"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

  • Utilización terapéutica do cobalto radioactivo (isótopo 60), en forma de preparados moldeables para aplicacións superficiais ou de radiacións ionizantes que penetran no organismo. A fonte produtora destas radiacións denomínase bomba de cobalto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Réxime político instaurado en Inglaterra por Oliver Cromwell despois da execución de Carlos I (xaneiro de 1649) e que se estendeu a Escocia e Irlanda. Aínda que nun sentido amplo o sistema cromwelliano durou ata finais de 1660, cómpre aplicar estritamente esta denominación para o período de tempo comprendido entre 1649 e 1653, data en que Cromwell pasou a gobernar de forma ditatorial sen a participación do Parlamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de nacións constituída polo Reino Unido (coas súas colonias e dependencias) e por unha serie de estados soberanos nacidos a partir do imperio colonial británico. Réxense por un complexo sistema de reunións e consultas, entre as que destacan as reunións de ministros de finanzas e as conferencias dos xefes de goberno. O órgano permanente é a Secretaría Xeral, creada en 1965. As grandes diferencias económicas, culturais e políticas que separan e, a miúdo, enfrontan os membros, non esgotan en gran parte a súa eficacia. Só no terreo arancelario (tarifas preferenciais) se alcanzaron acordos importantes. Aínda que ata finais de 1926 non se produciu a primeira formulación oficial, cómpre situar as orixes na segunda metade do s XIX e nas primeiras décadas do s XX, período durante o que as colonias británicas con maioría de poboación branca (Canadá, Australia, etc) alcanzaron o estatuto de dominio e, xuntas, unha autonomía que se parecía moito á independencia. Os tratados de paz asinados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Literatura escrita en lingua inglesa por autores dos países membros da Commonwealth of Nations. Orixinada nos sistemas educativo e administrativo impostos por Reino Unido nas súas colonias, alcanzou o seu recoñecemento cando estas recobraron a súa independencia, a partir dos anos cincuenta e sesenta do s XX. Está escrita, sobre todo, por autores indíxenas pertencentes ás elites occidentalizadas e ten un carácter híbrido, xa que emprega o inglés pero desenvolve temas tradicionais, históricos, sociais e culturais autóctonos, a miúdo críticos cos valores occidentais. Os países máis representativos pola importancia da súa cultura autóctona son: a India e algunhas nacións africanas como Nixeria, Ghana, Kenya, Uganda, Tanzania e Malawi. A diversidade do proceso colonial nos diferentes países africanos está patente na temática política, máis ou menos reivindicativa. Na India, o dualismo cultural do escritor indio en lingua inglesa plásmase na gran variedade de temas literarios empregados, situados...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castelo de Navia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción defensiva situada no val da Maía, erixida polo conde de Altamira tralas Revoltas Irmandiñas. Só se conservan restos das murallas e das torres sobre un outeiro rochoso. O recinto tiña planta poligonal con torre de homenaxe no patio central e cuarteis, pozos, almacéns e capela. Neste castelo pasou o arcebispo Alonso de Fonseca algún tempo como reo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional creada en 1992 coa finalidade de acadar a cooperación entre os seus membros. A súa sede estableceuse en Estocolmo. Está formada por Alemaña, Dinamarca, Estonia, Finlandia, Islandia, Letonia, Lituania, Noruega, Polonia, Rusia, Suecia e a Comisión Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. oz feminina máis grave, de tesitura comprendida entre as de soprano e de tenor, que abrangue dende o fa 2 ao sol 4 . Orixinariamente tamén designaba os castrati ou os cantantes masculinos con voz de falsete. Nos inicios da ópera, este tipo de voz usouse na representación de personaxes femininos cómicos, tráxicos e, ao rexeitar os castrati, tamén en papeis heroicos. Moitos compositores escolleron esta voz para papeis das súas obras, como Rossini para a voz de Rosina en Il barbiere di Siviglia (O barbeiro de Sevilla, 1916) ou para a súa Cinderella na Cenerentola (1817). Entre as contraltos máis relevantes sobresaen, entre outras, Kathleen Ferrier, Clara Butt e Helen Watts.

    2. Cantante que ten a voz de contralto.

    3. Aplícase ao instrumento que ten un rexistro correspondente á voz de contralto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte estadounidense. Discípulo de Ch. R. Post, foi director do departamento de Belas Artes da Universidade de Nova York (1929) e revitalizou o Institut of Fine Arts da mesma universidade (1932). Promoveu os estudios de arte hispánica nos EE UU. Entre outras obras, foi autor de The earliest painted panels of Catalonia (As primeiras pinturas sobre táboa de Catalunya, 1923-1928) e Spain romanesque paintings (Pinturas románicas españolas, 1957). Foi membro, entre outras, da Acadèmia de Belles Arts de Barcelona. Morreu durante o traxecto en barco que o levaba dende Barcelona a Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe creado por Hugo Pratt que comezou a publicarse a partir de 1967 no primeiro número da revista Sgt. Kirk. A partir de 1970, editou as súas aventuras na revista francesa Pif Gadget. Está considerado como un dos últimos aventureiros románticos do cómic. Trátase dun mariño orixinario de Malta que inicia a súa historia atado a unha cruz de madeira, abandonado nas augas do Pacífico Sur pola súa tripulación, como castigo por ser un pirata demasiado brando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra de Meira que serve de límite ás parroquias de Meira (no concello homónimo) e San Xurxo de Piquín (concello de Ribeira de Piquín). O seu cumio acada os 832 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante, ilustrador e pintor inglés, fillo do retratista e miniaturista Thomas Crane (1808-1859). Formouse en Londres (1859-1862) co gravador W. J. Linton e coñeceu a obra dos prerrafaelistas. Foi o primeiro presidente do movemento Arts and Crafts (1888) e un dos promotores do modernismo. Entre os cargos académicos que tivo, destaca a dirección do Royal College of Art (1898-1899). Colaborou en xornais socialistas e na recollida de debuxos en Cartoons for the Cause (Debuxos para a causa, 1896). O seu libro Lines and Outlines (Liñas e perfís, 1875) constitúe o manifesto da súa plástica baseada na liña. Ilustrou tamén libros infantís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da vertente oriental da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias (e concellos) de Castro de Laza (Laza) e Gabín (Montederramo). O seu cumio acada os 1.327 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato de produción de corrente eléctrica alterna, semellante a un alternador clásico, pero con diferenza de que no indutor se substituíu por un indutor supercondutor de resistencia nula. O material supercondutor é unha aliaxe de niobio e titanio. A estrutura do aparato ten que ter en conta as condicións particulares de funcionamento dos supercondutores, que son fundamentalmente baixas temperaturas e campo magnético constante. O arrefriado conséguese por circulación de helio líquido a unha temperatura de 4,2°K.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e organista. Mestre de capela de varias catedrais (Zaragoza, Oviedo e Roda), gañou por oposición a praza de organista en Santiago, cidade na que tamén ensinou canto e órgano e foi vicemestre de capela. Como compositor, deixou misas, salmos, magnificat e cinco responsorios de Nadal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, conde de Castellar. Foi embaixador en Venecia e Alemaña e membro do Consello de Indias. En 1673 foi nomeado vicerrei do Perú, cargo desde o que intentou poñer fin á corrupción dos funcionarios e regular a recadación dos impostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade de masa atómica que corresponde a 1/12 da masa dun átomo do isótopo 12C. Equivale a 1,66057×10-27kg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico e físico inglés. Autodidacta, exerceu como mestre en diversas escolas. En 1793 instalouse en Manchester, onde continuou co seu labor docente e investigador. Dedicouse á meteoroloxía e publicou Meteorological Observations and Essays (Observacións e ensaios meteorolóxicos, 1793). En 1794 deu a coñecer por primeira vez o daltonismo. En 1803 publicou a lei sobre as presións parciais e pouco tempo despois descubriu, independentemente de Gay-Lussac, que todos os gases posúen o mesmo coeficiente de dilatación. A teoría atómica de Dalton, exposta en 1808 na obra New System of Chemical Philosophy (Novo sistema de filosofía química, 1808-1827), deu unha base científica e experimental ás especulacións dos atomistas gregos. Foi membro da Royal Society, elixido en 1822, e da Académie des Sciences de París, a partir de 1830.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lei das presións parciais que establece que a presión dunha mestura de gases perfectos, é a suma das presións que farían os gases compoñentes se cada un deles ocupase todo o volume da mestura á mesma temperatura.

    2. Lei ponderal da química que establece que cando dous elementos se combinan para formar máis dun composto, as cantidades dun deses elementos que se combina cunha cantidade fixa do outro están nunha relación de números enteiros simples. Tamén se coñece como lei das proporcións múltiples.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de introducir o ensino individualizado na escola. Helen Parkhurst, discípula de M. Montessori, iniciou este método en 1904 e realizou as súas experiencias ata 1915. O plan desenvolveuse enteiramente na High School de Dalton (Massachussetts), localidade que lle deu nome e, dende alí, estendeuse a outros países. Este plan baseábase en tres principios pedagóxicos: liberdade do alumno para escoller e organizar o seu propio traballo, xa que cada un deles organiza as súas unidades didácticas; fomentar as relacións sociais mediante a cooperación, inspirada en Dewey; e aumentar a independencia e individualidade do alumno para manifestarse tal como é, e interpretar o mundo baixo o seu punto de vista. Segundo o plan de traballo, este organizábase en fraccións, é dicir, cada alumno debía dominar unha fracción do programa para pasar á seguinte, empregando nese obxectivo todo o tempo que lle fose necesario segundo o seu ritmo de aprendizaxe. As tarefas organizábanse en seis laboratorios (lingua,...

    VER O DETALLE DO TERMO