"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • Trampa para coller paxaros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baleira baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Baleira. Conserva vestixios na súa ábsida da primitiva construción románica, pero os restos conservados son barrocos. Ten tres naves e conserva retablos barrocos. No exterior destaca a torre de perpiaños de granito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Membro do Partido Moderado, exerceu o control político sobre o distrito de Prado (Lalín). Elixido en 1837 senador e deputado por Pontevedra, escolleu este último cargo. Foi novamente deputado na lexislatura 1846-1850.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Astro de gran volume que brilla con luz propia. As estrelas non brillan todas coa mesma intensidade; numericamente, dise que as estrelas máis brillantes teñen unha magnitude aparente de +1 e as menos brillantes observables a simple vista, de +6. Resérvase a magnitude 0 para aquelas estrelas excepcionalmente brillantes, e as magnitudes negativas para as máis próximas á Terra. A enerxía recibida por unha estrela de primeira magnitude é 100 veces máis grande ca a recibida por unha estrela de sexta magnitude. A partir disto, defínese a escala de magnitudes de maneira que, cando dúas estrelas difiren nunha unidade de magnitude, as correspondentes enerxías recibidas difiren nun factor 5?___100=2,512, chamada razón de Pogson. O obxecto de maior magnitude aparente é o Sol, que ten unha magnitude de -26,74, e os astros de magnitude máis pequena vistos pertencen á magnitude 23. Todos estes valores non indican o verdadeiro brillo das estrelas, senón que hai que ter en conta a súa...

    2. estrela anana

      Estrela de magnitude absoluta débil. Pode ser branca, se ten unha elevada temperatura superficial, ou vermella, se ten unha temperatura superficial baixa. As ananas brancas caracterízanse por ter unha masa similar á solar e un diámetro similar ao da Terra. Isto último explica que, malia a súa gran temperatura superficial, a magnitude destes astros sexa sempre moi pequena. A súa densidade é moi grande e, no caso de B-Sirius, a compoñente secundaria do sistema binario que constitúe B-Sirius, é 170.000 veces máis grande ca a densidade da auga. As ananas brancas corresponden ao último estadio na vida dunha estrela, en que non hai reaccións nucleares; a estrela vai irradiando enerxía sen ningunha compensación e, xa que logo, vaise arrefriando lentamente. Este proceso pode durar moitos millóns de anos, pero ao final transfórmase nun corpo escuro, que constitúe unha estrela morta. As ananas vermellas son estrelas que pertencen á secuencia principal do diagrama...

    3. estrela binaria/dobre

      Estrela múltiple constituída por dúas estrelas formadas ao mesmo tempo e que orbitan arredor dun centro de gravidade mutuo, en que a materia dunha das estrelas é despoxada e atraída cara a outra estrela que aparece colapsada, feito que produce a emisión de raios X. Entre a metade e dous tercios das estrelas nas inmediacións do Sistema Solar son membros de sistemas binarios. Dúas estrelas que aparecen moi próximas no firmamento forman unha binaria óptica. O termo limítase xeralmente ás estrelas observables como pares só con axuda dun telescopio (binarias visuais). Amais, precísase que a separación do par sexa menor de 20 segundos de arco, se a binaria ten unha luminosidade comprendida entre a segunda e a cuarta magnitude, menos de 5 segundos se o está entre a sexta e a novena, etc.

    4. estrela casulo

      Estrela na etapa avanzada das xigantes vermellas que se presentan rodeadas por un casulo de materia opaca orixinada pola expulsión de materiais da mesma estrela e que non permite a observación directa ao non irradiar luz delas. Detéctanse pola radiación infravermella emitida dende o casulo. Existe a hipótese de que poidan existir en gran número no Universo e constituír gran parte da materia escura e invisible das galaxias.

    5. estrela circumpolar

      Estrela que acada a súa culminación inferior polo meridiano dun lugar xeográfico sobre o horizonte do lugar. É visible sempre.

    6. estrela da mañá

      Venus.

    7. estrela de neutróns

      Estrela hiperdensa, con máis de mil millóns de toneladas por centímetro cúbico, que está composta por un gas de neutróns dexenerados. Representa o estado final dunha estrela de masa maior ca 8 masas solares. As estrelas chegan a este estado despois de pasar por unha fase explosiva coñecida como supernova. Nos seus inicios unha estrela de neutróns ten limitado o seu campo magnético, que queda reducido a un pequeno espacio, e por tanto ten unha grande enerxía que é irradiada ao espazo dende os polos, feito que provoca a rotación e a emisión de pulsos de radiación electromagnética, polo que neste etapa é coma un pulsar.

    8. estrela evolucionada

      Estrela próxima á fin da súa vida, cando a maioría do seu combustible está esgotado. Este período da vida da estrela caracterízase pola perda da súa masa dende a superficie en forma de vento estelar.

    9. estrela fixa

      Calquera dos astros que brilla con luz propia a excepción do Sol.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino procedente do latín stellula, diminutivo de stella. Hai quen identifica a súa orixe coa de Estela, facéndoo derivar de Stella matutina ‘estrela da mañá’ (advocación da Virxe María), cun r epentético. A Virxe da Estrela é patroa dos albaneis. A súa festividade celébrase o 15 de agosto, e o luns de Pascua en Corme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa María de Perdecanai (Barro). Fundada por Xoán Antonio Rodríguez de Castro, rematouse en 1698. Ten planta en forma de L e conserva unha capela de planta rectangular construída na segunda metade do s XVIII. Destaca a cheminea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da beira setentrional da ría de Corme e Laxe, fronte ao litoral da parroquia de Cospindo, no concello de Ponteceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orde de cabalería que escolleu a estrela como insignia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Macizo que constitúe a maior unidade de relevo do territorio continental portugués, cunha altitude máxima de 1.991 m, no planalto da Torre. Estruturalmente correspóndese co sector máis occidental do Sistema Central da Península Ibérica. Nela nacen os dous maiores ríos portugueses -se se exceptúan o Douro e o Tejo-, o Mondego e o Zêzere.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de estrelar.

      1. Que está cuberto de estrelas.

      2. Aplícase ao escudo sementado de estrelas.

    2. Que se frite sen bater.

    3. Que presenta forma de estrela.

    4. Aplícase ao animal cunha estrela na fronte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Equinodermo mariño e bentónico, da clase dos asteroideos, caracterizado por presentar, as máis das especies, cinco brazos arredor dun disco central -aínda que outras teñen 7, 12 e mesmo 50-, ter a boca en posición ventral e o ano en posición dorsal. Presentan pés ambulacrais que serven para desprazarse e capturar o alimento, constituído fundamentalmente por bivalvos aos que lles abren as valvas para logo liberar enzimas dixestivos no interior das cunchas que provocan unha dixestión externa. Existen unhas 2.000 especies que varían de tamaño dende 1 ata 130 cm de diámetro.

    2. Herbácea de follas lanceoladas e pinnatífidas, de ata 20 cm de lonxitude, que forman unha mouta basal, flores hermafroditas, pequenas e tetrámeras, co tubo da corola piloso, dispostas en espigas pedunculadas. Os froitos son cápsulas que se abren transversalmente. Está presente en toda Galicia en lugares secos e areosos como as praias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deixar de chover.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período de tempo breve durante o que deixa de chover.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo ou alguén choque con forza ou violencia contra algo.

    2. Fritir un ovo sen o bater.

    3. Encherse de estrelas o ceo.

    4. Sufrir algo ou alguén un golpe violento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Encherse de estrelas o ceo.

    2. Tremer a luz das estrelas.

    3. Aparecer as primeiras luces do día. Na tradición oral recóllese o seguinte dito: “A quen cedo se ergue, cedo lle estrelece”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave insectivora forestal do xénero Regulus, da familia dos páridos, de 9 cm de lonxitude, co corpo groso, de cores verdes oliváceas nas partes superiores e ocres por baixo, alas escuras con bandas brancas e peteiro moi fino e curto. Caracterízanse por presentar o curuto da cabeza de cores vivas e, algunhas especies, trazos oculares brancos. En inverno poden formar bandos con outros páridos.

    2. Ave que presenta un anel ocular de cor branca moi patente e, no caso dos machos, unha mancha de cor rubí no píleo. Aparece, de cando en vez, no N de Europa como ave divagante procedente de Norteamérica.

    3. Ave que presenta unha franxa no centro do píleo, de cor laranxa no macho e amarela na femia, con bordos negros. Tamén amosa unha mancha de cor cinsenta ao redor do ollo escuro. Ten unha distribución paleártica onde aparece, en condicións de clima boreal e temperado, dende as illas Británicas ata Xapón. Na Península Ibérica ocupa as cadeas montañosas máis elevadas da metade norte, a Cordilleira Cantábrica, os Pireneos, o Sistema Ibérico e Central, e está ausente das montañas máis meridionais. Acompaña as árbores ata o seu límite de altura nas montañas; acada os 2.200 m nos Pireneos. Preséntase tanto en bosques subalpinos de coníferas como en carballeiras, faiais e biduerais. Ten o límite occidental da súa distribución nas serras orientais galegas, onde realizan movementos altitudinais ao longo do ano. A Galicia tamén chegan, durante o inverno, aves procedentes do resto de Europa.

    4. Ave que presenta unha franxa no centro do píleo, de cor vermella no macho e amarela na femia, con bordos negros. Na cabeza teñen a fronte de cor dourada, cunha lista superciliar branca e unha liña ocular negra. Ten unha distribución paleártica occidental e resulta unha ave abundante nos bosques da rexión eurosiberiana e no piso supramediterráneo. A certa altura, nos sistemas montañosos, substitúese pola estreliña espida. Na Península Ibérica a distribución é atlántica e montañosa, na zona mediterránea ocupa bosques de coníferas e en Galicia bosques de frondosas.

    5. Ave que presenta unha patente franxa branca sobre o ollo, o píleo o do macho e o da femia de cor amarela, e unha franxa nas ás pálida. É unha especie propia do S de Canadá, EE UU, México e Guatemala, e compórtase como migradora parcial sen abandonar esta área de distribución norteamericana.

    6. Ave endémica das illas máis occidentais de Canarias -Tenerife, La Gomera, La Palma e El Hierro- propia de bosques de piñeiros canarios e laurisilvas por riba dos 500 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago de Compostela o 6 de maio de 1860. Subtitulouse “Periódico quincenal”. Os seus artigos eran manuscritos e na súa redacción participaron estudiantes da universidade e do instituto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Santiago de Compostela en outubro de 1867. Cesou a súa edición en marzo do ano seguinte. Editado por Antonio de Leiva, na súa redacción participaron Xosé Salgado Rodríguez, Xosé Mª Portal González, Félix Moreno Astray e Bernardo Barreiro. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Fernando Pato. Foi un defensor dos intereses da cidade e incluíu composicións poéticas, artigos de apoloxía eclesiástica e referencias a temas sociais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario aparecido en Santiago de Compostela a partir do 8 de marzo de 1896. Cesou probablemente o 2 de agosto do mesmo ano (nº18). Dirixiuna Magdalena de Monte Blanco, pseudónimo de Luis Bouza Trillo. Subtitulouse “Revista de modas y literatura”. Trátase dunha publicación orientada ao público feminino da época, que incluíu información sobre música, moda, debuxo, folletíns e unha sección literaria, con numerosas composicións poéticas. Ademais, inseriu debuxos e patróns de moda da autoría de Enrique Aguilera.

    VER O DETALLE DO TERMO