1 paso
(
-
Aplícase á froita secada polo sol ou por outro procedemento.
-
s
m
-
Acción de pasar dun lugar a outro.
Ex: A policía prohibiulles o paso aos manifestantes.
Sinónimos: pasada, pasaxe. -
Acción de pasar ou transitar as aves dunha rexión a outra nas súas migracións.
Ex: A gaivota gallada é unha ave de paso ou invernante nas costas galegas.
-
Acción de deixar algo atrás.
Ex: O paso do tempo fixo que comprendese a decisión de seus pais.
-
-
s
m
Movemento que fai unha persoa cando camiña, levantando e adiantando un pé ata volver pousalo no chan.
Ex: Eu estaba durmindo e non oín os seus pasos.
Sinónimos: pasada. -
s
m
Espazo que comprende cada un dos movementos que se realizan ao camiñar e que abrangue a distancia entre os dous pés, cando estes están pousados.
Ex: Do sofá á televisión hai cinco pasos.
Sinónimos: pasada. -
s
m
Maneira ou velocidade de andar.
Ex: O seu paso lento cánsame. Cambiou o paso para adiantalo.
-
[BÉL]
-
s
m
Cada unha das maneiras de marchar a tropa.
-
marcar o paso
Realizar o movemento de paso pero sen avanzar nin retroceder.
-
paso de ganso
Paso de desfile dalgúns exércitos, especialmente o alemán, caracterizado pola rixidez e gran elevación alternativa de cada unha das pernas.
-
s
m
-
s
m
Maneira natural de camiñar as cabalarías cando levantan unha soa pata no aire, de xeito que o animal se sosteña alternativamente coas patas da esquerda e da dereita, sen avanzar a saltos.
-
s
m
Cada un dos movementos con que se executa un baile.
Ex: Hoxe aprendimos dous pasos novos da muiñeira.
-
s
m
Unidade de medida de gasto nun contador.
Ex: Cobroume dous pasos do teléfono.
-
s
m
Cada unha das pezas horizontais dunha escada ou escaleira, onde se pisa cando se sobe e baixa.
Ex: A escaleira da miña casa ten moitos pasos.
Sinónimos: banzo, chanzo, pasal. -
s
m
Cada unha das pedras que se colocan en fileira nunha corrente de auga para poder pasar sen mollar os pés.
Sinónimos: pasadoiro, pasal, peal. -
-
s
m
Lugar ou sitio por onde se pode ou se debe pasar.
Ex: Cruzamos o río polo paso.
-
s
m
Estreito xeográfico.
Ex: O paso de Calais comunica o canal da Mancha co mar do Norte.
-
paso de peóns
Lugar dunha estrada ou rúa sinalado con franxas brancas paralelas por onde poden cruzar os peóns con preferencia de paso sobre os vehículos.
-
s
m
-
s
m
Sinal ou marca do pé que queda cando se anda.
Ex: A auga borrou os pasos da area.
Sinónimos: pasada, pegada. -
-
s
m
Cruzamento de dúas liñas de comunicación.
-
paso a nivel
Cruzamento dunha estrada ou dun camiño cunha vía de ferrocarril ao mesmo nivel, provisto xeralmente dunha barreira co fin de cerrar o paso cando o tren pasa ou está para pasar.
-
s
m
-
s
m
Dereito a pasar por terras ou lugares alleos.
Sinónimos: pasantía, pasaxe, serventía. -
s
m
Situación ou conxunto de circunstancias na vida dunha persoa.
Ex: Tes que saír do paso como sexa. O sacerdocio é un paso que tes que meditar.
-
s
m
Progreso conseguido na resolución de algo.
Ex: O ascenso que conseguiu foi un gran paso na súa vida profesional.
-
s
m
Cada unha das xestións ou dilixencias que hai que seguir para a realización dalgunha cousa.
Ex: Para chegar alí seguiu os pasos que lle dixeran.
-
[RELIX]
-
s
m
Cada un dos acontecementos principais da Paixón de Xesús Cristo que se conmemoran na Semana Santa.
-
s
m
Figura que representa cada un destes acontecementos.
-
rito de paso
Conxunto de ritos que, segundo A. Van Gennep (1909), acompañaban o cambio de condición na vida do individuo ou da colectividade e que os sacralizan: nacemento, condición de adulto, matrimonio, morte, guerra, etc.
-
s
m
-
s
m
[ESPECT]
Peza dramática moi breve, xeralmente cómica ou satírica, que adoitaba intercalarse nas representacións teatrais de obras máis longas.
-
s
m pl
[DEP]
Falta en que incorre un xogador, nalgúns deportes como o baloncesto ou o balonmán, cando avanza máis dos pasos permitidos sen botar a pelota.
-
[TECNOL]
-
s
m
etapa.
-
s
m
Distancia entre dúas irregularidades consecutivas, especialmente dunha ferramenta, que se repiten periodicamente.
-
paso de bobina
Número de dentes que separan as fendas onde se colocan os dous lados dunha bobina dun rolo de tambor, nunha máquina eléctrica.
-
paso de hélice
Distancia que unha hélice podería avanzar a cada revolución no sentido da rotación, se xirase dentro dunha porca sólida e fixa. Denomínase tamén paso xeométrico para diferencialo do paso efectivo, que é a distancia que a hélice avanza realmente a cada volta.
-
paso de rañura
Distancia periférica entre dúas rañuras consecutivas nunha máquina eléctrica.
-
paso de rosca
Distancia entre dous puntos homólogos dun filete dun parafuso ou dunha porca, medido paralelamente ao seu eixe, que equivale á separación entre dúas voltas consecutivas do mesmo filete e que corresponde ao avance do parafuso ou da porca nunha volta.
-
paso dental
Distancia entre os puntos correspondentes de dous dentes consecutivos nunha máquina eléctrica.
-
paso diametral/transversal
Módulo dunha roda dentada dunha engrenaxe. Cando os dentes son helicoidais, distínguese o paso diametral frontal do paso diametral normal.
-
paso primitivo/circular
Distancia entre dous puntos homólogos de dous dentes consecutivos dunha roda dentada dunha engrenaxe, medida sobre o círculo primitivo.
-
paso polar
Distancia periférica entre os puntos que ocupan a mesma posición sobre dous polos consecutivos, nunha máquina eléctrica.
-
s
m
-
notas de paso
[MÚS]
Notas que vinculan melodicamente dúas notas. A unión realízase por graos, diatónicos ou cromáticos, ascendentes ou descendentes.
-
paso dun astro polo meridiano
[ASTRON]
Instante en que, para un observador situado nun lugar da superficie terrestre, o astro pasa exactamente polo meridiano do lugar. Emprégase para efectuar determinacións horarias e para resolver problemas de astronomía de posición.
-
paso inocente
[DER]
Dereito dos buques que comprende o de deterse e fondear no mar territorial dun Estado, nos casos en que constitúa incidente normal da navegación, ou por unha arribada forzosa ou perigo extremo. Os submarinos deben realizalo navegando na superficie e mostrando a súa bandeira.
Frases feitas
-
1 Aproveitando a circunstancia que se expresa. Ex: De paso que vas á carnizaría traes tamén un quilo de chourizos.
-
A cada paso. Con frecuencia. Ex: Vaino visitar a cada paso.
-
A paso de boi/de tartaruga. Lentamente.
-
Dar o primeiro paso. Iniciar algo.
-
Dar un paso en falso. Equivocarse nunha acción.
-
2 Por un breve espazo de tempo. Ex: Non teño tempo de ir á túa casa porque estou de paso.
-
A dous pasos. A pouca distancia.
-
A este/ese paso. Deste xeito. Ex: A ese paso non comemos nunca.
-
A paso. A modo. Ex: Tes que ir a paso se non te queres cansar.
-
Andar en malos pasos. Estar metido en actividades pouco recomendables.
-
De paso loc adv
-
Non (dar) saído do paso. Non dar rematado un asunto ou tarefa. Ex: Non sei que facer, non dou saído do paso.
-
Non ver cousa ao/ó paso. Resultar algo estraño ou causar asombro. Ex: Non vin cousa ao paso, que pillabán es!
-
Paso a paso. Pouco a pouco.