"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal que se publicou en La Habana na segunda metade do s XIX. O seu fundador foi o poeta e xornalista Xoán González Montenegro. O xornal mantivo unha activa defensa da causa española fronte á insurrección cubana, o que levou a Montenegro a abandonar a illa en 1898, logo de fundar outros medios galegos, como o semanario La Voz de Galicia.
-
-
Relativo ou pertencente á nación. O seu sentido primeiro e pleno corresponde ao concepto xenuíno de nación; pero, como consecuencia da identificación entre nación e estado, o termo equivale a estatal ou a orixinario ou suxeito dun estado, polo que se opón a estranxeiro e tamén a internacional, ou ben é o determinante de símbolos ou de cuestións estatais.
-
Aplícase ás escrituras merovinxia, visigótica, beneventana e insular (irlandesa e anglosaxoa).
-
Que ou quen apoiaba ou era partidario do xeneral F. Franco durante o desenvolvemento da Guerra Civil Española.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ideoloxía político-relixiosa que existiu en España durante o Franquismo, mediante a que a Igrexa admitía como lexítimo o réxime do xeneral F. Franco a cambio de que este acollera a doutrina católica como identificadora da sociedade.
-
SEMANARIOS
Semanario que se publicou en Ourense a partir de 1870. Subtitulado “Periódico católico-monárquico”, foi fundado por Celedonio Osorio, Venancio Moreno e Urbano Ferreiroa. Incluíu notas informativas breves e artigos de opinión sobre a orixe dividida do poder, a monarquía e a necesidade de que a Igrexa participara na política. Pola súa tendencia carlista e defensora dos intereses eclesiásticos, mantivo fortes polémicas co semanario El Eco del Liceo, de carácter liberal.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Carácter nacional, condición étnica, política e institucional que constitúe unha nación.
-
Situación da persoa determinada pola súa suxeición ou pertenza á xurisdición dun estado, co conxunto de deberes e dereitos que isto comporta. A atribución da nacionalidade a unha persoa prodúcese no momento do seu nacemento. Dous principios fundamentais rexen esta atribución: o ius soli, segundo o que se adquire a nacionalidade do estado onde se produce o nacemento, e o ius sanguinis, en canto que a nacionalidade que un adquire é a do pai e a da nai. Nos países anglosaxóns e de América do Sur predomina o principio do ius solis, mentres que en Europa predomina o de ius sanguinis; aínda que o máis frecuente é a combinación de ambos os dous principios. O cambio de nacionalidade orixinaria é posible mediante os mecanismos de naturalización ou de carta de natureza. Por acordos entre estados tornouse posible a nacionalidade múltiple, isto é, a posibilidade de ter máis dunha nacionalidade. O máis frecuente é a dobre nacionalidade. A perda de toda nacionalidade...
-
Nación sen estado, recoñecida nalgunhas constitucións, pero cun certo nivel de autonomía. A Constitución de 1978 designa con este termo determinados territorios histórico-xeográficos, sen especificar cales. Non se emprega como termo administrativo ou civil, que distingue entre os cidadáns do Estado español.
-
Concepto que utilizou a Constitución de 1978 para referirse ás comunidades de Catalunya, Euskadi e Galicia polas súas características históricas, culturais e económicas diferenciadas. Foron consideradas comunidades de nacionalidade histórica ao conseguir un Estatuto de Autonomía durante a Segunda República (1931-1936), aínda que a Guerra Civil Española impediu o seu desenvolvemento. Os seus Estatutos de Autonomía, con base no artigo 143 da Constitución de 1978, recoñéceas xuridicamente.
-
Principio xurídico e político polo que debe haber a plena identidade entre nación e estado, e polo que os grupos nacionais concretos teñen dereito a constituírse en estado independente. Esta fórmula, establecida no s XIX, foi máis coñecida no s XX co nome de principio de autodeterminación ou de autogoberno dos pobos. Representa o aspecto dinámico, na orde política, do recoñecemento da existencia da nación. Na época romántica, toda unha corrente contribuíu á defensa e á divulgación da nacionalidade, que atinxiu niveis filosóficos, políticos, literarios e mesmo relixiosos. En Italia, Mazzini propuxo que deberían ser as nacións os suxeitos do ordenamento xurídico internacional e non os estados. En moitos casos o concepto de nacionalidade está desterrado dos grandes textos de declaracións universais, onde é substituído polo máis ambiguo de pobos, respecto aos que se proclama o principio de autodeterminación. Desta maneira, é posible asistir á chegada da independencia total de entidades de moi...
-
-
-
Actitude política que deriva directamente do feito de atribuír, nun terreo ético-político, un valor moi alto ao feito nacional e á nación. As manifestacións variadas que esta actitude política tivo obrigan a falar de nacionalismos, e non de nacionalismo. Non ten o mesmo contido o nacionalismo que se pode detectar na Revolución Francesa ca o que existe nos países pouco avanzados sometidos a dominación colonial. Tampouco é o mesmo nacionalismo que manifesta e estimula o estado nación que aquel que, no interior do mesmo estado, poden manifestar nacións que foron sometidas e que se senten oprimidas. Nun primeiro momento, que se orixina no s XVIII, o nacionalismo tendía, basicamente, á construción de novos estados ou á loita pola independencia diante dos ataques exteriores. Aquí, o nacionalismo é xa máis ca un puro sentimento nacional, e non é tampouco reducible a un mero patriotismo. A Guerra da Independencia en España a comezos do s XIX fixo nacer un moderno nacionalismo español que se mantivo...
-
Movemento de carácter literario xurdido en Europa ao redor do s XIX. Intimamente ligado ás cuestións políticas, contribuíu a forxar a idea de nación naquelas zonas do continente que aínda non contaban cunhas fronteiras perfectamente definidas. En plena crise das revolucións burguesas e coa aparición da industrialización e o triunfo dunha nova burguesía, xurdiu o movemento romántico, relacionado co ideario nacionalista e defensor da liberdade do individuo e da súa comunidade. Un dos principais expoñentes literarios foi o escritor inglés Lord Byron, quen morreu en Grecia en 1824 loitando contra os turcos pola independencia dun país que non era o seu. Outros escritores, como o francés J. A. Gobineau, quen vinculaba a idea de raza coa de nación, ou mesmo G. Mazzini e V. Gioberti en Italia, José de Espronceda en España, e J. A. Mieckiewicz en Polonia, tamén lideraron o movemento cultural e literario romántico e nacionalista nos seus respectivos países. Relacionado tamén co nacionalismo, cómpre...
-
Movemento que xurdiu na música culta europea no s XIX que prescribía a inclusión nas obras musicais de elementos do folclore de cada país. Tivo unha especial forza en Rusia, co Grupo dos Cinco en Bohemia con B. Smetana, A. Dvořák e L. Janáček, en Hungría con B. Bartók e Z. Kodály, en Romanía con G. Enesco, en Polonia con F. F. Chopin, en Noruega con Greçieg, en Finlandia con J. Sibelius e en España con M. de Falla.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao nacionalismo.
-
Partidario do nacionalismo.
-
-
-
Acción e efecto de nacionalizar ou de nacionalizarse.
-
Adopción da condición legal de membros ou cidadáns dun estado concreto.
-
-
Apropiación dos medios de produción ou do capital estranxeiros por parte do estado onde radican estes bens, ou por parte dos membros deste mesmo estado. Dúas resolucións da Asemblea das Nacións Unidas acentuaron o dereito soberano dos estados a dispor libremente das súas riquezas, facendo referencia ao dereito de indemnización.
-
Conversión dun medio de produción en propiedade da comunidade social nos seus diversos graos: municipal, rexional ou estatal.
-
Proceso de estatalización que adoita afectar, nos estados occidentais, só a ramas illadas da produción. Faise por expropiación e coa indemnización correspondente. Cando unha empresa ou unha propiedade pasa ao estado por esta vía, aparece para todos os efectos con personalidade xurídica propia e non identificada co estado adquirente, mentres esta non sexa recoñecida expresa e previamente polas partes nun negocio determinado.
-
-
-
-
Facer estatais bens ou servizos que pertencían a particulares.
-
Admitir a alguén como cidadán dunha nación ou dun estado.
-
Adoptar a cidadanía dun estado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de teorías que foron propugnadas pola Falange Española e adaptadas polo réxime político rexido polo xeneral Franco. Implantou o totalitarismo estatal, o partido único e o sindicato vertical, unificando empresarios e traballadores, de afiliación obrigatoria e que formaba parte do estado.
-
-
Relativo ou pertencente ao nacionalsindicalismo.
-
Partidario do nacionalsindicalismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de doutrinas do Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei (Partido Obreiro Nacionalsocialista Alemán, NSDAP) que, dirixido por Adolf Hitler, dominou Alemaña desde 1933 ata 1945. Creado a partir do Deutsche Arbeiterpartei (Partido Obreiro Alemán, DAP), fundouno en xaneiro de 1919 Anton Drexler, e tomou un ano despois o nome de Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, coñecido como Partido Nazi. Na ideoloxía nazi manifestábase a influencia de autores e de correntes de pensamento heteroxéneas e a miúdo contraditorias: o racismo que deriva de Joseph-Arthur Gobineau e de Houston Stewart Chamberlain; a idea dun Terceiro Reich de A. Moeller van den Bruck; o comezo da apoloxía da violencia da guerra e da concepción do estado co estado maior do exército prusiano de Maquiavelo, Hegel, Johann G. Fichte, Schopenhauer e Nietzsche; e o antisemitismo que se fundamentaba en Die Protokolle der Weisen von Zion (Protocolos dos sabios de Sión). Hitler, na procura dun responsable...
-
-
Relativo ou pertencente ao nacionalsocialismo.
-
Seguidor do nacionalsocialismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización das Nacións Unidas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
aebisocios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de organismos que se encargaron de resolver o problema dos refuxiados despois da Primeira Guerra Mundial. Colocada, ao principio, baixo a autoridade de Fridtjof Nansen (1921-1924), estivo despois ligada á Oficina Internacional do Traballo (1925-1929). En 1931 a Sociedade de Nacións creou a Oficina Internacional Nansen para os Refuxiados, que se encargou de proseguir a obra desta organización, ata a súa liquidación en 1938.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de narcotizar.
-
-
Acción e efecto de narrar.
-
Creación literaria en prosa dunha extensión superior á do conto e inferior á da novela.
-
Parte máis extensa do discurso retórico en que se expoñen os feitos para a aclaración do asunto de que se trata e para facilitar a consecución dos fins do orador, por medio da brevidade, da claridade e da verosimilitude.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno fonético ou fonolóxico polo que un fonema oral se converte en nasal en contacto con outro ou con outros, normalmente veciños, que son propiamente nasais. Así, por exemplo, en galego o fonema /e/ sofre unha nasalización en contacto con nasal en m[ẽ]nte.
-
-
Acción e efecto de nadar.
-
-
Conxunto de actividades deportivas relacionadas coa natación. Como competición consiste en facer un percorrido, entre dous puntos en augas abertas ou ben unha distancia determinada nunha piscina, utilizando os catro estilos recoñecidos oficialmente: libre, costas, braza e bolboreta. As competicións oficiais efectúanse en piscinas de 50 m, con rúas dunha anchura de 2 a 2’5 m. Ata 1896 non se incluíu no programa olímpico na categoría masculina, e ata 1912 na feminina. As probas olímpicas para homes son: 50, 100, 200, 400 e 1 500 m libres; 100 e 200 m braza; 100 e 200 m bolboreta; 100 e 200 costas; 200 e 400 m estilos individuais; 4x100 m libre, 4x200 m libres e 4x100 m estilos. E para mulleres: 50, 100, 200, 400 e 800 m libres; 100 e 200 m braza; 100 e 200 m bolboreta; 100 e 200 costas; 200 e 400 m estilos individuais; 4x100 m estilos e 4x100 m libres. Outras especialidades dentro da natación deportiva son: saltos, wáter-polo, natación subacuática e probas de salvamento e socorrismo.
-
natación sincronizada
Conxunto de exhibicións acuáticas en que os participantes, só mulleres (individual, parellas e grupos), executan unha serie de figuras coreográficas, con acompañamento musical, nunha piscina de 12 m e de 1’7 a 3 m de profundidade. Foi admitida como proba olímpica en 1984.
-
-
Calquera forma de locomoción, independentemente do substrato no medio acuático. Os animais conseguen flotar facilmente grazas a órganos de flotación que diminúen o peso específico do animal (como a vexiga natatoria dos peixes), grao moi elevado de hidratación dos tecidos (medusas) e aumento da superficie corporal por medio de expansións alongadas ou por ter formas laminares. A auténtica natación é a dos que se desprazan libremente pola auga, por medio de cilios e flaxelos. Pode ser provocada por contraccións rítmicas (no caso de medusas e cefalópodos), por movementos musculares ondulatorios de todo o costado e da rexión caudal (a maioría dos peixes), por movementos ondulatorios das aletas e por movementos dos apéndices (crustáceos).
-