"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Poeta e editor. Formou parte do Front Nacional de Catalunya e como editor contribuíu á recuperación da actividade literaria en Catalunya tras a Guerra Civil Española. Creou as series de poesía Els Llibres de l’Óssa Menor (1949) e Els Llibres de les Quatre Estacions, e os premios Óssa Menor de poesía e Carles Riba. Escribiu poemas en galego e catalán, que recolleu en El llibre dels verns (1985). Recibiu a Creu de Sant Jordi (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Moscova 1672 - Peterburgo 1725) Tsar de Rusia (1682-1725), fillo menor de Aleixo I de Rusia e sucesor de Teodoro III de Rusia. Interesado en occidentalizar Rusia, reorganizou a administración territorial e creou un senado de nove membros en 1711, que, xunto cos nove colexios ou consellos ministeriais, foi o órgano supremo de goberno. Pero estas reformas non conseguiron unha transformación da arcaica estrutura socioeconómica do país. A adquisición dunha ampla fachada ao Báltico custoulle 21 anos de guerra contra Suecia (Guerra Nórdica), no curso da que derrotou a Carlos XII de Suecia en Poltava (1709), pero na que perdeu o mar de Azov, a saída ao Mar Negro. Deu nome á cidade de Peterburgo (1703), a onde trasladou a capitalidade, ata entón en Moscova, en 1713.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1276-1285) e de Sicilia (Pedro I, 1282-1285), fillo de Xaime I de Aragón e de Violante de Hungría. Polo derradeiro testamento do seu pai (1262) recibiu Catalunya, Aragón e València. Casado con Constanza Stauten de Sicilia, alegou dereitos sobre Sicilia, dominio dos Anjou. Despois das Vésperas Sicilianas, insurrección antifrancesa de 1282, corouse rei. O Papa Martiño IV excomungouno e entregou os seus reinos a Carlos de Valois, fillo do rei de Francia. Tentou fortalecer a autoridade real e enfrontouse á nobreza feudal e ás oligarquías urbanas. Nas Cortes de Tarazona de 1283 os propietarios, que formaban a Unión aragonesa, presentáronlle ao rei o Privilexio da Unión, e este tivo que ceder. Tamén os cataláns, nas Cortes de Barcelona (1283), lle presentaron peticións que foron a base do constitucionalismo catalán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño e político. Delegado territorial de Pontevedra da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (1990), participou na redacción da Lei de Pesca de Galicia e foi director xeral de Marisqueo e Acuicultura (1993-1995). Foi vicepresidente do consello de administración do Organismo Autónomo Provincial de Xestión e Recadación de Recursos Locais (ORAL) e do Patronato do Museo de Pontevedra. Alcalde de Pontevedra polo PP (1995-1999), foi vicepresidente económico da Deputación Provincial de Pontevedra desde 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e científico estadounidense, fillo de Benjamin Peirce. Editou e ampliou a obra de seu pai, Linear Associative Algebra (1882), e tamén Studies in Logic, de diversos membros da John’s Hopkins University. Está considerado como un dos fundadores do pragmatismo e a súa obra recolleuse no libro Collected Papers of Charles Sanders Peirce (1931-1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen presenta un aspecto sucio e descoidado que denota pobreza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera en cinco actos, de Claude Debussy, baseada na obra homónima de M. Maeterlinck, sobre quen influíron os principios literarios de Mallarmé e P. Verlaine. A obra de Debussy adapta a liña melódica á prosodia do texto, separando o que se di do que se percibe do son orquestral. Estreada na Opéra-Comique de París (1902), centra a acción na lendaria terra de Allemonde, en época medieval, e conta a historia de amor prohibido e atormentado que viven os dous personaxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia de Galgao (Abadín). O seu cumio acada os 664 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Árbol (Antas de Ulla). O seu cumio acada os 569 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que forma parte da serra do Mirador e está situado no límite dos concellos de Castroverde, Pol e Baleira. O seu cumio acada os 935 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo NL da parroquia de San Xurxo de Piquín (Ribeira de Piquín). O seu cumio acada os 889 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Santaballa (Vilalba). O seu cumio acada os 564 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Corzos (A Veiga) e Tabazoa de Hedroso (Viana do Bolo). O seu cumio acada os 1.228 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no L da parroquia de Miraz (Xermade). O seu cumio acada os 606 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento prehistórico situado en Santaballa (Vilalba). Localízase nunha pequena crista de cuarcita onde se abre un buraco na base dunha pena. Entre os achados destacan unha punta de proxectil triangular e diferentes obxectos da industria lítica, que encaixan na tipoloxía do Madalenense Final-Azilense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela-León, situado en La Moraña, no val do río Margañán (6.262 h [2001]). É centro comercial, agrícola e gandeiro. Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa renacentista de San Miguel e o convento das carmelitas descalzas (BIC,1997), fundado polo conde de Peñaranda e vicerrei de Nápoles Gaspar de Bracamonte y Guzmán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido en Castela a Afonso de Bracamonte-Guzmán y Dávila (morto en 1622), cabaleiro da orde de Santiago e señor de Peñaranda en 1602. A grandeza de España concedeuse en 1676 ao seu fillo e cuarto titular, Gregorio de Bracamonte y de Bracamonte (morto en 1682). Pasou aos Fernández de Velasco, marqueses do Fresno; aos Pacheco, duques de Uceda, e aos Téllez-Girón, duques de Osuna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre a parroquia de Randín (Calvos de Radín) e Portugal. O seu cumio acada os 1.375 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte pertencente á serra do Faro, situado no límite das parroquias de Furco (Carballedo) e Arnego (Rodeiro). O seu cumio acada os 1.106 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no SO da parroquia de Mañón, no concello homónimo. O seu cumio acada os 509 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO