"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Que inhibe a secreción.
-
Axente que bloquea os receptores H 2 da histamina e que provoca unha inhibición da secreción gástrica. Os antisecretores gástricos (cimetidina, ranitidina, famotidina) utilízanse no tratamento das úlceras duodenais.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao antisemitismo.
-
Persoa partidaria do antisemitismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao antisemitismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Animadversión aos xudeus como grupo étnico. A historia do antisemitismo é complexa e está chea de paradoxos. As primeiras manifestacións antisemitas partían do principio relixioso do antixudaísmo, que atribuía aos xudeus a culpabilidade criminal da morte de Cristo; esta actitude correspondíase cun momento do discurso racista en que o xudeu era considerado como deicida e infiel. A segunda manifestación antisemita resulta de engadir consideracións económicas ao antisemitismo relixioso, momento no que xurdiu a imaxe do xudeu usureiro e rico, do capital negro internacional xudeu, etc, que alimentou o antisemitismo moderno. O termo apareceu por primeira vez en 1880 en publicacións alemanas para designar un movemento diferente de anteriores persecucións contra os xudeus e tiña como base o factor racial e non o relixioso. A finais do s XVIII, A. von Schlözer e J. G. Eichhorn foron os primeiros en falar de nacións semíticas. Fronte a estas, F. Bopp falou a principios do s XIX de linguas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se opón ao señorial. Fai alusión aos movementos sociais contrarios aos privilexios señoriais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento social contrario aos privilexios e abusos dos señores. O réxime señorial, instalado en Europa a partir do Baixo Imperio Romano e especialmente durante a Idade Media, é un dos eixes fundamentais dos conflitos sociais que sacudiron o período baixomedieval. Varios factores combináronse para provocar a crise dos señoríos feudais: o fortalecemento das monarquías centralizadoras, co conseguinte debilitamento das responsabilidades políticas dos señores, o auxe das cidades, as novas actividades mercantís, unido todo iso a un momento de crise xeneralizada a nivel político (Guerra dos Cen Anos), espiritual (Cisma de Occidente) e socioeconómica (peste, fames, desequilibrio entre poboación e recursos). Isto trouxo como consecuencia un aumento da presión señorial que provocou a resposta xeneralizada dos sectores máis oprimidos da poboación, tanto rurais como urbanos. As revoltas antiseñoriais sucedéronse por toda Europa. En Flandres, as revoltas provocaron, entre 1301 e 1302, un sanguento...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica terapéutica que ten por obxecto combater e previr as infeccións, especialmente aquelas producidas como consecuencia de feridas, por destrución ou inhibición dos microorganismos que as producen. Pódese practicar a antisepsia mediante diversos tipos de axentes: desinfectantes, antisépticos, radiacións de onda curta, calor, etc.
-
-
Relativo ou pertencente á antisepsia.
-
Que actúa contra as infeccións ou que as evita.
-
Substancia química que inhibe a proliferación de microorganismos e impide a súa acción patóxena. As substancias con acción antiséptica son moi numerosas e a súa acción sobre os microorganismos débese aos seguintes factores: acción destrutora da membrana dos microorganismos, así como do equilibrio coloidal na que se atopan as proteínas citoplásmicas, e tamén das proteínas enzimáticas, etc.
-
conservante.
-
-
-
Que evita ou combate a sífilis.
-
Medicamento ou axente que combate a sífilis.
-
-
-
Signo de corrección en forma de c invertido co que os antigos copistas indicaban que había que transpor os versos.
-
Sigma invertido que, na transcrición de textos, serve para sinalar o lugar onde se supón que existe unha inversión de palabras.
-
-
ENTRADA LARGA
FORMULA
onde E (p) é a sinatura da permutación p. Así mesmo, a función f non cambia de signo cando se fai unha permutación parella de variables, pero si cando a permutación é impar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude de oposición á existencia do Estado de Israel.
-
-
Relativo ou pertencente ao antisionismo.
-
O que é partidario do antisionismo.
-
-
-
Dispositivo que teñen algúns brazos fonocaptores para contrarrestar a forza que empurra constantemente a punta de lectura contra a cara interior do suco do disco.
-
antiderrapador.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é contrario á orde social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Punto do ceo oposto ao Sol verbo do observador. É o centro dalgúns arcos luminosos que se producen ao ser iluminadas as pingas de auga en suspensión na atmosfera polos raios solares ( arco da vella).
-
-
Relativo ou pertencente ao antisol.
-
Produtos utilizados para evitar o eritema producido por unha excesiva exposición da pel á radiación solar. Os aceites, cremas e locións antisolares, que aceleran o bronceado sen queimaduras, conteñen absorbentes dos raios ultravioletas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Soro que contén anticorpos específicos, obtidos do sangue dun animal que recibiu repetidas doses dun determinado antíxeno. Os antisoros empréganse para poñer de manifesto e valorar cuantitativamente estes mesmos antíxenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pé grecolatino de catro sílabas: dúas longas entre dúas breves, é dicir, composto por un iámbico e un troqueo.
-
PERSOEIRO
Pensador grego. Discípulo de Gorxias e de Sócrates, atribúeselle a fundación da escola cínica. Seguiu as ensinanzas dos sofistas e, opoñéndose á doutrina de Platón, afirmou que só é posible o coñecemento do particular. Como Sócrates, defendeu que a virtude é o ben supremo, pero definiuna como aquel estado no que o home é autosuficiente, acadando, polo tanto, independencia con respecto ás cousas e fenómenos exteriores. É por isto que o pracer é o principio da infelicidade, xa que rompe a tranquilidade que o sabio conseguira; pola contra, o traballo axuda ao dominio de si mesmo e conduce á felicidade. O arquetipo do xeito de vida defendido por Antístenes era Heracles, quen lle deu título á obra homónima deste pensador, que non se conserva.
VER O DETALLE DO TERMO