"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Esterol derivado da proxesterona que é excretado nos ouriños, mentres funciona o corpo lúteo, na segunda fase do ciclo ovulatorio.
-
PERSOEIRO
Escritor indio. De nome Shrivastar Dhanpatran, cultivou a súa obra, ambientada na India tradicional, en hindi e urdu. Cómpre salientar a novela Godan (1936) e os oito volumes de narracións de Mansarovar (O lago sagrado, 1936-1950).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio anual que concede a Fundación Fernández Latorre desde 1959, dirixido a aqueles artigos con referencias a Galicia aparecidos en calquera medio de comunicación, tanto nacional como estranxeiro. Entre 1997 e 2002 ampliouse a tres premios nas modalidades de prensa, radio e televisión, e medios audiovisuais, aínda que en 2003 volveu novamente ao apartado de prensa escrita. O primeiro galardoado foi Miguel González Garcés, autor do ensaio “El Ser de Galicia” (1960).
-
PERSOEIRO
Político sudafricano. Fundou a República de Natal, despois de aniquilar os zulús na Batalla de Blood River (1838). Anexionado este estado por Reino Unido, fracasou no seu intento de independizar Orange (1848), pero conseguiu facelo co Transvaal (1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor grego. Famoso polas súas novelas O sol da morte (1960), A cabeza de Medusa (1964) e O pan dos anxos (1966), editou as cartas que lle enviou o seu mestre N. Kazandzakis.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Andreas Ludwig Priwin.
-
GALICIA
Sacerdote. Bacharel en Teoloxía na Universidad de Navarra (1992) e diplomado en arqueoloxía cristiá polo Pontificio Instituto de Archeologia Cristiana de Roma, especializouse en literatura cristiá antiga. Desde 1995 é profesor no Instituto Teolóxico Divino Maestro de Ourense e desde 1998 director do Centro Teolóxico a Distancia San Martín da diocese ourensá. Colaborador de diversas publicacións, escribiu Impresos y bibliotecas del siglo XVI en Ourense (2004). No ano 2012, foi nomeado Vicario para la Nueva Evangelización.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra, pianista e compositor. Coñecido como André Previn, interesouse pola música impresionista francesa e destacou como autor de obras do romanticismo tardío. Foi discípulo de P. Monteux en dirección e de J. Acron e M. Castelnuovo-Tedesco en composición. Director da Houston Symphony Orchestra (1967-1969), da London Symphony Orchestra (1968-1979) e da Orquestra Filharmónica de Oslo (desde 2002), é autor de Symphony for String (1965), Overture to a Comedy (1966) e Peaches (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Proente (A Merca). Foi construída en dúas etapas distintas: a capela maior, cuberta con bóveda de estrela, data dos ss XVI-XVII, e a nave, con cuberta de madeira, é do s XVIII; no seu interior destaca un retablo barroco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. A partir de 1923 residiu en Rusia, onde se formou na Universidade de Leningrado. Naturalizado ruso, en Moscova estudou a propagación das ondas electromagnéticas, a radiofísica cuántica e sobre todo os xeradores e amplificadores moleculares; o desenvolvemento destes deu lugar ao máser. En 1959 recibiu o Premio Lenin e en 1964 o Premio Nobel de Física, xunto a N. G. Basov e C. H. Townes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta ruso. Formou parte do exército vermello (1919-1930), como reflicten as escolmas Polden’ (Mediodía, 1931) e Ulica Krasnykh zor’ (Rúa dos olmos vermellos, 1931). Posteriormente cultivou outros temas, aínda que mantendo o ton patriótico e as formas populares, que reflectiu en Rossija (Rusia, 1944) e Zareč’je (Alén do río, 1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1380? - Lipany 1434) Caudillo checo. Comandante dos exércitos taboritas en Bohemia, causou a desfeita do legado papal Cesarini en Domažlice (1431). Bo diplomático, foi xefe da embaixada bohemia no Concilio de Basilea (1433), comandante dos exércitos husitas en Bohemia e acabou rebelándose contra o sector máis moderado destes. Vencérono na Batalla de Lipany as forzas husitas e católicas.
-
-
Maneira de influír na opinión pública co fin de conseguir condutas colectivas encamiñadas cara a certas metas relixiosas, sociais, políticas ou doutra índole. Baséase en lemas, na ostentación e na reiteración, fomentando a emotividade, reducindo o campo de visión e disimulando as súas últimas motivacións. A súa finalidade é convencer e conseguir unha acción inmediata.
-
Medios ou materiais (anuncios, carteis, panfletos, etc), que serven para propagar unha cousa.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de 1885. Subtitulada “Revista semanal de ciencias”, foi fundada e dirixida polo doutor A. Vila Nadal. Imprimiuse nos obradoiros da Tipografía Galaica. De carácter científico, tentou ofrecer datos sobre as novidades aparecidas en Galicia, a situación das estacións de bioloxía, os laboratorios, os xardíns botánicos, a Universidade compostelá, disposicións lexislativas e artigos de crítica e reflexión sobre cuestións relativas ás ciencias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Congregación romana destinada á propagación da fe, onde radica o goberno da actividade misioneira católica no mundo. Fundouna Gregorio XV (22 de xuño de 1622) como un instrumento exclusivo da Santa Sé e coa finalidade principal de difundir o cristianismo. Exerceu unha grande actividade misioneira nos novos territorios descubertos e posteriormente estendeuse a todos os países onde non había establecida unha xerarquía autóctona. Paulo VI (1963-1978) reformouna e deulle o nome de Congregazione per l’Evangelizzazione dei Popoli ou de Propaganda Fide (1967). Está composta por 61 membros e asistida por un Colexio de Consultores integrado por expertos en distintas disciplinas eclesiásticas procedentes de diferentes países.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir do 30 de decembro de 1895. Cesou en xullo de 1896 (nº16). De periodicidade quincenal, centrou os seus artigos no campo da filatelia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Vigo a partir de agosto de 1881. Cesou en marzo de 1883. Subtitulouse “Revista quincenal. Consagrada a la defensa e ilustración de la clase obrera”. De tendencia republicano-federal, a partir de 1882 apoiou, por influencia de Ricardo Mella, as teses colectivistas da Federación de Trabajadores de la Región Española; conveténdose, ademais, en semanario. Nas súas páxinas, R. Mella polemizou coa prensa burguesa desde a sección “Misceláneas doctrinales”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai propaganda, especialmente en materia política ou ideolóxica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á propaganda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos membros dunha familia de ácidos graxos quirais, opticamente activos, non saturados, de vinte átomos de carbono, que conteñen como esqueleto común o ácido prostanoico, constituído por un anel de cinco membros enlazados, en átomos veciños, dúas cadeas de sete e oito átomos de carbono, e o grupo carboxílico situado no carbono terminal da primeira. Están amplamente difundidos, en moi baixa concentración, no organismo dos mamíferos, e localízanse preferentente nos fluídos seminais. As prostaglandinas presentan unha acción acusada sobre a musculatura lisa. Comprobouse o efecto nos ciclos menstrual e do embarazo, e tamén na fertilidade masculina e na área cardiovascular como vasoconstritoras e vasodilatadoras. Empregáronse como abortivos, para inducir o parto e no tratamento de úlceras. Regulan a presión sanguínea por vasoconstrición ou vasodilatación, presentan antagonismo coas hormonas que inflúen no metabolismo dos lípidos, e a prostaglandina I2 (chamada tamén prostaciclina)...