"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Que padece cleptomanía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado e dignidade de crego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santo Anacleto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Disciplina da xeografía física que ten como obxecto a análise dos climas da Terra, coa determinación das súas variedades e distribución, así como a investigación dos seus efectos bioxeográficos, xeomorfolóxicos, hidrolóxicos, edáficos, económicos e humanos. A climatoloxía e a meteoroloxía son dúas disciplinas distintas, aínda que estreitamente vinculadas e inseparables. Nunha primeira aproximación aparecen trazos diferenciadores: os cultivadores da meteoroloxía son físicos e os da climatoloxía, xeógrafos. Existen, así mesmo, diferencias de obxecto, perspectiva e finalidade. O obxecto do meteorólogo é o tempo, mentres que o do xeógrafo é o clima. O meteorólogo acostuma traballar con datos ao día; en cambio, o climatólogo debe manexar series amplas de datos pasados o máis longas posibles. Hai tamén un evidente contraste de perspectiva: a do meteorólogo é prospectiva, posto que pretende a predición do tempo cara a un futuro próximo; en cambio, a visión do climatólogo é retrospectiva, ten que...

    2. Estudio do clima en función das esixencias climáticas das plantas de cultivo para coñecer as condicións medias que lles son máis favorables ou desfavorables de cara a completar o seu ciclo vexetativo.

    3. Estudio do clima mediante a análise da sucesión e a frecuencia dos diferentes tipos de tempo, a causa que as orixina, a súa evolución e as súas relacións coa dinámica xeral atmosférica.

    4. Estudio do clima en función da súa repercusión sobre o organismo humano. Analiza as propiedades saudables ou prexudiciais dos diferentes elementos climáticos para podelos empregar con finalidades terapéuticas e tamén para determinar as condicións climáticas máis favorables á actividade do home.

    5. Estudio do conxunto dos elementos climáticos que afectan a unha área extensa nun momento determinado. Indica cada un dos elementos sinalados sobre as cartas sinópticas e precisa os lugares que rexistran os mesmos valores mediante as isoliñas (isóbaras, isotermas, etc), e tamén a presenza doutros meteoros (neve, brétema).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á climatoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento terapéutico fundamentado na crenza dos efectos curativos do clima de certos lugares. Co progreso da farmacoloxía perdeu moita importancia, pero aínda quedan dúas institucións que se basean neste tratamento: os balnearios e os sanatorios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello que consta, esencialmente, dun disco vertical cun lento movemento xiratorio sobre o que se poden fixar plantas para estudar as súas respostas xeotrópicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogada e política. Licenciouse en Dereito na Universidade de Yale (1973). Principiou a súa actividade profesional na Children’s Defense Foundation. En Arkansas fundou un despacho de avogados, Friends of Hillary, que se especializou en patentes e propiedade intelectual. Por este motivo, en 1991, The National Law Journal nomeouna entre os cen mellores avogados de América. Tralo acceso do seu home, Bill Clinton, á presidencia dos EE UU, encargouse de dirixir unha comisión especial sobre a reforma da sanidade en 1993 que, malia ser un dos puntos máis importantes do programa electoral, non foi aprobado. Foi elixida senadora por Nova York nas eleccións do 7 de novembro de 2000.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Coñecido como Bill Clinton, foi elixido fiscal xeral de Arkansas en 1977 e gobernador xeral deste estado en 1979, cargo que volveu ocupar en 1983 e en 1987. En 1986 e 1987 foi presidente da Asociación Nacional de Gobernadores. Foi   candidato polo Partido Demócrata   á presidencia dos EE UU nas eleccións de novembro de 1992, nas que derrotou o presidente republicano George Bush. Foi reelixido no ano 1996. Nas eleccións lexislativas de 1994 para o Senado e a Cámara de Representantes, acadaron a maioría os republicanos, co que se formou un goberno atípico. Durante o seu mandato, o papel dos EE UU consolidouse económica e politicamente no ámbito internacional: promoveu o Tratado de Libre Comercio Norteamericano (NAFTA) entre EE UU, México e Canadá, puxo fin ao embargo comercial a Vietnam, involucrouse no proceso de paz en Oriente Medio e Irlanda do Norte. No seu país reorientou a política na defensa dos dereitos humanos e pechou os últimos exercicios cun espectacular...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aluminosilicato de calcio, magnesio e ferro, do grupo das micas cálcicas ou fráxiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos de cogomelos grosos, con láminas decorrentes ou inclinadas cara a abaixo, de cor clara e sombreiro normalmente afundido no centro. En Galicia están presentes as especies: C. caerussata, de cogomelos de cor branca ou crema e sombreiro de ata 5 cm de diámetro, presente en bosques e prados, e tóxica para o home; C. costata, de cogomelos de cor parda clara, coa marxe do sombreiro ondulada, con cheiro a froitas, que vive baixo coníferas e que é comestible; C. dealbata, de cogomelos de cor crema e cheiro a fariña, co sombreiro de ata 3 cm de diámetro -máis ou menos aplanado e coa marxe curvada cara a dentro-, presente en prados, e tóxica para o home; C. gibba, de cogomelos con forma de funil que acada os 8 cm de diámetro, cunha cor que vai dende alaranxada a parda e cheiro a herba seca, que aparece baixo árbores caducifolias e que é comestible; C. nebularis, de cogomelos de ata 16 cm de diámetro, de cor parda e co pé engrosado na base,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos de cogomelos con láminas decorrentes, cun sombreiro de ata 12 cm, máis ou menos ondulado, de cor abrancazada, cun pé curto da mesma cor ca o sombreiro e con cheiro e sabor a fariña. En Galicia aparece debaixo das árbores caducifolias e coníferas, a especie C. prunulus, moi apreciada en gastronomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ablación cirúrxica do clítoris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao clítoris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano eréctil, moi vascularizado e con abundantes terminacións nerviosas, situado no ángulo anterior da vulva das femias dos mamíferos e dalgunhas aves e réptiles. É o equivalente ao pene masculino e ten unha gran sensibilidade aos estímulos físicos, como a presión ou o rozamento, polo que constitúe unha importante zona eróxena.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hipertrofia do clítoris.

    2. Erección patolóxica do clítoris.

    3. Tendencia psiquiátrica de tipo masturbatorio, por excesiva sensibilidade do clítoris.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Almirante macedonio. Coñecido como o Branco, seguiu a Alexandre o Grande a Asia, pero volveu a Macedonia no 324 xunto cos veteranos e dirixiu a loita contra as cidades gregas sublevadas. Recibiu a satrapía de Lidia no reparto do Imperio (321 a C), pero foi expulsado dela por Antígono (319 a C). Serviu a Poliperconte en Macedonia onde, á fronte dos exércitos, venceu a Nicanor no 318 a C; posteriormente, foi derrotado por Antígono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral macedonio. Coñecido como o Negro, salvou a Alexandre o Grande no paso do Gránico (334 a C) e dirixiu unha expedición contra os partos (331 a C). Substituíu como sátrapa de Bactriana a Artabazo no 328 a C. Morreu asasinado por Alexandre durante un banquete, despois de criticar o seu comportamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia empregada como hipolipemianto, de consistencia oleosa. Ten unha boa absorción por vía oral e no tubo dixestivo hidrolízase a ácido clofíbrico, que é o metabolito activo. Diminúe os triglicéridos séricos e o nivel de colesterol.

    VER O DETALLE DO TERMO