, presentou as súas obras en Londres, Madrid, París e en varias cidades de EE UU. Recibiu o Premio Internacional de Novela Rómulo Gallegos (1982) e o Premio Nacional de Letras y Artes (1991).
VER O DETALLE DO TERMO