"Tura" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 473.
-
-
Conceder a un estranxeiro a cidadanía dun estado.
-
Admitir como propio dun lugar ou país algo estranxeiro ou foráneo.
-
Aclimatar unha especie animal ou vexetal a un ambiente que non é o seu.
-
Adquirir un estranxeiro a cidadanía dun estado.
-
Difundirse unha especie vexetal ou animal exótico por un territorio, como se fose natural.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura precolombiana que se desenvolveu na rexión costeira do S de Perú desde 300 a C a 1000, no val do río Nazca. Os depósitos desta cultura están no interior, nunha rexión desértica e desolada. Non se coñecen cidades nin centros relixiosos do pobo que a creou. Todos os materiais coñecidos proceden das tumbas, que consisten en pozos profundos e verticais que van parar a cámaras onde están as momias envolvidas con mantos, ponchos e outras pezas de roupa, e xoias de ouro, prata e cobre. Pertencen a esta cultura dúas estrañas realizacións. Por unha parte, existe un monumento chamado La estaquería, formado por longas fileiras de troncos de árbores cravados na terra, de finalidade descoñecida. E pola outra parte, hai un conxunto de figuras e de liñas monumentais (feitas sobre a terra) que, vistas desde o aire, forman figuras de animais ou debuxos xeométricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Temperatura en que os materiais ferrimagnéticos ou antiferromagnéticos se converten en paramagnéticos. Este cambio ten lugar cando os momentos magnéticos dos átomos ordenados antiparalelamente perden a súa aliñación. OBS: Tamén se denomina punto de Néel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura de África occidental que se desenvolveu entre os ss X a C e III, na rexión central da actual Nixeria. Tomou o nome dun pequeno poboado mineiro situado preto de Jos, capital do estado de Plateau. Os primeiros traballos producíronse nunhas minas de estaño e son pequenas cabezas humanas, feitas de terra cocida de corte realista, que por algúns trazos recordan as creacións artísticas das culturas nixerianas, moi posteriores no tempo (ss XIII-XIX), de Ife e Benin, e as tallas de madeira dos yorubas.
-
-
Conxunto ou sistema de nomes que se empregan nunha rama da ciencia ou da arte.
-
-
Conxunto de regras, de principios e de normas que se empregan para designar os diferentes taxons.
-
nomenclatura binaria/binomial
Método sistemático, establecido por Linné, para designar os xéneros e as especies e segundo o que cada ser ten un nome para o xénero, latino ou latinizado, escrito en cursiva e en maiúscula; e un nome para a especie, tamén latino ou latinizado, que recorda algunha característica da especie ou ben é o nome da persoa que descubriu a especie, un nome xeográfico ou un nome composto, escrito en cursiva e en minúscula.
-
-
Conxunto de regras mediante as que se lles pode asignar un nome unívoco a calquera substancia simple ou composta. Durante moito tempo os químicos optaron por designar os elementos mediante nomes ou símbolos que facían referencia ás súas historias. O primeiro intento sistematizador foi a obra Méthode de nomenclature chimique (1787), de Guyton de Morveau, Lavoisier, Berthollet e Fourcroy, que establecía unha nomenclatura dual en que cada composto era designado por un nome xenérico, que definía a categoría á que pertencía, seguido dun adxectivo ou un complemento que o identificaba. Cando se coñeceu mellor a estrutura dos radicais podían formarse nomes funcionais certamente sistemáticos, o que deu lugar á denominada nomenclatura rádico-funcional, que aínda se emprega. O gran desenvolvemento experimentado pola química orgánica durante todo o s XIX e as limitacións inherentes ao sistema de nomenclatura rádico-funcional revelaron a necesidade de desenvolver un tipo sistemático...
-
Lista que aparece cos planos dunha máquina, onde se dan indicacións sobre as pezas e a súa montaxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Clasificación establecida pola Oficina de Estatística das Comunidades Europeas (1972) para dispoñer dun esquema único e coherente de clasificación territorial para a elaboración das estatísticas rexionais comunitarias co fin de harmonizar a recompilación, transmisión e publicación das estatísticas nacionais e comunitarias. É unha clasificación en tres niveis, en que os dous primeiros recollen a estrutura administrativa dos estados membros, e o terceiro, que é un nivel adicional, para delimitar territorios comparables economicamente. Desde 1998 utilízase na lexislación comunitaria dos Fondos Estruturais.
-
-
Cargo ou dignidade do nuncio.
-
Casa ou residencia do nuncio.
-
Tribunal eclesiástico que está suxeito ao nuncio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación política e cultural fundada na Coruña en 1963 que ten como obxectivos fomentar o estudo da cultura galega e a dos pobos afíns. Desenvolveu unha importante actividade galeguista coa celebración de conferencias impartidas por relevantes intelectuais, cursos de galego, realización de programas de radio e colaboracións en prensa. Así mesmo, destacou o seu activo labor teatral, coa creación do Grupo Independente de Teatro, posteriormente denominado Grupo de Teatro O Facho. En 1972 creou un concurso teatral co obxectivo de axudar ao desenvolvemento dun teatro infantil en galego. Dos seus fundadores e membros históricos destacaron H. Harguindey Banet, Andrés Salgueiro, Leopoldo Rodríguez, López Meneses e Miguel Anxo Fernán-Vello.
-
-
Acción e efecto de abrir ou abrirse.
-
Separación entre dúas cousas próximas, entre dúas partes dunha mesma cousa ou espazo baleiro nun corpo que deixa un oco entre elas e permite o paso a través das mesmas.
-
Poro xerminativo dos grans de pole por onde xorde o tubo polínico.
-
Espacio baleiro ou desocupado, situado nunha parede ou construción, que dá paso a un lugar ou permite a entrada da luz.
-
Magnitude que mide a dimensión dos feixes de luz que, procedente do obxecto, penetran nun instrumento óptico. Nos telescopios e nas cámaras fotográficas, ten moito interese a abertura relativa, é dicir, o coeficiente d/f entre o diámetro d da pupila de entrada e a distancia focal f. Nos microscopios emprégase a abertura numérica.
-
Nos ss XI, XII e XIII, consistía en devolver o feudo en poder do señor alodiario en caso de queixa, ou ben sen ela se a infracción habida non tivera perdón ou esmena.
-
Treito articulatorio que se refire á distancia intermaxilar ou linguopalatal e que se emprega como característica relevante para cualificar os fonemas dunha lingua segundo o seu modo de articulación.
-
Grao de diverxencia dos costados dun ángulo, dun compás, etc.
-
-
-
Acción e efecto de obturar.
-
Peche dun orificio ou conduto por un corpo estraño que se introduciu nel.
-
Restitución anatómica e funcional das estruturas dentais perdidas como consecuencia da carie, mediante un material restaurador axeitado. Os materiais de obturación máis empregados son a amálgama de prata, o cemento de silicato, as resinas, o ouro (coado e cohesivo) e a porcelana.
-
-
-
Que obtura ou serve para obturar.
-
-
Mecanismo que se utiliza para obturar.
-
Dispositivo que na cámara fotográfica regula o tempo de exposición da superficie sensible á luz. Os obturadores poden ser, basicamente, de iris ou de cortina. O obturador de iris (ou central) consiste en diversas láminas metálicas que forman unha sorte de sector circular e que, accionadas por un resorte, converxen cara ao eixe óptico e se imbrican, pechando totalmente o obxectivo. O obturador de cortina (ou focal) consiste en dúas láminas enrolables, unha en cada extremo, dispostas como dúas cortinas que se separan ao enrolarse e se achegan ao desenrolarse. Neste caso, a exposición ten unha dobre regulación: por unha banda, a abertura ou separación das dúas láminas, e por outra, o tempo que permanecen separadas. Isto permite unha gran variedade de instantáneas normais. Algunhas cámaras de uso científico incorporan obturadores de alta velocidade, baseados en dispositivos electrónicos.
-
Dispositivo que na cámara cinematográfica impide a chegada da luz á superficie sensible no lapso durante o que o mecanismo de avance da película a fai correr entre dous fotogramas consecutivos.
-
Mecanismo que é preciso colocar entre a recámara e o peche dunha peza de artillaría para evitar a fuxida de parte dos gases do tiro, coa conseguinte perda de potencia e o desgaste do peche. As armas que disparan cartuchos ou proxectís con vaíña non requiren deste mecanismo.
-
Dispositivo que se emprega para pechar un recinto ou unha condución, ou para interromper a comunicación entre eles, como poden ser as billas e as válvulas.
-
-
-
-
Tapar ou pechar unha abertura ou un conduto.
-
Restaurar, mediante materiais adecuados, a estrutura das moas ou os dentes afectados pola carie.
-
-
-
Arte e ciencia do cultivo da oliveira e doutras plantas oleaxinosas.
-
Técnica e industria de fabricación de aceite, especialmente o de oliva.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultivo da oliveira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura estendida polo N de África, desde Tunes ata Marrocos atlántico, durante o Paleolítico Superior. OBS: Tamén se denomina cultura iberomauritana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
UNESCO.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte do cultivo e a cría de ostras, especialmente a grande escala. Os ovos fecundados que se desenvolveron nas galadas da ostra saen ao exterior como larvas trocóforas planctónicas e mantéñense en recipientes, onde se desenvolven. Despois fíxanse nun substrato idóneo ata que acadan de 2 a 3 cm, que é cando se trasladan aos parques de cultivo e se fixan ás cordas con cemento ou postas dentro da auga en bolsas de rede penduradas de armazóns, ata que acadan o desenvolvemento total.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado ao S da capital provincial e delimitado ao NL polo río Dílar, afluente do Genil (4.833 h [2001]). A súa economía baséase na gandaría e no campo da artesanía do barro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación cultural fundada en 1953 en México por exiliados galegos. O seu primeiro presidente foi Xesús Dopico. Foi un foco de promoción de iniciativas culturais e á súa imaxe naceron outras asociacións, como o Padroado de Monteveideo. Dos seus membros destacaron Roxelio Rodríguez Bertaña, Carlos Velo e Luís Soto. Contribuíu á creación da Irmandade da Fala e publicou o libro Presencia de Galicia en México, que recollía a participación de personalidades galegas, mexicanas e españolas na Emisión de Radio, patrocinada polo padroado. Ademais, editou as revistas Saudade e Vieiros.