"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
PERSOEIRO
Rei de Roma (642-617 a C), o cuarto segundo a tradición. Atribúeselle a construción da ponte Sublicia sobre o Tíber e dun peirao en Ostia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro creada por Ánxela García Abalo e Gustavo Pernas Cora en 1989. A súa liña de traballo está orientada á posta en escena de espectáculos a partir dos textos de Gustavo Pernas, actor e responsable igualmente da dirección de escena. O seu primeiro espectáculo O galego, a mulata e o negro (1990) quedou finalista dos Premios Compostela de Teatro, mentres que Ladraremos (1996) e Fábula (1997) foron nominados como mellor Espectáculo na primeira e segunda edición dos Premios María Casares. Estas dúas últimas propostas conforman, con Anatomía dun hipocondríaco (1998), unha triloxía que constitúe unha divertida e aceda reflexión sobre as paranoias que provoca no individuo a sociedade actual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade creada en Vigo o 31 de maio de 1989 e declarada de interese galego pola Consellería de Traballo e Benestar Social da Xunta de Galicia. O seu presidente é Jesús Antelo Cortizas. Entre os seus obxectivos figuran a atención e coidado das persoas con deficiencias psíquicas co fin de potenciar e desenvolver as súas capacidades e posibilidades, exercendo a súa promoción titular. Dirixe os fondos a obras culturais-formativas e lúdicas para as persoas con atraso mental e organiza xuntanzas para orientar e axudar as familias afectadas de cara ao futuro dos fillos tanto desde o ámbito xurídico como testamentario ou económico.
-
PERSOEIRO
Publicou en San José de Costa Rica (1917) a obra La cuadratura del círculo y de la elíptica de forma plana y plano-cúbica, y de forma esférica y esférico-elíptica. Geometría matemática al alcance de todos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político brasileiro. Logo de se trasladar a Portugal, converteuse en 1812 en secretario vitalicio da Academia das Ciencias de Lisboa. De volta ao Brasil, Pedro I nomeouno Ministro (1821-1823) e cando abdicou (1831) designouno titor de seu fillo, Pedro II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta latino. Foi levado cativo a Roma, e máis tarde foi liberado polo seu amo. Deu a coñecer as obras clásicas gregas, adaptándoas e imitándoas e mesmo traduciu a Odisea. Durante a Segunda Guerra Púnica foille encargado un himno, polo cal está considerado como o iniciador da lírica latina.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica de diversas reaccións empregadas para a construción de aneis carbonados a partir dun composto cíclico preexistente e dun fragmento de cadea aberta. Un exemplo coñecido é a anelación de Robinson.
-
-
Capa externa do primordio do esporanxio dos briófitos.
-
Bordo do talo que envolve o disco dos apotecios lecanorrinos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Suspensión temporal de todo proceso pensante.
-
-
Acción e efecto de animar ou animarse.
-
Calidade de animado.
-
Acción destinada a crear e desenvolver actividades cunha finalidade educativa ou recreativa.
-
-
Procedemento polo que se consegue que determinados debuxos, ilustracións, fotografías ou elementos presentes nestas xeren o efecto óptico de movemento en medios audiovisuais. As técnicas empregadas para lograr este efecto teñen en común que se basean nun universo de proporcións reducidas e non reproducen ningún elemento “real”. Así mesmo, na rodaxe empréganse técnicas de filmación por imaxe e, mediante diversos trucos, prodúcese a impresión de relevo e movemento. Comprende o debuxo animado, os monecos, títeres, collages, obxectos en movemento, gravados móbiles, sombras e outras composicións plásticas abstractas.
-
animación cíclica
Técnica do filme de animación que permite a economía de debuxos por repetición dun movemento.
-
animación directa
Técnica que se realiza directamente sobre o soporte, sen filmación.
-
animación en continuidade
Técnica que permite realizar un rexistro en vídeo de forma continua, alternativa á gravación de imaxe tras imaxe que se implementou en cinematografía, de tal xeito que o resultado da gravación se pode ver instantaneamente e corrixir se resulta necesario. Tamén se chama animación en vídeo.
-
animación GIF
Procedemento que se realiza empregando arquivos informáticos do tipo GIF e que se utiliza especialmente na Internet.
-
animación limitada
Procedemento introducido pola United Produtions of America despois de 1948 que consiste en dar movemento só ás partes substanciais do cadro e que, ademais de aforrar traballo e rebaixar o custo, permite achegar ao cine debuxos animados de estilos pouco habituais.
-
...
-
-
-
-
Acción e efecto de animalizar ou animalizarse.
-
Desviación do desenvolvemento do embrión en estado de blástula que determina unha larva coas estruturas ectodérmicas hiperdesenvoltas, superficie recuberta enteiramente de cilios e falta de diferenciación do arquénteron e as espículas.
-
-
-
Acción e efecto de aniquilar.
-
Desaparición dunha partícula cando atopa a súa antipartícula, do que resulta un conxunto doutras partículas. Esta reacción está permitida pola lei de conservación da masa-enerxía: a enerxía total inicial da parella partícula-antipartícula transfórmase en enerxía cinética das novas partículas. Cando toda a enerxía inicial se transforma en enerxía cinética de partículas sen masa, a materia desaparece e transfórmase en radiación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa internacional de investigacións xeofísicas que durou 18 meses, do 1 de xullo de 1957 ao 31 de decembro de 1958. O programa conduciu a progresos considerables en diversos campos: estrutura da codia terrestre, cartografía do zócolo rochoso da Antártida, cartografía das correntes mariñas e dos fondos submarinos, exploración do espacio, etc. Durante o AXI púxose en órbita o primeiro satélite artificial (Sputnik I, 4 de outubro de 1957).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento de protección dos metais lixeiros e ultralixeiros -principalmente o aluminio e as súas aliaxes-, que consiste en recubrilos dunha película de óxido, adherente e continua, que se obtén ao facer actuar o metal coma un ánodo na electrólise dunha solución ácida. Os detalles da operación (tensión aplicada, tipos e densidade da corrente, temperatura e natureza do baño) varían segundo os procedementos e a composición do metal a protexer. A capa de óxido obtida é moi absorbente e a afinidade do aluminio polos colorantes permite tinguila das máis variadas cores. Para un correcto acabado, é necesario sempre obturarlle os poros mediante vernices, óleos ou ceras, ou por inmersión en baños adecuados. A anodización evita a corrosión, aumenta a dureza (a alumina é moito máis dura ca o metal) e, en consecuencia, a resistencia á abrasión, e forma unha capa que retén ben os lubrificantes e serve de base para unha boa adhesión de pinturas e vernices. Tamén pode proporcionar o illamento eléctrico...
-
-
Acción e efecto de anotar.
-
Nota manuscrita especialmente a que se fai ao pé ou á marxe dun texto.
-
-
Asentamento que se fai constar nos libros de calquera rexistro (Rexistro da Propiedade, Rexistro Civil, entre outros).
-
Asentamento accesorio marxinal, en contraposición á inscrición propiamente dita, que é o asentamento principal.
-
anotación preventiva
Asentamento de carácter provisional que se practica nos libros rexistrados, especialmente no do Rexistro da Propiedade, e que ten por obxecto asegurar os resultados dun litixio, garantindo un dereito pendente ou preparando unha inscrición definitiva.
-
-
-
-
Interrupción espontánea ou provocada da ovulación.
-
Falta de ovulación provocada pola administración dunha substancia ou pola realización dunha práctica anovulatoria.
-
-
-
Anticipación do momento en que sucede unha cousa con respecto a outra, qure sucede posteriormente.
-
Anticipación do momento en que sucede algo e outro posterior no que se esperaba que sucedese.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dislocación dun órgano cara a adiante.
-
-
Acción e efecto de antepoñer.
-
Desprazamento dun órgano cara a adiante, especialmente do útero.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
otación efectuada entre os afilados a algúns partidos políticos, co obxectivo de decidir o candidato ou candidatos que os representen nun proceso electoral, segundo o modelo de eleccións primarias.