"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome proposto polos científicos rusos para designar o elemento que actualmente, e de acordo coa IUPAC, se denomina dubnio.
-
-
Nube baixa, escura e uniforme, con beiras riscadas, da que só cae choiva ou neve.
-
Círculo luminoso que en escultura e pintura se coloca detrás da cabeza dos personaxes sagrados. Pode adoptar tamén a forma triangular, raiada, crucífera ou oval e estar adornado con orlas e festóns. As civilizacións da Antigüidade usaron o nimbo para significar a potencia e a maxestade dos personaxes. Os cristiáns aplicaron, desde o s IV, o nimbo de forma circular para representar a santidade.
-
Círculo luminoso que rodea algúns astros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de Xosé Mª Díaz Castro publicada en 1961. Nunha reimpresión realizada en 1989 constaba de trinta e dúas composicións, divididas cos epígrafes “Pórtico”, “Noite”, “Lus”, “Espranza”, “Milagre”, “Sono” e “Ferida”. Incluída na corrente da poesía social ou comprometida, e marcada pola formación teolóxica do autor no Seminario de Mondoñedo, a obra móvese nos camiños da filosofía e da relixión. De feito, nas súas composicións aparece representado o eu poético no seu desexo místico da unión con Deus, nun marco de clara identidade galega e que se materializa coa paisaxe pétrea de Compostela. Asemade, poden observarse outros elementos ligados ao panteísmo galego precristián ou mesmo trazos da relixiosidade celta. Esta pluralidade temática e ese estilo para construír poesía entroncan ao autor con moitas das correntes literarias da posguerra, desde o paisaxismo humanista, pasando polas formas clásicas, ata a temática social. En canto á lingua, Díaz Castro emprega de forma purista un idioma culto,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teito de nubes escuro e uniforme que aparece nunha altura inferior aos 2.000 m. A miúdo vai acompañado por nubes baixas, e produce choivas e nevadas.
-
CIDADES
Cidade do sheng de Zhejiang, China, situado na rexión do Leste (552.540 h [1990]) Situada na confluencia do Yongjiang e do Yaojiang, é un porto fluvial. Sede dunha antiga colonia portuguesa (1522-1542), foi un dos primeiros portos abertos ao comercio europeo polo Tratado de Nanquín (1843). Ao S da cidade atópase a pagode de Tian Fengta.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado ao O da parroquia da Barcia do Seixo (A Lama). O seu cumio acada os 941 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Noite do 24 ao 25 de decembro en que os cristiáns celebran o nacemento de Xesús Cristo. OBS: Adoita escribirse en maiúscula.
-
VER O DETALLE DO TERMO
curuxa común.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula que se dirixe a alguén para felicitalo. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hidrocarburo sólido que se funde aos 88°C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Län de Suecia (98.911 km2; 256.238 h [estim 2000]). A súa capital é Luleå.
-
CABOS
Cabo do N de Noruega, na illa de Magerøy, no mar de Barents, que constitúe o extremo máis setentrional de Europa. Está situado a 71° 08’ de latitude N.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Participou na Revolución de 1905. A súa obra máis importante foi a novela histórica Cusima (1932-1935). Recibiu o Premio Stalin (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
nuboeiro.
-
PERSOEIRO
Descubridor e navegante. En 1500 embarcouse na viaxe de Rodrigo Bastidas, con quen percorreu a costa atlántica da actual Colombia. Ao regreso estableceuse na illa de La Española ata 1510, cando embarcou como polisón nun dos barcos da expedición de M. Fernández de Enciso e fundou San Sebastián de Uraba e Santa María de Antigua del Darién, a primeira cidade fundada no continente americano. Instalado alí, converteuse en lugartenente do vicerrei Diego Colón. En 1513 organizou unha expedición coa que conseguiu, por primeira vez, cruzar o istmo de Panamá, que eles bautizaron como mar do Sur, primeira denominación do Océano Pacífico. En 1514 foi nomeado adiantado do mar do Sur e gobernador de Panamá. Ese mesmo ano comezou o enfrontamento co novo gobernador de Darién, Pedrarias Dávila. De regreso a Darién, foi detido, acusado de traidor, de múltiples abusos e da morte do gobernador Diego de Nicuesa, e finalmente foi condenado a morte.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo obodrita.
-
Individuo do pobo obodrita
-
Antiga poboación eslava establecida entre o Elba inferior e a costa báltica de Holstein e de Mecklenburg. Cara a 1170 o duque de Saxonia Enrique XII de Baviera o León someteunos e fixo deles un pobo cristián e xermanizado.
-
-
-
Instrumento aerófono do grupo dos de lingüeta, que consiste nun tubo estreito duns 60 cm, provisto de buratos e claves, de forma lixeiramente cónica, con lingüeta dobre na embocadura. Atinxe tres oitavas da escala cromática. Son numerosos os instrumentos antigos que poden considerarse un predecesor do óboe. O instrumento actual orixinouse cara ao s XVII, e del deriváronse tamén un gran número de instrumentos, como o denominado corno inglés. Desde o s XVII figurou na orquestra. Así, compositores como Vivaldi, Bach e Händel escribiron concertos para óboe, que é tamén un instrumento destacado na música de cámara.
-
oboísta.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que toca o óboe.
-
-
Cantidade pequena, xeralmente de diñeiro, coa que se contribúe a un fin determinado.
-
Antiga unidade de peso que valía 12 grandes, é dicir, 1/2 escrúpulo ou 1/6 de dracma, e que equivalía a 0,599 g.
-
-
Unidade menor do sistema de moedas de prata na Antiga Grecia, que tiña como unidade superior o dracma, que equivalía a 6 óbolos.
-
Moeda de billón que tiña o valor de medio diñeiro.
-
Metade de calquera moeda.
-
-
-
PERSOEIRO
Político ugandés. Líder do Uganda People’s Congress, foi presidente de Uganda (1966), despois de protagonizar un golpe de estado que aboliu a monarquía e estableceu un réxime unitario e non parlamentario. Foi deposto (1971) por Idi Amin Dada e exiliouse en Tanzania ata 1980, cando volveu a Uganda. Reelixido presidente do estado (1980), outro golpe de estado depúxoo en 1985.
VER O DETALLE DO TERMO