"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Miño baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta bretón. A súa poesía, de carácter místico-relixioso ou patriótico, está recollida no volume Ar en deulin (De xeonllos, 1921), que tivo unha grande influencia na poesía bretoa posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porción dunha substancia que callou, especialmente se é sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de algas rodófitas ao que pertence a especie C. laciniata, de talo cartilaxinoso de ata 25 cm de lonxitude, cor vermella purpúrea ou rosa intenso, en forma de abano con ramificación dicótoma e marxe con proliferación. Crece sobre os estípites de Laminaria, no infralitoral ou en pozas mareais fondas das costas expostas do Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca do Baixo Segura e ao abeiro da serra de Callosa (15.230 h [1996]). A chaira litoral onde se estende a maior parte do termo está formada pola coalescencia dos deltas interiores do Segura e do Vinalopó. Practicamente todas as terras cultivadas son de regadío. A horta dedicouse tradicionalmente ao canabo, actualmente en decadencia, e tamén ás hortalizas e aos cítricos. O secaño destínase aos cereais. A industria, derivada da agricultura, céntrase na fabricación de alpargatas e redes, e nas fábricas de conservas vexetais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, na comarca da Marina Baixa, nas vertentes do Sistema Prebético oriental (6.322 h [1996]). As actividades principais son a agricultura con plantacións de viña, oliveiras, cereais e legumes, e a gandería lanar e vacúa. A industria limítase a algunhas canteiras, á construción e á manufactura de esparto. Nos últimos anos potenciouse o turismo aproveitando os seus recursos culturais como a igrexa arciprestal de San Joan Baptista (1574), a ermida de Santa Bárbara (s XVIII) e as paisaxes de Les Fonts de L’Algar, conformado polo río Algar, onde se atopan numerosas fervenzas e fontes naturais. Callosa d´en Sarrià constitúe un núcleo que se formou a partir dun casal de orixe árabe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gravador francés. Foi discípulo de Philippe Thomassin e Giulio Parigi. A súa obra caracterízase pola forza expresiva, polo seu sentido espacial, realismo e composición das masas. Tecnicamente débeselle a substitución do verniz suave polo forte dos xoieiros e dos fabricantes de instrumentos de corda nas augafortes, fórmula que perdurou durante anos. Estableceuse en Florencia ao servizo de Cosme II de Medici, onde gravou Caprichos (1617) e Feira da Impruneta (1620). En 1621 volveu a Francia, ao servizo do duque de Lorena, e gravou Pequena feira (1621) e as series dos Mendigos (1622) e da Nobreza Lorenesa (1623). En 1625 Isabel Clara Uxía solicitou os seus servicios, así que se trasladou a Flandres, onde gravou O sitio de Breda (1628), temática que retomaría en O sitio da illa do rei e O sitio da Rochelle. As súas últimas composicións foron Miserias da guerra (1633) e Suplicios (1634).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comida mal cociñada e que presenta unha mala aparencia.

    2. Comida e bebida en demasía.

    3. Comida que se preparaba trala matanza do porco co estómago, co amoado dos chourizos mesturado e con pequenos ósos.

    4. Queimada ou café acompañado de augardente queimada, segundo a denominación que reciben nalgúns lugares de Ourense e Lugo.

    5. Beberaxe medicinal que se obtén fervendo en auga diversas herbas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Porción de terra que vai levantando o arado ao labrar.

      2. Tira de terra que queda entre dous sucos.

      3. Terra das corredoiras que queda entre as rodelas formadas polo paso das rodas do carro.

    1. Anaco de terra que se deixa sen traballar para que sirva de paso a outras propiedades.

    2. Parte saínte da peza principal do xugo, formada por tres dentes separados entre si, onde se introduce o loro que suxeita o xugo á cabezalla ou ao arado ao xunguir os bois.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de terra que queda delimitada por dous sucos.

    2. Gancho de ferro colocado no remate da gramalleira do que se pendura o pote ou o caldeiro ao poñelo sobre o lume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe editada en xullo de 1984 na Coruña. Foi subtitulada “Revista del Centro Penitenciario de La Coruña” e a súa publicación era mensual. Ademais das seccións de ecoloxía, pasatempos, poesía e humor, os temas que trataba a revista tiñan un forte contido social. A partir do terceiro número, a revista foi patrocinada polo concello da Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, na Comunitat Valenciana (15.200 h [1996]). Situado na costa mediterránea, o seu litoral é moi rochoso. Na agricultura destacan os cultivos hortícolas orientados á exportación de froita e tomates, e os de secaño, con plantacións de cereais e leguminosas. Na industria sobresae a fabricación de aparellos de pesca e as salgaduras de peixe. A actividade turística concéntrase arredor da praia de Sant Joan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado ao O do encoro de Contreras (1.687 h [1996]). As principais actividades económicas son a agricultura coa produción de cereais, legumes, oliveiras e viña, e a gandería lanar e caprina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado nos contrafortes de dúas elevacións montañosas, Sierra Mágina e Sierra Sur, e atravesado polo río Grande (2.291 h [1996]). O seu nome débese á existencia de pequenos campos de areas, orixinados polo transporte de sedimentos dos regatos da zona. Trátase dun núcleo importante de servicios, debido aos equipamentos e infraestruturas cos que conta. A agricultura ten importancia na época da oliva, cando lle dá emprego a un alto número de persoas. Nos últimos anos intentouse potenciar a produción de aceite de oliva e a fabricación de produtos cárnicos. Os primeiros asentamentos datan do Bronce. Da época romana consérvanse restos en Cañada de las Viñas. Os árabes construíron a fortaleza de Arenas, que xogou un papel importante como fronteira dos reinos de Granada e Castela. O núcleo actual de poboación ten a súa orixe na Real Cédula de Xoana a Tola, de 1508, na que se establecía que se debía repoboar a zona S da serra de Jaén. Destacan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, na serra de Hornachos. Está regado polo río Guadamez (1.830 h [1996]). Posúe unha abundante vexetación, da que destacan os bosques de aciñeiras. As principais actividades económicas son a agricultura, coa produción de cereais e oliveiras, e a industria cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Dirixiu a publicación La ilustración española y americana. Compuxo romances históricos, odas e outros poemas de influencia romántica e clasicista, que reuniu nos volumes Poesías (1858) e Nuevas poesías (1867). Ademais publicou as narracións costumistas Una docena de cuentos (1878), Nuevos cuentos (1881) e Cuentos y sucedidos (1893), este último en colaboración con Javier de Burgos, e varios manuais de retórica, entre eles, Retórica y poética (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político asturiano. Concibiu un plan para ocupar militarmente o Milanesado, proxecto que lle presentou á Raíña Isabel Farnesio. En 1741 ocupou, entre outros, os cargos de secretario de Mariña, Guerra e Indias, gobernador do consello de Facenda e lugartenente do infante Filipe. As súas ideas sobre política económica recóllense fundamentalmente no libro Nuevo sistema de gobierno económico para la América (1743), obra de grande influencia, que circulou manuscrita ata a súa publicación en 1789. Escribiu ademais Apuntes sobre el bien y el mal de España e o Tratado de los intereses de Europa, publicadas postumamente en 1759 e 1819, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado na ribeira alta do Odiel, preto das minas de Río Tinto (2.452 h [1996]). Na agricultura destaca a súa produción de cereal.

    VER O DETALLE DO TERMO