"Far" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 541.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: brandoeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herbácea do xénero Chenopodium, da familia das quenopodiáceas, de ata 200 cm de altura, follas rómbicas dispostas de xeito alterno, pecioladas e sen estípulas caracterizadas por presentar na súa superficie, especialmente no envés, unha pulverulencia fariñenta. É unha planta anemófila de flores hermafroditas ou femininas, de dúas a cinco pezas no perianto e dous estigmas; son moi pequenas e pouco vistosas, e producen froitos en aquenio. Florecen a finais do verán, momento en que liberan na atmósfera gran cantidade de pole polo que constitúe un importante elemento alerxénico para o home. En Galicia están presentes as especies: Ch. album, Ch. bonus-henricus, Ch. botrys e Ch. murale. Tamén se denomina fariñeiro, fariñento, fariñón e farnento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
farnelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe nobre italiana da rexión de Tuscia, orixinaria do castelo de Farnese (Lacio), os seus membros desde 1545 ostentaron o título de duques de Parma. Fundada no s X, o primeiro membro coñecido foi Pietro Farnese (s XII), señor de Farnese, conde de Orvieto e comendador da cabalería pontificia. O seu descendente Ranuccio Farnese o Vello (s XV), señor de Farnese, Montalto e Ischia di Castro e senador romano iniciou unha política de alianzas matrimoniais que permitiu o ascenso social da súa familia, protexida do Papa Uxío IV. O seu neto Alessandro Farnese (1468-1549), fundador da biblioteca Farnese, foi desde 1534 papa co nome de Paulo III. En 1545 converteu en ducados as cidades de Parma e Piacenza e cedeullas ao seu fillo Pedro Luís Farnese (1490-1547). Posteriormente destacaron Alessandro Farnese , duque de Parma (1545-1592) e militar ao servizo da Coroa de Castela; Ranuccio I de...
-
PERSOEIRO
Duque de Parma e Piacenza (1586-1592). Coñecido como O Gran Capitán, estivo ao servizo da Coroa de Castela. Combateu na Batalla de Lepanto (1571) e foi lugartenente xeral de Catalunya (1576-1577). En 1577 dirixiu os tercios italianos que, trala Batalla de Gembloux (1578), recuperaron as provincias católicas do S dos Países Baixos. Antes de morrer, Xoán de Austria nomeouno capitán do exército e gobernador dos Países Baixos (1578-1582), cargo que lle confirmou Filipe II. Tentou reunir as provincias valonas e en 1579 ocupou Maastricht e asinou a Unión de Arras (1579), na que se deu validez ao Edito Perpetuo e se decidiu a saída dos tercios casteláns de Flandres. O enfrontamento coas provincias do N, a Unión de Utrecht, produciuse trala proclamación do duque de Anjou como gobernador de Flandres (1581) e obrigouno a abandonar o sitio de Cambrai (1581) e asediar Anveres, que non capitulou ata 1585. En 1590, Filipe II enviouno a Francia para prestar axuda á Liga Católica no asedio de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Filipe I de Parma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Isabel de Farnese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacios que mandou construír Alexandre Farnese en Roma e Caprarola. O romano iniciouno Sangallo o Mozo (1514), continuono Michelangelo (1546) e finalizouno Giacomo della Porta (1580); foi decorado polos Carraci. O palacio de Caprarola realizouno A. Vignola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacete construído en Roma polo banqueiro Agostino Chigi (1509-1511). Construírono Peruzzi e Rafael, que tamén realizou a decoración. En 1878 as escavacións descubriron unha vila romana do s I.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Farnese.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcohol sequiterpénico acíclico con tres dobres enlaces. Localízase en estado natural nos aceites do toronxil e do limón, e nos bálsamos de Perú e Tolú. O farnesol é o responsable da fragrancia dalgunhas flores, como as lilas. O seu éster metílico utilízase como substancia mimética da hormona xuvenil dos insectos. Emprégase en perfumería.
-
-
Torre cunha lanterna na parte máis alta, situada nalgún punto ostensible da costa ou dun arrecife, que serve para facilitar a navegación costeira. Cada faro ten unhas características distintivas; así, de noite conta coas características da luz (cor, período) e de día coas características da construción (forma, material, cor do edificio, etc). Atendendo ao aparello lumínico distínguense: faros catadióptricos, se a propagación da luz se fai por reflexión mediante espellos, e faros dióptricos, se a propagación se fai por refracción mediante lentes de Fresnel.
-
-
Dispositivo empregado nos vehículos para a iluminación, en condicións de ausencia ou escasez de luz do terreo polo que avanza, e para sinalar a súa posición.
-
faro antinéboa
Faro que produce unha luz cunha maior capacidade para penetrar na néboa.
-
faro de situación
Faro de distintas cores e frecuencias que se acende de noite nas costas para evitar as abordaxes das embarcacións.
-
-
Guía intelectual ou moral.
-
-
MONTES
Monte da serra do Faro que serve de límite ás parroquias, e concellos, de Santa Baia de Camba (Rodeiro) e Requeixo (Chantada). O seu cumio acada os 1.181 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte da parroquia de Faro, no concello de Viveiro. O seu cumio acada os 194 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
CAPITAIS
Capital do distrito homónimo, no Algarve, Portugal, ao NO do Cabo Santa María (32.000 h [1991]). Na segunda metade do s XX a poboación experimentou un rápido crecemento debido ao desenvolvemento do turismo e ás melloras no seu porto. As actividades turísticas fixeron que os empregados no sector terciario cheguen ata o 83% da poboación ocupada. Coñecida en tempo dos romanos co nome de Ossonoba, foi ocupada polos árabes no s VIII. Reconquistada en 1249, recibiu o foro en 1266 e a categoría de cidade en 1540. Do seu patrimonio cultural destacan os restos das murallas e o foro romano, a catedral (s XIII) e a igrexa de Nossa Se-nhora do Carmo.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito do S de Portugal (4.986 km2; 348.650 h [1998]). A capital é Faro. As principais actividades económicas están relacionadas co turismo e dan emprego ao 70% da poboación activa, mentres que as actividades agropecuarias só ocupan o 12% da poboación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese da Coruña que inclúe parroquias urbanas do concello da Coruña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino, nome de monte, desde que a illa grega de Pharos deu nome ao faro que nela había. Corresponde ao castelán Haro e, arabizado, Alfaro. Posiblemente o nome Faro chegase a ser nome de monte porque os montes eran un medio de transmitir mediante sinais de fume ou lume diversos avisos, xeralmente ante invasións marítimas. Entre Chantada e Rodeiro érguese o cume do Faro, onde se celebra a romaría da Virxe do Faro. Hai outra Virxe do Faro na Barquiña, en Brántoas, concello de Ponteceso. Na iconografía a Virxe represéntase subida polos anxos cara ás nubes e coa lúa baixo os pés. A súa festividade celébrase o 8 de setembro. Na tradición oral recóllense cantigas como: “Nosa Señora do Faro / fixo unha casa na Illa / para ver os de Malpica / como pescan a sardiña”, “Nosa Señora do Faro / está no alto fai que dorme / pero ela ben ve pasar / os mariñeiros para Corme”, “Nosa Señora do Faro / moi altiña se foi pór / dálle o aire, dálle o vento / dálle o sol todo arredor”.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade semanal aparecida en Viveiro o 27 de xullo de 1935. Exerceu como voceiro do Partido Republicano Independiente.
VER O DETALLE DO TERMO