"EUR" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 354.
-
-
Relativo ou pertencente aos rabdopléuridos.
-
Hemicordado da orde dos rabdopléuridos.
-
Orde de hemicordados da clase dos pterobranquios, caracterizados por formar colonias que se orixinan por xemación e nas que os individuos están unidos por un estolón ramificado e ennegrecido. Tanto os individuos como o estolón están recubertos por un tubo córneo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
polirradiculite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de neurite que aparece en individuos que estiveron baixo a influencia dos raios X durante moito tempo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pasteurización dos alimentos con radiacións ionizantes.
-
FILOSOFOS
Filósofo francés. O seu pensamento centrouse na cuestión da vontade e no problema do mal, e mantivo unha actitude esencialmente afirmativa. Colaborador habitual da revista Esprit, escribiu Karl Jaspers et la philosophie de l’existence (1947), Le volontaire et l’involontaire (1950), Finitude et culpabilité (1960), De l’interprétation. Essai sur Freud (1965), La métaphore vive (1975), Temps et récit (1983-1987), Philosophie de la volonté (1988) e Soi-même comme un autre (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e matemático francés. Considerado un dos fundadores da acústica musical, estudou a orella humana e explicou a natureza dos sobretóns. Investigou os tubos sonoros, as cordas vibrantes e os harmónicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formado na École des Beaux-Arts de París (1878-1880), estudou a teoría do contraste simultáneo das cores de Michel-Eugène Chevreul, que tratou de aplicar á pintura, e creou o neoimpresionismo. A súa obra La Baignade à Asnières, rexeitada no Salon de 1884, provocou a fundación do Salon des Indépendents. Destacan Un dimanche après-midi à l’ille de la Grande Jatte (1884-1886) e Le cirque.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo prerromano da Gallaecia, do convento xurídico Brancarense. Establecéronse entre os ríos Miño e Limia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo prerromano da Gallaecia, do convento xurídico Lucense. Establecéronse ao longo das dúas beiras do río Miño, ao S da cidade de Lugo, nas actuais Sarria e Taboada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación formada polo Banco Central Europeo e os bancos centrais nacionais dos Estados membros da Unión Europea que adoptaron o euro como moeda. O Tratado da Unión Europea atribuíulle as funcións de deseño e execución da política monetaria destes países así como a de manter a estabilidade dos prezos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema monetario implantado e adoptado pola CEE en Bremen, en 1979, co obxectivo de estabilizar os tipos de cambio, reducir a inflación, preparar a unificación monetaria europea e fomentar a cooperación. O seu antecesor foi o Plan Werner, baseado na redución das marxes de flutuación dos tipos de cambio das moedas da CEE, a coordinación de políticas monetarias presupostarias e rexionais e a creación dunha moeda europea. Non obstante, as marxes eran tales que non permitían establecer unha área monetaria estable, polo que se decidiu crear un sistema de flutuación exclusivo das moedas comunitarias. Tres foron os seus elementos constitutivos: o ECU, como unidade monetaria formada por porcentaxes determinadas correspondentes á moeda de cada país participante, en función da contribución destes á CEE e aos intercambios comunitarios; o mecanismo de cambio e intervención (MTC), que establecía os límites multilaterais de flutuación e a intervención no mercado; e os mecanismos de crédito, como o Fondo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revestimento externo da cavidade celomática que está formado por tecidos de orixe mesodérmica e unido á musculatura somática.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que practica a teúrxia.
-
-
Uso dos poderes da divindade en favor do home. Pode presentar uns aspectos francamente máxicos, ou ben pode estar relacionada coa mística extática.
-
Obra de Deus a través das accións litúrxicas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á teúrxia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
tukulor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Tunisia (4.719 km2; 97.000 h [estim 2004]). A súa capital é Tozeur (21.604 h [1984]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución comunitaria que ten a función principal de fiscalización ou control das contas da Unión Europea. Creouse o 5 de abril de 1977 por decisión dos representantes dos gobernos dos estados membros, e entrou en funcionamento o 25 de outubro do mesmo ano. A súa sede está en Luxemburgo. Está composto por 12 membros, elixidos por 6 anos polo Consello da UE, que exercen as súas funcións con absoluta independencia e en interese xeral da UE. Ditos membros, durante o seu mandato, non poden exercer ningunha outra actividade profesional, retribuída ou non. Este tribunal examina as contas da totalidade dos ingresos e gastos da UE, e tamén os de calquera organismo creado por ela. Asemade, examina a legalidade e a regularidade destes ingresos e gastos, e garante unha correcta xestión financeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corte de xustiza das Comunidades Europeas con sede en Luxemburgo. A súa misión consiste na aplicación e a recta interpretación dos tratados fundacionais e das normas legais das comunidades. Está formado por 15 xuíces e 9 avogados xerais, nomeados para un período de 6 anos de común acordo polos estados membros. Os xuíces designan entre eles ao presidente e están asistidos polos avogados xerais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo, con sede en Estrasburgo, creado polo Consello de Europa para garantir o libre exercicio dos dereitos políticos e cívicos. Poden recorrer a el tanto os individuos como os estados asinantes da Convención Europea para a Salvagarda dos Dereitos do Home, creada en Roma en 1950. Antes de recorrer a el cómpre esgotar todas as instancias nacionais e ter presentado o caso perante a Comisión Europea dos Dereitos do Home.