"OMI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1140.

  • Organismo económico fundado en 1983, que agrupa diversos países de África Central, coa finalidade de promover a integración económica da zona e elevar o seu nivel de vida. Para conseguir estes obxectivos puxo en práctica unha serie de medidas, como a creación dun fondo de desenvolvemento, a unión bancaria ou a progresiva eliminación de impostos aduaneiros entre os estados membros. A finais dos anos noventa, a organización conformábana os países de Burundi, Camerún, Chad, Congo, Gabón, Guinea Ecuatorial, Rwanda, São Tomé e Príncipe, a República Centroafricana e a República Democrática do Congo; ademais, Angola tiña estatuto de país observador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo económico internacional creado en 1975 en Lagos (Nixeria) e constituído por nove estados francófonos (Burkina Faso, Benin, Costa de Marfil, Guinea, Mali, Mauritania, Níxer, Senegal e Togo), dous de fala portuguesa (Guiné-Bissau e Cabo Verde) e cinco de fala inglesa (Gambia, Ghana, Liberia, Nixeria e Serra Leona). O seu obxectivo é promover o desenvolvemento económico, social e cultural, e actuar como mediador nos conflitos que poidan xurdir nos estados membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de carácter económico fundado o 16 de marzo de 1994 en Ndjamena (Chad), como complemento da unión monetaria (BEAC) e da unión aduaneira e económica de África Central (UDEAC). A CEMAC é o resultado da unión de dous organismos anteriores: a unión económica de África Central (UEAC) e a unión monetaria de África Central (UMAC). Está formada por seis países de África Central, Camerún, República Centroafricana, Congo, Gabón, Guinea Ecuatorial e Chad. Presenta como obxectivos principais o establecemento dunha unión cada vez maior entre os pobos dos estados membros, a promoción dos mercados nacionais mediante a eliminación das trabas ao comercio intercomunitario, a coordinación de programas de desenvolvemento industrial e de programas de solidariedade con aqueles países da rexión menos favorecidos e a creación dun verdadeiro mercado común africano. A CEMAC organízase arredor dun órgano supremo -a Conferencia de Xefes de Estado-, e unha serie de órganos menores, que son os que preparan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional creada en aplicación do Tratado de Roma, asinado o 25 de marzo de 1957 por Bélxica, Francia, os Países Baixos, a República Federal de Alemaña, Italia e Luxemburgo, que pretendía establecer unha unión aduaneira e un mercado común, elaborar unha política conxunta para a agricultura, para o movemento de man de obra e os transportes, e fundar institucións comúns para o desenvolvemento económico. O Tratado de Roma entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1958 e contemplaba tamén a fundación da EURATOM. En 1973 incorporouse Dinamarca, Irlanda e o Reino Unido; en 1981, Grecia; e, en 1986, España e Portugal. O 1 de novembro de 1993, coa entrada en vigor do Tratado de Maastricht, a CEE converteuse en Unión Europea (UE), na que se integraron Austria, Suecia e Finlandia en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización europea creada en aplicación do Tratado de Roma, asinado o 25 de marzo de 1957 por Bélxica, Francia, os Países Baixos, a República Federal de Alemaña, Italia e Luxemburgo. Con sede en Bruxelas, comezou a funcionar en 1958. Os seus obxectivos concretáronse no establecemento dun mercado común de produtos nucleares e no desenvolvemento das industrias de aplicacións pacíficas da enerxía nuclear. Son membros todos os estados adheridos á Comunidade Económica Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de acompañar un fenómeno a outro ou darse ao mesmo tempo.

    2. Existencia do corpo e do sangue de Cristo en cada un dos elementos da eucaristía, de xeito que se reciben os dous elementos ao comungar cunha soa especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao fenómeno que acompaña a outro, que se produce ao mesmo tempo ou que contribúe a que se produza o mesmo efecto.

    2. Causas que concorren cando se establece a proba dun feito.

    3. Gracia que o home recibe mentres obra.

    4. Son harmónico que acompaña a outro fundamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Interese egoísta que ten unha persoa.

    2. Encargo que resulta ou causa molestias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río que desemboca na ría de Cedeira. Nace na parroquia de Cervo (concello de Cedeira). O seu curso adopta unha dirección NL-SO ata a súa desembocadura no núcleo urbano de Cedeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite da parroquia do Alto (concello do Corgo) coas de Bande e Trasliste (concello de Láncara). O seu cumio acada os 583 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma de comunidade na que a propiedade dunha cousa corporal pertence a unha pluralidade de individuos en partes proporcionais. As cousas corporais sobre as que actúa deben ser dunha mesma natureza e contextura. Ten as notas características dunha comunidade: pluralidade de suxeitos e existencia dunha cousa ou dun dereito que sofre a indivisión, onde todos teñen unha mesma titularidade cualitativa, pero que pode ser cuantitativamente diferente.

    2. Sistema de explotación da terra herdado do Baixo Imperio Romano que se empregou na Península durante a Idade Media. Segundo este sistema, o señor reservábase a utilización directa da parte máis fértil da súa terra ou condominio.

    3. Autoridade común de dous ou máis estados sobre un territorio do que se comparte a soberanía. Entre outros, destacan o condominio de Austria e Prusia sobre Schleswig-Holsteim e Lanenburg (1864-1866), o de Francia e Reino Unido sobre as Novas Hebrides (1906-1981) e o de Francia e España sobre a Isla de los Faisanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de mitocondrias dispostas como as contas dun rosario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo de cooperación económica creado en 1949 polo Tratado de Moscova e integrado por Albania (que o abandonou en 1961), Bulgaria, Hungría, Polonia, Romanía, Checoslovaquia e a URSS. Posteriormente, adheríronse a RDA (1959), Mongolia (1962), Cuba e Vietnam (1972). Iugoslavia posuía o estatuto de membro asociado desde 1964. A súa finalidade era intercambiar experiencias económicas, conseguir axuda técnica e proporcionar asistencia mutua entre os seus membros para crear un espazo económico autónomo fronte á economía dos países occidentais. Nun principio limitouse a favorecer o comercio bilateral; despois de 1955 comezou a promocionar a especialización económica dos seus membros. A partir de 1960 iniciáronse as discusións sobre o problema da especialización por estados e o establecemento dun órgano de planificación común a todos. En 1963 tentouse de novo instituír un sistema multilateral no que as compensacións se farían a través do Banco Internacional de Cooperación Económica. As...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro goberno xurdido trala Revolución de Outubro de 1917. Estaba presidido por Lenin e tiña como comisarios, entre outros, a Trockij (comisario de Asuntos Exteriores), Stalin (comisario das Nacionalidades) ou Kollontai (comisaria de Asuntos Sociais e da Muller).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da ONU que se ocupa dos aspectos económicos e sociais da cooperación internacional. Ten por obxectivo elevar o nivel de vida e buscar o respecto universal dos dereitos do home e das súas liberdades fundamentais. Composto por 54 membros dende o ano 1971, actúa como órgano de coordinación entre a ONU e as axencias especializadas, relaciónase con outros órganos da ONU, participa na elección dos seus membros e colabora en diversos proxectos. Formado por varios órganos subsidiarios, inclúe entre os seus mecanismos de traballo os comités permanentes, as comisións rexionais e as comisións técnicas ou funcionais. Os comités permanentes son: Programa e Coordinación, Asentamentos Humanos, Organizacións Non Gobernamentais e Normas Internacionais de Contabilidade e Presentación de Informes. As comisións económicas e rexionais dedícanse ao fortalecemento das relacións económicas e ao estudo dos problemas económicos e tecnolóxicos de cada rexión. A Comisión Económica e Social para Asia e o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da Comunidade Autónoma de Galicia creado pola Lei 6/1995 co obxectivo de facilitar a participación dos axentes sociais e económicos na vida política, económica, social e cultural do país e, principalmente, para ter en conta as súas opinións e propostas nos procesos de adopción de decisións do goberno autonómico. Nel están representados un gran número de organizacións profesionais, entidades e asociacións; intégrano 35 membros, incluídos o seu presidente e o secretario xeral, designados polo presidente da Xunta a proposta dos conselleiros de Economía e Facenda, e Interior e Relacións Laborais. O secretario debe ser un funcionario do grupo A. Os outros 33 membros repártense en tres grupos: os primeiros 11 desígnanos as organizacións de traballadores, segundo os resultados xerais das eleccións sindicais; outros 11 membros representan o empresariado, elixidos pola Confederación de Empresarios de Galicia; por último, outros 11 conselleiros representan a entidades e asociacións: 4 membros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de carácter internacional fundada en 1989 por iniciativa de Australia e ao abeiro da Conferencia de Camberra. Ademais de Australia, pertencen a ela Brunei, Chile, Malaisia, Filipinas, Indonesia, Singapur, Tailandia, Nova Zelanda, Xapón, EE UU, Canadá, México, Papua Nova Guinea, Corea do Sur, China, Perú, Rusia e Vietnam. A sede da súa secretaría está en Singapur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional creada por iniciativa de Turquía en 1992. No ano 2001 estaba integrada por Albania, Armenia, Acerbaixán, Bulgaria, Xeorxia, Grecia, Moldavia, Romanía, Rusia e Ucraína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu en Vigo no ano 1990. Editada pola Aula da Empresa Cooperativa da Escola Universitaria de Estudios Empresariais de Vigo, nos seus inicios estivo dirixida por Santiago Santos Castroviejo e coordinada por Constantino Gago Conde; dende 1996 a dirección compartírona Ana Rosa Lorenzo Vila, Antxon Mendizábal Etxabe e o propio Santos Castroviejo. A partir do ano 2001 dividiuse nas seccións “Doutrina”, “Xurídica”, “Tributaria”, “Movementos sociais”, “Actualidade cooperativa” e “Libros e documentos”. Contan coa colaboración de María X. Cabaleiro, Xosé A. Gómez Segade, Xulio Pardellas, Uxío Labarta, Pablo Sande, Anne Haire, Antón Vaamonde, Xulio Ríos e Francisco Sineiro, entre outros. O seu obxectivo é o debate e a promoción das sociedades autoxestionarias de Galicia, e inclúe artigos nos que se analizan diferentes aspectos do cooperativismo, como os referentes ás leis, á situación social e política, aos rexistros de cooperativas, etc, en diferentes eidos do sector industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sección cirúrxica do cordón anterolateral medular para interromper a condución dos estímulos dolorosos aferentes. Emprégase no tratamento das alxias paroxísticas e irredutibles.

    2. Sección dunha corda vocal.

    VER O DETALLE DO TERMO