"Ede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 837.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización constituída en Betanzos a comezos de 1932. Un ano máis tarde, integraba dez sociedades dos concellos de Betanzos, Bergondo (Lubre e Guísamo), Sada (Soñeiro, Carnoedo, Meirás, Mondego e Sada) e Oza dos Ríos (Mondoi e Porzomillos) que representaban 580 afiliados. Durante a Fronte Popular dividiuse nas homólogas de Sada e de Betanzos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo confederal composto por dez sindicatos agrarios, de oficios varios, dos concellos de Carballo (Berdillo, Goianes, e Sofán), Coristanco (Erbecedo), Cabana (Nantón e Neaño), Ponteceso e Laracha (Golmar, Vilaño e Cabovilaño) afiliados á CNT. Constituído en 1934, durante a Fronte Popular agrupou a 650 afiliados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo confederal que abranguía os sindicatos de Noia, Lousame, Serra de Outes, Escarabote, A Pobra, Porto do Son e Portosín afiliados á CNT. Constituíuse durante a Fronte Popular grazas ao labor de Enrique Fernández e Claro José Sendón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en Vigo en 1979 que acadou rango legal en 1983. O seu primeiro presidente foi Vicente Abeijón e uns dos primeiros coros que a constituíron foron Ars Musicae, de Pontevedra, Grupo Coral Os Bardos, de Vigo, e Coro Clásico, de Vigo. Entre as súas actividades destaca a organización de festivais e de cursos de perfeccionamento das técnicas vocais. Así mesmo, editou a revista Galicia Cántat e creou o Arquivo Coral Galego. Posteriormente asumiu a dirección Carlos Orcajo Rial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en 1932 coa finalidade de impulsar o deporte e a cultura popular. Tivo como principais animadores a militantes comunistas de Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e, sobre todo, Pontevedra. Na primavera de 1936 cobrou especial protagonismo coa creación na cidade olívica do Comité Regional Pro-Olimpiada Popular de Barcelona, paralela aos Xogos Olímpicos que se ían celebrar en Alemaña e que se presumían manipulados polo réxime nazi. Trala suspensión da Olimpiada Popular de Barcelona por causa da Guerra Civil, os deportistas galegos e a expedición cultural, na que figuraban os gaiteiros de Soutelo, pasaron a contenda na zona republicana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización dos anarquistas portugueses perseguidos polo réxime de Oliveira Salazar e exiliados en España durante a Segunda República. En Galicia contaba cos grupos de afinidade Os Conquistadores Modernos (Noia), Os Intransigentes e Os Inadaptaveis (A Coruña) e outro colectivo máis en Lugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización estudantil creada en Santiago de Compostela en 1990. Ten como obxectivos, ademais do labor reivindicativo, a formación de asociacións xuvenís, a divulgación dos dereitos e deberes dos alumnos nos centros educativos, a organización de asembleas, conferencias e congresos (política educativa, política lingüística, etc) e a defensa dos alumnos galegos diante das diferentes administracións educativas. Foi a primeira forza estudantil de ensino secundario en Galicia con preto de 350 conselleiros escolares adscritos. Membro activo do Consello Escolar de Galicia e do Consello da Xuventude de Galicia, foi pioneira na celebración de encontros sobre política lingüística entre asociacións estudiantís, en colaboración co Colectivo de Estudiantes Vascos (CEV-EIK) e coa Associació de Joves Estudiants de Catalunya (AJEC). Integrouse na Unión de Estudiantes de España (UDE), e posteriormente no Colectivo de Asociaciones de Estudiantes Progresistas (CAEP), e no ámbito internacional pertence á...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación fundada durante o primeiro congreso galego de empresarias de Galicia, celebrado o 27 de abril de 1989, na Coruña. Ten a súa sede en Santiago de Compostela e está integrada, no 2002, polas Asociacións de Empresarias da Coruña (AECO), Pontevedra (APE), Ourense (AME) e Lugo (AELU). A través dun convenio coa Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, conta desde 1999 cun servizo gratuíto de asesoramento para a creación e consolidación de empresas. Proporciona, ademais, asesoría xurídica e laboral e información socioeconómica de carácter xeral, e organiza cursos de formación, congresos e xornadas sobre temas de interese para as mulleres empresarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político consituído en xullo de 1975 por sectores do centro e da dereita saídos do franquismo. O grupo constituíuse a partir da Lei de Sociedades Anónimas e presentouse en Santiago no mes de agosto. Manuel Fraga Iribarne ocupou a presidencia ata ser nomeado ministro de Gobernación no gabinete de Carlos Arias Navarro. Xunto ao Gabinete de Orientación y Documentación Sociedad Anónima, formou o partido político Reforma Democrática en 1976, con carácter centrista, aínda que estaba formado por personalidades saídas da ditadura, que en outuno de 1976, xunto a outros partidos, formou Alianza Popular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade fundada o 29 de outubro de 1977 en Santiago de Compostela que ten como finalidade a defensa dos intereses dos libreiros, do libro e da cultura de Galicia. Ademais, procura a mellora profesional e material dos seus asociados, promove o libro e a lectura a través de diversas actividades, e representa o sector en todos os foros de decisión e debate. Ao longo da súa historia, presidírona Xesús Couceiro Rivas, Ángel Martínez Ferrer, Xosé M. Alonso Martínez e Xaime C. Corral Prieto. Está formada por sete Agrupacións de Libreiros (Santiago de Compostela, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo). Publicou os tres primeiros tomos do catálogo das publicacións en galego dende as Cantigas de Santa María ata o ano 1993. Anualmente, edita antoloxías e monografías dos escritores homenaxeados no Día das Letras Galegas. Ademais, encárgase da organización das Feiras do Libro Novo e as do Libro Antigo e de Ocasión que se celebran en Galicia, xunto con xornadas monográficas sobre...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político constituído en 1976 por membros do Partido Socialista Galego e doutros partidos socialistas españois, no marco da Conferencia Socialista Ibérica. Defendeu a ruptura democrática fronte ao franquismo, en oposición á transición pactada, impulsada polo PSOE e o PCE. Mantivo tamén diferencias coa UPG na definición do carácter da AN-PG, que para os socialistas se concibía como un órgano interclasista e suprapartidario e non como un partido de vangarda revolucionaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación constituída en agosto de 1931 en que figuraba media ducia de sociedades de Ferrol e unha de Mugardos, e na que destacaban o Sindicato General, dos traballadores da industria naval, polo seu volume de afiliación, e o de Camareros e de Transportes, pola súa combatividade. A finais do mesmo ano produciuse a incorporación dalgunhas sociedades escindidas da UGT e do Sindicato de Canteros, cunha traxectoria como sindicato independente dende finais do s XIX.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación constituída por unhas cincuenta sociedades agrarias e culturais creadas polos galegos residentes en Bos Aires. Fundada en 1921, tiña por obxectivo coordinar as distintas asociacións e potenciar os valores rexionais, a través da organización de conferencias, exposicións de arte e veladas literarias. A loita entre nacionalistas e non nacionalistas provocou a ruptura da federación en 1929 e a creación da Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires, de orientación socialista. Ao proclamarse en España a Segunda República, enviaron dous delegados, Antonio Alonso Ríos e Suárez Picallo, que colaboraron na redacción do estatuto galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo federativo das sociedades obreiras de Ferrol, fundado en xaneiro de 1919 e no que figuraban tanto sindicatos de carácter socialista como anarcosindicalista ou sen orientación definida. Foi coetáneo coa época de achegamento entre a CNT e a UGT, trala folga xeral de 1918, na que ambas centrais sindicais actuaron conxuntamente. En decembro de 1919 varios delegados de sociedades vinculadas á Federación participaron no Congreso da CNT en Madrid, no que esta organización se amosou contraria á fusión coa UGT, optando por tratar de absorber o sindicato socialista. En Ferrol xurdiron tamén diferencias entre anarcosindicalistas e socialistas, que remataron coa creación do Sindicato Único de Obreros Metalúrgicos en febreiro de 1920, xermolo da CNT ferrolá. No II Congreso da Federación, en abril do mesmo ano, decidiuse por maioría o ingreso na UGT. A maior parte dos seus afiliados pertencían aos diferentes gremios de traballadores da construción naval, sumando un total de 2.063 afiliados...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en Madrid en 1900 coa finalidade de coordinar as sociedades de resistencia que se reclamaban do espírito da Federación Regional Española da AIT. Trasladou o seu comité á Coruña logo do seu V Congreso celebrado en 1905. O Comité Federal, designado na Coruña, estaba composto por Juan No, Santiago Serapio, Sabino Alfonsín, Coronel e Ricardo Cotelo, e tentou manter os vínculos mediante un boletín mensual nun ambiente desfavorable ocasionado polas continuas persecucións das autoridades. Abandonado polas diversas seccións afiliadas, o comité deixou de funcionar en 1908 e desapareceu a federación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación constituída en 1881. De tendencia bakuninista na súa orixe, dividiuse en dúas correntes: a anarcocolectivista e a anarcocomunista ou comunista libertaria, que se opoñía á creación de sindicatos e propugnaba a formación de grupos de afinidade ideolóxica que se desentendesen da loita laboral para combater incluso violentamente a sociedade burguesa. En 1882 concorreron ao II Congreso da Federación 914 afiliados galegos, pertencentes ás 8 seccións da Federación Local Obreira (FLO) coruñesa, ás 4 seccións viguesas e ás 8 de Lugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de entidades locais (concellos, deputacións, consellos e cabidos insulares) fundada en 1980 en Madrid, onde radica a súa sede. Os seus fins son: o fomento e a defensa da autonomía das entidades locais; a representación e defensa dos intereses xerais das entidades locais ante outras Administracións públicas; a prestación de toda clase de servicios ás entidades locais; o desenvolvemento e consolidación do europeísmo no ámbito local, baseado na autonomía e solidariedade entre todas as entidades locais; a promoción e favorecemento das relacións de amizade e cooperación coas entidades locais e as súas organizacións no ámbito internacional, especialmente o europeo, iberoamericano e árabe; e a xestión de programas gobernamentais destinados ao ámbito local. O 12 de xaneiro de 1980 celebrouse en Madrid unha xuntanza de alcaldes da que xurdiu unha xunta xestora presidida polo alcalde de Málaga, Pedro Aparicio Sánchez, que tramitou a constitución formal da Federación Española de Municipios...
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: FERE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: FETE.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada o 11 de marzo de 1991 en Ferrol. A primeira xunta directiva estivo presidida por Xavier Carro Garrote, quen instaurou a celebración de campionatos provinciais de gaitas e un campionato nacional que terá lugar cada ano en Cabeza de Manzaneda. Nesta primeira etapa creáronse os seus diferentes órganos, entre os que destaca o Comité de Graduación como estamento consultivo-interpretativo e editouse o regulamento rexedor dos campionatos, que se comezaron a organizar en Xinzo de Limia. Nunha segunda etapa, contou coa presidencia de Fernando Dopico Blanco (1994-2000) e, posteriormente, de Manuel Garrido Rodríguez.