"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de modelizar.
-
-
Acción e efecto de moderar ou moderarse.
-
Calidade de moderado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de modernizar ou modernizarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame literario de narracións breves creado en 1976 polo Padroado Pedrón de Ouro en memoria do que fora presidente da Fundación Pedrón de Ouro, Modesto Rodríguez Figueiredo. O seu obxectivo é promover a literatura narrativa en lingua galega, ademais de homenaxear ao patricio pontevedrés. Algúns dos gañadores deste certame foron Tucho Calvo, Rosa Aneiros, Víctor Fernández Freixanes, Miro Villar e Xoán Ignacio Taibo.
-
-
Acción e efecto de modificar ou modificarse.
-
Transformación que se produce nos caracteres anatómicos e fisiolóxicos dun organismo, por influencia do medio, que é adquirida durante a súa vida e que non é transmisible por herdanza.
-
-
-
Acción e efecto de modular.
-
Uso de formas que só aparecen nunha sucesión gramatical de morfemas.
-
Paso dunha modalidade ou dunha tonalidade a outra. A modulación pódese efectuar dunha tonalidades aos seus tons veciños ou a outros máis afastados.
-
Proceso mediante o que se modifica algunha das características dunha onda, denominada portadora, co fin de mellorar a transmisión, desde un emisor a un receptor, da información contida na outra onda, denominada moduladora. A onda modificada é a modulada. A onda portadora, de frecuencia moito máis elevada ca da onda moduladora, é polo xeral sinusoidal, cunha amplitude, unha frecuencia e unha fase determinadas. Segundo a característica modificada, fálase de modulación de amplitude (AM) ou ben de modulación angular, que pode ser de frecuencia (modulación de frecuencia, FM) ou de fase (modulación de fase, PhM). A modulación produce unha onda complexa que se pode descompoñer en diversos compoñentes de frecuencias diferentes. Na onda oduladora aparecen, ademais da da portadora, unhas frecuencias simétricas respecto á portadora, denominadas frecuencias laterais. Se o sinal modulador ocupa unha certa banda, entón aparecen dúas...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mogadixo.
-
-
Acción e efecto de momificar ou momificarse.
-
Proceso de transformación dun cadáver en momia. Foi unha práctica habitual entre os antigos exipcios e outros pobos, como os precolombinos e os guanches. En Exipto a súa finalidade era deter a corrupción do corpo, sede da ánima, que o necesitaba para existir. O número de operacións do proceso variaba en función da clase de momificación practicada. A máis complexa comprendía: a extracción das vísceras torácicas, abdominais e do cerebro, volvendo encher as cavidades baleiradas con natrón seco; a deshidratación do corpo por medio de natrón, co que se recubría o cadáver; o lavado do corpo con auga; o enchido definitivo das cavidades abdominais, torácica e cranial con liño e resina ou outros produtos; a unción do cadáver con aceite de cedro e diversos produtos; e a colocación das vendas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo empresarial vasco integrado por 218 empresas e entidades, das que a maior parte son cooperativas. Estrutúrase en grupos sectoriais: o financeiro, no que destaca Caja Laboral; o industrial, formado por primeiras marcas como Fagor e Maier; o de distribución, no que a cooperativa Eroski constitúe o primeiro grupo español alimentario; e as áreas de investigación e formación, que conta coa Mondragón Unibertsitatea integrada por Mondragón Eskola Politeknikoa, Eteo e Irakasle Eskola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de operacións económicas, técnicas e xurídicas que levan á formación da moeda, a través da que os cartos acadan a legalidade que permite o seu uso xeneralizado e posibilita o control das transaccións monetarias. O diñeiro, dado que ten que gozar dunha aceptabilidade xeral, é unha institución social, carácter que é expresado na legalidade da utilización de determinados bens como moeda. Fálase de monetización da débeda pública referíndose ao mecanismo polo que os títulos de débeda pública emitidos e garantidos polo estado son convertidos en moeda de curso legal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona da provincia de Cáceres, Extremadura, que abrangue unha superficie de 17.852 ha, delimitado por serras e sucado polos ríos Tajo e Tiétar. É unha das zonas de España máis representativas do bosque mediterráneo. A especie forestal máis abundante é a aciñeira. En canto á fauna, atópanse representados o lince e case todas as aves de rapina europeas, destacando o voitre negro e a aguia imperial.
-
-
Amonestación ou advertencia.
-
-
Advertencia feita por unha autoridade eclesiástica antes de inflixir unha censura.
-
Notificación pública de casamento realizada na Igrexa.
-
-
Breve explicación, no curso da celebración litúrxica, para axudar os fieis a comprender mellor os textos ou os ritos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ixilancia e supervisión da evolución dun fenómeno que permite seguir o curso e o estado dun enfermo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de monopolizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de monotongar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro espazo natural declarado Parque Nacional de España. Creouse en 1918 por mandato do Rei Afonso XIII. En 1995, ao agregarse o macizo Oriental, o Central e o Occidental, pasou a denominarse Parque Nacional de los Picos de Europa.
-
GALICIA
Remeiro. Especialista en doble scull, participou xunto ao asturiano Jaime Ríos nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000) e nos campionatos do mundo de Lucerna (2001). Foi campión de España (1999) e dúas veces subcampión (1997 e 1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño de guerra e escritor. Iniciou a carreira náutica aos 13 anos. Participou na loita contra os indíxenas de Mindanao en Filipinas e no combate de Callao en Perú. Foi nomeado secretario de Méndez Núñez e capitán de fragata, xeneral, contraalmirante e comandante en Filipinas durante a Batalla de Cavite (1898). Derrotado, foi suspendido dos seus cargos polo Consejo Supremo de Guerra y Marina de Madrid. Das súas publicacións destacan Manual naútico enciclopédico e León Aldao (1887).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Convención celebrada na cidade suíza de Montreux o 20 de xullo de 1936. Definiuse o réxime xurídico internacional aplicable nos estreitos do Bósforo e Dardanelos. Establecía a liberdade de tránsito das naves de comercio dos estados cos que Turquía non estivese en guerra, e a regulamentación do tránsito das naves de guerra en tempos de paz. A convención foi renovada en 1951.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de moralizar.