"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Pablo Neruda, en lembranza ao poeta checo Jan Neruda, foi cónsul en Madrid e Barcelona e estableceu unha grande amizade cos poetas da Xeración do 27. Partidario do bando republicano na Guerra Civil Española, ingresou no Partido Comunista en 1945. Candidato á presidencia da República de Chile en 1970, renunciou a favor do seu amigo Salvador Allende. Escribiu ao redor de corenta obras, como Veinte poemas de amor y una canción desesperada (1924), Residencia en la tierra (1935), España en el corazón (1937) e Tercera residencia (1947), en que iniciou o seu estilo épico, dunha retórica luminosa e dunha grande agresividade política, que tamén plasmou en Canto general (1950), poema en quince cantos que vai desde a evocación da América precolombina ata a exaltación política actual. Nos volumes de Odas elementales, iniciados en 1954, cantou as cousas máis elementais e cotiás. Tamén cómpre salientar os seus libros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. De formación autodidacta, home culto e europeizante, no estilo foi un esteta dentro de correntes modernistas, e na temática, un realista de tendencias naturalistas e psicolóxicas. Ideoloxicamente seguiu a Schopenhauer e Nietzsche. Da súa obra destacan Primitivo (1896), El embrujo de Sevilla (1921), El gaucho Florido (1932), El ideal nuevo (1903), La muerte del cisne (1910), Diálogos olímpicos (1918-1919), Incitaciones (1936) e Ego sum (1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médica. Directora xerente da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, foi coordinadora do Plan Autonómico de Urxencias, presidenta da Comisión Asesora Técnica da Consellería de Sanidade e directora técnica da División 061 de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, a Cruz da Soberana Orden Militar de Malta e a Medalla de Oro de San Juan de la Cruz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Con formación de canteiro, entre 1985 e 1995 traballou nos obradoiros de Francisco Leiro, Manuel Paz e Silverio Rivas. Elaborou as súas obras con diferentes materiais que mesturou. Resituou os obxectos de pedra en contextos non habituais e en diálogo con obxectos de chumbo ou madeira, e a partir de 1995 empregou a parafina, coa que realizou valeirados de figuras en series. Da súa produción destacan El peso de la vida (1994), Embalajes ou Tres peones (2000). Recibiu o Premio de Escultura Novos Valores da Deputación de Pontevedra (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Barcelona 1893 - 1959) Escritor. Relacionado con Pompeu Fabra, foi un continuador da súa obra e co tempo converteuse en voceiro da intelectualidade catalá. Comprometido coa República, exiliouse en Francia en 1939. Traduciu a Odissea (1919 e 1948) e obras de Kavafis, Sófocles, Esquilo, Plutarco, Hölderlin, Poe, Rilke e Kafka. Iniciou a súa obra poética con Estances (1919), onde amosa un concepto de poesía como experiencia de cultura e a vontade de obxectivar a experiencia amorosa en termos de poema. Inscrito no novecentismo, elaborou un mundo poético definido polos clásicos gregos, os trobadores e algúns poetas modernos. No segundo libro de Estances (1930) incluíu poemas máis persoais, con referencias a Hölderlin, Rilke, Guillén, Valéry e Mallarmé. Tres suites (1937), Elegies de Bierville (1943), Del joc i del foc (1947) e Salvatge cor (1952), constitúen unha especie de canto espiritual que representa un dos cumios da poesía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (? - Andlau 894?) Emperatriz. Casou con Carlos III o Gordo e, repudiada, retirouse ao mosteiro de Andlau que ela mesma fundara, onde foi abadesa. A súa festividade celébrase o 18 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do xermánico Richard, de *rikjia ‘señor, dominador’, e como adxectivo ‘potente, rico’, voz xermánica que constitúe a base de ‘rico’ e hart ‘forte, valeroso’. Presenta os hipocorísticos Tito, Caíño, Chicho e Cardocho. A súa festividade celébrase o 7 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame anual convocado polo Concello de Ferrol desde 1991, coa colaboración da Sociedade Medulio. En conmemoración do aniversario do pasamento de Ricardo Carballo Calero, por unha banda premia o mellor traballo de investigación literaria ou linguística e, pola outra, a mellor creación literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos Romanos (1257-1272), segundo fillo do Rei Xoán I de Inglaterra. En 1225 foi nomeado conde de Cornualla e Poitou (nominal) polo seu irmán Enrique III de Inglaterra. Foi rexente de Inglaterra (1253-1254) en ausencia do seu irmán. Aceptou a candidatura imperial (1256) e foi coroado rei dos Romanos en 1257, pero non conseguiu ser coroado emperador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e místico escolástico. Sucedeu a Hugo de San Vítor na abadía de Saint-Victor de París. Os seus seis libros De Trinitate ocupan un lugar excepcional na historia da especulación trinitaria. Elaborou minuciosamente tres argumentos a posteriori da existencia de Deus (o da temporalidade, o dos graos de perfección e o da posibilidade), moi apreciados pola escolástica posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1189-1199) e duque de Aquitania (1168-1199), fillo e sucesor de Enrique II de Inglaterra e de Leonor de Aquitania. Tan pronto ocupou o trono, preparou (1189-1190) a terceira cruzada a Terra Santa, da que foi o heroe: conquistou Chipre, contribuíu á conquista de San Xoán de Acre (13.7.1191) e derrotou a Saladino I. De volta a Inglaterra, naufragou nas costas de Dalmacia e foi apresado polo duque Leopoldo de Austria, que o entregou ao Emperador Enrique VI, quen o obrigou a pagar un elevado rescate. En 1194 volveu a Inglaterra. Derrotou a Filipe II de Francia (1198), que invadira Normandie, e en loita contra os rebeldes do condado de Limoges foi ferido en Châlus. Casado con Berenguela de Navarra, morreu sen sucesión e herdou a súa coroa o seu irmán Xoán Sen Terra (Xoán I de Inglaterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Normandie 932? - Fécamp 996) Duque de Normandie (942-996), fillo de Guillerme I de Normandie Longa Espada. Apoiou aos Capetos e enfrontouse con Luís IV de Francia ao que derrotou coa axuda do Rei Harald II de Dinamarca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1377-1399), fillo de Eduardo de Inglaterra o Príncipe Negro, e sucesor do seu avó Eduardo III de Inglaterra. Durante a súa minoría de idade gobernou o seu tío Xoán de Gante. Iniciou o seu goberno persoal en 1388 e enfrontouse coa nobreza e co Parlamento. Enrique de Lancaster, o futuro Enrique IV de Inglaterra, fillo de Xoán de Gante, desembarcou en Inglaterra en 1399, obrigouno a abdicar e fixo que o condenase o Parlamento. Foi encerrado no castelo de Pontefract, onde morreu, probablemente asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Inglaterra (1483-1485), derradeiro da casa de York, e duque de Gloucester, fillo menor de Ricardo de York. Moi influínte durante o reinado do seu irmán Eduardo IV de Inglaterra, foi titor dos seus fillos. Probable instigador da morte deste, ao pouco tempo fixo declarar ilexítimo ao seu sobriño Eduardo V de Inglaterra, e conseguiu que o Parlamento o nomease rei. Asasinou aos seus sobriños e estes crimes xunto co despotismo co que gobernou fixérono moi impopular. Enrique Tudor, o futuro Enrique VII de Inglaterra, herdeiro dos Lancaster, desembarcou en Inglaterra (1485) e derrotou ao monarca. Finalizou así a Guerra das Dúas Rosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Líder da escola ricardiana, considérase un dos principais economistas de toda a historia do pensamento económico. En 1815 publicou Essay on the Influence of a Low Price of Corn on the Profits of Stock, onde presentou o núcleo inicial da súa teoría. Considerou unha explotación agrícola como un tipo de actividade económica, e afirmou que sempre que o factor e o produto sexan o mesmo ben, é posible calcular o tipo de beneficio con independencia do valor. Este tipo de beneficio era o que rexía en toda a economía, e dependía da cantidade de traballo necesario para obter os bens de subsistencia para os traballadores na terra marxinal, é dicir, a que non produce rendas. A teoría da renda da terra que empregou é a mesma de Thomas R. Malthus e Edward West, segundo a que as terras dun país son cultivadas comezando polas de mellor calidade. Cando se cultivan terras de calidade inferior, aumenta o prezo dos produtos, dado que é necesaria unha cantidade de traballo máis grande para...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Wessex. Renunciou ao trono e comezou unha peregrinación cos seus fillos a Roma e Terra Santa. A súa festividade celébrase o 7 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso inglés. Bispo de Chichester (1245), defendeu os dereitos da Igrexa fronte ás tentativas reais. A súa festividade celébrase o 3 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Ingresou na cabalaría e distinguiuse nas campañas de Italia durante a Guerra de Sucesión de Austria. En 1764 Carlos III encargoulle a reforma do exército de Nueva España. Loitou durante a Guerra de Independencia e ascendeu a xeneral. Escribiu Preceptos y máximas militares para instrución de los alumnos del colegio de Ocaña e o seu Diario de campaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Membro dun equipo da revista Tel Quel, foi un dos continuadores do nouveau roman, que reflectiu en novelas experimentais como L’observatoire de Cannes (1961) e La prise de Constantinople (1965). Tamén escribiu os ensaios Problèmes du nouveau roman (1967), Nouveaux problèmes du roman (1978) ou Le théâtre des métamorphoses (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma musical renacentista, vinculada ao preludio, ao tiento, á fantasía e ás cancións. A súa orixe está na arte da variación cultivada polos instrumentistas do laúde e da viola de man.

    VER O DETALLE DO TERMO