"Ava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 621.

  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica estadounidense. En 1941 contratouna a Metro-Goldwyn-Mayer grazas a unhas fotos enviadas por un familiar. Comezou facendo pequenos papeis secundarios, ata que en 1946 protagonizou a súa primeira película, The Killers. A partir dese momento protagonizou numerosas películas, entre as que destacan Show Boat (1951), Pandora and the Flying Dutchman (1951), The Snows of Kilimanjaro (1952), Mogambo (1953), The Barefoot Comtessa (1954), The Angel Wore Red (1960), 55 Days at Peking (1963), Seven Days in May (1964), The Bible (1966), The Blue Bird (1976) e The Cassandra Crossing (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (37.985 h [1996]). O desenvolvemento turístico dos anos sesenta e a xeralización do veraneo das clases medias barcelonesas motivaron a construción dun gran número de chalés e bloques de apartamentos e de diversos cámpings. Destaca tamén a industria, iniciada xa en 1914 coa fábrica da Compañía Roca, de material sanitario e radiadores, ademais das industrias siderometalúrxicas, químicas, téxtiles e do ramo da construción. O ensanche, formado no s XX, esténdese cara ao NL e actualmente forma un continuo urbano con Viladecans. Hai urbanizacións do tipo de cidade xardín (Bruguers e Can Llong). Ten a estación do ferrocarril de Vilanova i la Geltrú a Barcelona e atravesa o termo a autovía de Castelldefels. Vinculada desde a Idade Media ao mosteiro de San Cugat del Vallès, do seu patrimonio cultural destaca o castelo de Eramprunyà.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás persoas que son naturais ou habitan nalgunhas zonas dos Pireneos.

    2. Aplícase ao natural ou habitante de Francia ou ao relativo a este.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulpice-Guilleume Chevalier.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de India. Nace na vertente oriental dos Ghates Occidentais. Flúe en dirección NO-SL a través do Deccan e desemboca cun amplo delta no golfo de Bengala, logo dun percorrido de 1.445 km de lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Pedra reducida a pequenos anacos, ata un máximo de 8 cm de diámetro, que se emprega, sobre todo, na construción, para afirmar o chan e para o formigón.

      2. grava miúda

        Grava pequena de menos de 3 cm de diámetro.

    1. Fracción do solo que se forma polos fragmentos minerais que teñen entre 2 e 20 mm de diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Susceptible de ser gravado cun imposto, cun gravame, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de gravar sons ou imaxes nun soporte magnético.

    2. Cinta ou disco gravado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de 1 gravar.

    2. Acción de gravar algo nunha superficie.

    3. Arte ou técnica de gravar.
      Técnicas e tipos de gravados
      Segundo a prancha e a técnica empregada distínguense varios tipos de gravado. Entre as técnicas en relevo distínguese a xilografía ou gravado en madeira, en que a imaxe se obtén mediante a talla da madeira e, segundo sexa esta talla, distínguense entre gravado a fibra, que consiste en baleirar a madeira que se atopa aos lados do debuxo realizado na prancha para que o contorno da imaxe sobresaia da superficie, e en trasladar a imaxe mediante a presión exercida sobre a prancha impregnada de tinta; e gravado a contrafibra ou gravado ao buxo, en que a talla se realiza en sentido transversal ás vetas da madeira. O linogravado ou linóleo deriva da xilografía e emprega como prancha un linóleo industrial sobre o que se debuxan os perfís ou as formas. No que se refire ás técnicas en oco , talla doce ou...

      1. Resultado de gravar.

      2. Imaxe obtida pola estampaxe da prancha ou matriz de gravado con esta técnica. Recibe tamén os nomes de proba e estampa.

    4. Matriz de madeira, metal, pedra ou outro material susceptible de recibir tinta para trasladar ao papel ou a outra materia semellante tantas veces como se queira, mediante o proceso da impresión.

    5. Debuxo ou ilustración que acompaña un texto impreso.

    6. Resultado da representación dun deseño ou debuxo mediante incisión ou percusión sobre unha superficie pétrea natural. Coñecidos tamén como petroglifos, as técnicas empregadas para a súa realización poden ser variadas: incisión, picado, abrasión e percusión directa ou indirecta. Son un fenómeno universal tanto no espazo como no tempo; deste xeito existe arte rupestre en todos os continentes, e en moitas zonas localízanse gravados desde o Paleolítico Superior ata a época contemporánea, aínda que os petroglifos se desenvolveron maioritariamente nas chamadas sociedades non estatais. En sociedades estatais, os gravados rupestres redúcense a marcas nas rochas cun sentido territorial, como por exemplo a delimitación de señoríos xurisdicionais nas idades Media e Moderna, é dicir, os chamados petroglifos de termo. O gravado rupestre implica perdurabilidade, transformación do soporte e da paisaxe. A elección dun soporte natural adoita implicar a participación deste na composición. É unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que grava.

    2. Aparato que serve para gravar.

    3. Persoa que grava, especialmente en pranchas de metal ou de madeira, para reproducir o gravado nun certo número de exemplares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Carga que afecta a un ben inmoble e, por extensión, aos bens mobles, en beneficio dun terceiro. Os gravames máis habituais son os censos, a hipoteca e a servidume.

    2. Diferencia entre o que demanda unha parte e o que se lle concede nunha resolución xudicial e que fundamenta un recurso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Marcar ou debuxar algo nunha superficie por medio de cortes, presión ou reacción química.

    2. Impresionar sinais, datos, imaxes ou sons sobre unha cinta, disco fonográfico ou magnético ou outro soporte magnético, para poderen ser reproducidos despois.

    3. Fixar algo na mente ou no ánimo, como un recordo, un sentimento ou unha idea.

    4. Quedar algo fixado na mente ou no ánimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargar a alguén cun imposto.

    2. Impoñer un gravame, especialmente sobre unha propiedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tira de seda, la ou muselina que se coloca arredor do colo da camisa cun nó ou lazo na parte dianteira.

    2. Banda que forma unha lazada e que está pousada no extremo da hasta dunha bandeira ou dun estandarte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fabrica ou vende gravatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento ou sección comercial onde se venden gravatas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Paraná, Brasil (156.500 h [1980]). Situada ao O de Curitiba, na beira do río Jordão, é un centro agrícola e gandeiro. Establecidos os colonos portugueses en 1810 no denominado Fortim da Atalaia, non foi ata 1819 cando se fundou a cidade na actual freguesía da Nossa Senhora de Belém.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Iniciou a súa carreira como garda mariña en 1819, ascendeu a alférez de fragata en 1824 e foi destinado como capitán a La Habana en 1846. Tras ser nomeado capitán xeneral da Armada en 1856, ocupou o ministerio de Mariña en 1866. Foi presidente da sección de Ultramar en 1868 e conselleiro de Estado ata a Revolución de 1868, en que dimitiu. Retomou este cargo coa Restauración, presidiu a sección de Guerra e Mariña e obtivo o cargo de almirante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar, diplomático e escritor, segundo marqués de La Mina, grande de España, conde de Pezuela de Torres e cabaleiro das ordes de Calatrava e do Vélaro de Ouro. Loitou na Guerra de Sucesión a favor de Filipe V, participou nas expedicións de Sardeña e Sicilia (1717-1720) e na toma de Orán (1732). Embaixador en París, foi nomeado en 1742 capitán xeneral de Catalunya. Foi ademais autor, entre outras obras, de Máximas para la guerra (1767) e Memorias sobre la guerra de Cerdeña y Sicilia en los años 1717 a 1720 y guerra de Lombardía en los de 1734 a 1736 (1898).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Hampshire, Inglaterra (116.300 h [estim 1989]). Situada ao NL de Portsmouth, é un centro agrícola e industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO