"RIM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 390.

  • Acción e efecto de recriminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de recriminar.

    2. Que é obxecto de censura ou crítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Criticar con dureza algo ou a alguén.

    2. Responder a cargos e acusacións con outras acusacións ou con outros cargos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén recriminación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de recubrir.

    2. revestimento.

    3. Familia de subconxuntos dun conxunto dado tal que a súa reunión contén o conxunto en cuestión, que ao mesmo tempo se denomina conxunto recuberto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacro Imperio Romano-Xermánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olver imprimir.

    2. olver publicar tipograficamente unha obra sen correccións importantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de reprender.

    2. Palabras con que se reprende.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Impedir que algo ou alguén se manifeste por consideralo excesivo.

      2. Someter a alguén ou a algunha cousa a represión.

    1. Reprimir un mesmo os seus propios impulsos ou desexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período da historia de España comprendido entre o 11 de febreiro de 1873, data da proclamación da República polas Cortes tras a abdicación de Amadeo I, ata o 29 de decembro de 1874, data da proclamación de Afonso XII en Sagunto polo xeneral Martínez Campos e coa que comezou a Restauración. Distínguense dous períodos: o parlamentario, que se estendeu ata o golpe do xeneral M. Pavía o 3 de xaneiro de 1874, e o presidencialista, cando se fixo cargo do executivo o xeneral F. Serrano que pechou o Sexenio Revolucionario (1868-1874). Durante o primeiro período sucedéronse catro presidentes: Estanislau Figueras i de Moragas, Francesc Pi i Margall, Nicolás Salmerón Alonso e Emilio Castelar Ripoll. A dialéctica política da República explícase pola pugna entre os republicanos unitarios, centralistas e de tendencia conservadora, e os republicanos federais. Pi i Margall non puido estruturar a república federal porque os federais intransixentes, impacientes, quixeron implantala desde abaixo, apoiándose...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período da historia de Francia que vai desde o 21 de setembro de 1792 ata o 18 de maio de 1804. Dividiuse nos períodos da Convención Nacional (1792-1795), do Directorio (1795-1799) e do Consulado (1799-1804), que deu paso ao imperio hereditario de Napoleón I Bonaparte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de requirir.

    2. Instigación verbal ou escrita, que fai unha autoridade pública ou unha persoa, para que se execute ou se absteña de executar un acto determinado.

    3. Manifestación ou pregunta que se fai a alguén, xeralmente baixo fe notarial, coa intención de que declare a súa actitude ou resposta.

    4. Documento que se lía aos indíxenas das colonias americanas da Coroa de Castela co que eran intimados a aceptar o novo soberano e a profesar o cristianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir do 1 de outubro de 1865 que cesou en xullo de 1870. Editado nos obradoiros da Imprenta del Siglo, foi unha publicación dirixida aos mestres de intrución primaria. Fundado por Xoaquín Buceta Solla, a partir do 8 de xullo de 1870 cambiou a cabeceira pola de La Reforma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento revolucionario que provocou o destronamento e execución de Carlos I de Inglaterra (1649) e o establecemento dun réxime novo, a Commonwealth, baixo a protección de O. Cromwell. Tamén se inclúe a etapa en que Cromwell gobernou ditatorialmente, ata a súa morte en 1658. A historiografía inglesa divídea en dous períodos: a guerra civil e a revolución puritana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SIGLAS

    Sigla de Mauritania na placa de estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da poética que designa a total ou parcial concordancia de fonemas entre dúas ou máis palabras a partir da última vogal acentuada. Emprégase sobre todo para obter terminacións iguais ou semellantes entre dous ou máis versos. Derivada do occitano rim, significaba tradicionalmente ‘verso’ e ‘composición rimada’. Limitada á súa acepción moderna ten precedentes en certos recursos da poesía clásica latina, e xa apareceu en himnos cristiáns do s VIII e nas primeiras manifestacións da poesía románica. Segundo o grao de coincidencia dos fonemas nas palabras afectadas, a partir da última vogal acentuada, a rima pode ser consonante se esta coincidencia é completa, isto é, entre sons consonánticos e vocálicos, ou asonante, se só se produce nas vogais. A coincidencia ten que ser necesariamente fonética e non gráfica. No relativo á posición do acento na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de cousas postas unhas sobre as outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen fai versos que se caracterizan máis pola rima ca por outras calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Compoñer en verso.

    2. Formar rima unha palabra ou verso con outro.

    3. Facer que unha palabra ou verso teña rima con outro.

    4. Poñer en verso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de setenta e seis composicións poéticas escritas por Gustavo Adolfo Bécquer ao redor de 1867. Coa perda do manuscrito durante a Revolución de 1868, o poeta debeu preparar outro exemplar, composto en parte de memoria, que foi finalmente publicado nun caderno titulado El libro de los gorriones (1871), editado por Augusto Ferrán, Narciso Campillo e Ramón Rodríguez Correa. Trátase de poemas dotados de musicalidade e dunha aparente sinxeleza, baixo a forma de composicións breves en versos asonantes, nos que o poeta trata sobre as súas emocións e lembranzas, experiencias convertidas en sentimentos, o amor e o desengano, a desesperanza e a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO