"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Aglomeración de partículas finas en masas máis voluminosas, case esféricas, por fusión parcial nun forno rotatorio. A elevación rápida da temperatura crea unha fase líquida que humedece as partículas de sólido e forma uns nódulos que se arrefrían á saída do forno. A obtención de pellets na metalurxia do ferro é un exemplo de nodulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de non querer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principio xurídico do dereito internacional polo que un estado non debe inmiscirse nos asuntos doutro estado ou en conflitos internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo contra a propagación das armas nucleares que entrou en vigor o 5 de marzo de 1970 asinado por un cento de estados. Estipulaba que os países asinantes non podían formar ou aceptar armas nucleares, nin cedelas ou admitilas en control. Establecido por iniciativa de EE UU, URSS e Reino Unido, non foi aceptado por diversos estados, que vían nel un intento de perpetuar a hexemonía nuclear por parte das grandes potencias, nin tampouco foi ratificado por España. A súa validez foi de 25 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de espectáculos con sede en Santiago de Compostela desde 1995. Naceu coa idea de achegar á cidade novos proxectos culturais, sobre todo musicais e teatrais (Dillei, 2003). Presta servizos de representación e asesoramento a artistas, como Berrogüetto ou X. M. Budiño, e dedícase á promoción da cultura en Galicia e en España, e en distintos países europeos, africanos e americanos. Recibiu o Premio Especial IDEAL en recoñecemento ao seu labor a prol da música e a cultura en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de normalizar ou normalizarse.

    2. Cambio de escala que fai que unha suma ou unha integral teña un valor unidade. A normalización acádase, xeralmente, mediante o axuste dunha conta arbitraria.

    3. Determinación e aplicación de normas nas características dun obxecto ou dun produto industrial ou na súa elaboración ou fabricación. A normalización dos procesos industriais permite aumentar a produtividade e reducir os custos, mellorar a calidade e aumentar a seguridade.

    4. Proceso sociocultural polo que unha lingua se adapta a unha regulación ortográfica, léxica e gramatical. A normalización ou planificación do status supón a elaboración dunhas regras para codificar e modelar un idioma, elaborando unha variedade supradialectal que sexa capaz de ampliar as funcións da lingua para acceder a ámbitos de uso lingüístico ata ese momento reservados a outra lingua. A normalización está destinada, pois, a situar unha lingua respecto doutras no mesmo plano, a abolir unha situación diglósica. É o traballo previo á planificación do corpus, ou normativización no proceso de planificación lingüística. No caso do galego, a de Lei de Normalización Lingüística, aprobada en 1983, significou a creación dun marco que garante e regula o proceso normalizador. A normalización do uso do galego comporta unha serie de actuacións que se foron producindo paulatinamente, como son a oficialización da lingua, a súa extensión ao ensino, á administración autonómica, aos medios de comunicación,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de normativizar.

    2. Proceso de elaboración e uso correcto dunha gramática, ortografía e dicionario dunha lingua para acadar unha normalización lingüística. A normativización, ou planificación do corpus, forma parte, xunto coa normalización, do proceso de planificación dunha lingua. Trata de desenvolver unha variedade lingüística estándar que proporcione os medios necesarios para que poida servir para todas as funcións posibles dunha lingua nunha sociedade. A planificación do corpus actúa en tres niveis. O primeiro dota a lingua dunha norma escrita, os traballos realízanse no  campo de fonética, fonoloxía e da ortografía. A estandarización constitúe o segundo nivel de traballo e nel procúrase a creación dos rexistros necesarios para o seu uso en todas as funcións sociais. No último nivel, o da modernización, o traballo consiste en habilitar a lingua para ser empregada en novas formas do discurso. No caso do galego, a aprobación das Normas Ortográficas e morfolóxicas do idioma galego en 1982 supuxo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Maneira de notar ou de representar algunha cousa cun sistema de sinais ou de caracteres.

    2. Conxunto de símbolos que se utiliza para representar os entes e as operacións matemáticas. A resolución dos problemas matemáticos é moito máis simple se se emprega unha notación axeitada. O sistema de numeración decimal actual utiliza a denominada notación posicional ou de posición, que consiste no feito de que o valor de cada símbolo non é determinado só pola súa forma senón tamén pola posición que ocupa respecto aos outros símbolos.

    3. Sistema de escritura musical que mediante signos convencionais axuda a precisar a altura absoluta ou relativa dos sons, a súa duración e a duración dos silencios. Na civilización occidental a primeira notación é da Grecia antiga, que mediante 15 letras servía indistintamente para a música vogal e instrumental. Guido d’Arezzo (990-1050), estableceu a escala 4 2 nos países anglófonos e xermanófonos e nas súas áreas de influencia. Cara ao s X apareceu a notación pneumática. Progresivamente, os pneumas fixáronse arredor dunha liña, á que se engadiron outras paralelas ata chegar a cinco (pentagrama). Os pneumas evolucionaron e os puntos fixéronse cadrados, pero a notación cadrada era moi pobre en signos rítmicos e axiña apareceu a notación proporcional ou medida, baseada nos modelos rítmicos. Cara á fin do s XVI apareceu a barra de compás e continuou a evolución da notación musical, que durou ata hoxe, cando se propuxeron outros sistemas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Pontevedra a partir de 1891. Tivo unha breve primeira época, e foi substituído ese mesmo ano polo Noticiero Administrativo. Reapareceu en xaneiro de 1895 para cesar en xullo dese mesmo ano. Subtitulouse “Semanario destinado á fomentar los intereses morales y materiales de la enseñanza primaria”. Editouse nos obradoiros tipográficos de Rogelio Quintáns, en Pontevedra, e o seu fundador, director e propietario foi Xosé López Pérez. Na primeira época foi o substituto de El Noticiero Gallego (1891). Tras a súa reaparición seguiu a numeración de El Noticiero (1892) e incluíu información das disposicións lexislativas de interese para os mestres. Saíu todos os luns ata o seu cese, substituído de novo por El Noticiero.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de notificar.

      2. Acto mediante o que se comunica, dunha maneira auténtica, a unha persoa determinada ou aos seus representantes legais, a resolución xudicial ou administrativa dunha autoridade. A partir dese momento comeza o prazo para cumprir aquilo que se decidiu, exercitar accións ou interpor recursos.

      3. Acto unilateral, en dereito internacional, polo que se dá a coñecer un documento ou unha situación.

    1. Escrito con que se notifica algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Editorial que se creou en Vigo en 1984 co obxectivo de espallar a cultura galega. Dirixida por Carlos del Pulgar, dedícase á publicación de libros de arte en todas as súas manifestacións, así como á recuperación de documentos históricos sobre Galicia para a súa edición facsimilar. En 1997 iniciou o proxecto Artistas Galegos, unha colección de 27 volumes onde se recollen as obras e os artistas máis importantes do ámbito galego. Desde 2000 realiza as edicións en galego e portugués da colección Nova Galicia Arte, compilación de monografías dos pintores máis importantes da historia universal, dirixida por Antón Pulido. Destacan as súas coleccións A Nosa Terra 1916-1936, A Nosa Terra Exilio 1942-1972, O Tio Marcos d’a Portela e Nós.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cousa nova que se introduce nun ámbito determinado.

    2. Modificación dunha obriga civil. É extintiva cando a obriga é se extingue a causa da creación dunha nova obriga, e modificativa cando se substitúe a persoa do debedor ou se subroga os dereitos do acredor nun terceiro, sen que se produza a extinción da obriga orixinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, autor e director. Coñecido como Nancho Novo, desenvolveu unha ampla actividade teatral como intérprete (Defendiendo al cavernícola), director e autor de varias obras (Cyborg, blues por un perro muerto ou Maloficio). Cantante e guitarrista do grupo Los Castigados sin Postre, co que publicou o disco Confieso que he bebido (1996), comezou a súa andaina cinematográfica no filme El juego más divertido (1988) e tivo o seu primeiro papel protagonista en La ardilla roja (1992). Tamén cómpre salientar a súa participación nos filmes La flor de mi secreto (1995), Tierra (1996), A noiva de media noite (1997), Fisterra (1998), Los amantes del Círculo Polar (1998), Tierra de fuego (2000), O lapis do carpinteiro (2002) ou Astronautas (2004). Recibiu o premio ao actor revelación da Unión de Actores de Madrid (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Os seus referentes plásticos iniciais foron Henry Moore, Brâncuşi e posteriormente Julio González. Interesouse pola técnica da soldadura na escultura en ferro para trasladala á madeira, mediante a ensamblaxe a partir dun tronco principal, cun sentido construtivo parecido ao que se utiliza para a carpintaría tradicional. A súa carreira artística iniciouse a comezos da década de 1970 con escultura figurativa en madeira. Posteriormente traballou con fragmentos de taboleiros e vigas estragados que reciclaba e manipulaba lixeiramente, para superpoñelos e encaixalos nunha nova linguaxe de signo abstracto. Formou parte da renovación plástica de Galicia na década de 1980, e a presentación da súa obra fíxose a través do Grupo Atlántica. Iniciou entón unha proposta plástica inspirada no mundo autóctono e artesanal para o que recolleu trebellos agrícolas que reinterpretou con leves intervencións. A utilización de materiais de refugallo combinouse co emprego da madeira, ás veces ensamblada...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inicio dunha transformación de fase, solidificación ou recristalización a partir dun núcleo. A nucleación pode ser homoxénea ou heteroxénea, segundo que o núcleo sexa constituído ou non por átomos da mesma fase que hai que transformar.

    2. Fase de formación, nun medio ben definido, de microorganismos que dan lugar a centros de desenvolvemento de nova estrutura tanto física como química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substitución das fontes tradicionais de enerxía polas de orixe nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción e efecto de numerar.

      2. Arte de expresar todos os números cun conxunto finito de palabras e de signos. O sistema de numeración do antigo Exipto era decimal, ou de base 10, é dicir, contábase por unidades, decenas, centenas, etc. O sistema de numeración babilónico era de base sesenta e xa utilizaba unha notación posicional. O sistema de numeración da antiga Grecia era tamén decimal. Nos s III a C os gregos introduciron outro sistema de numeración, con cifras que eran as 24 letras do seu alfabeto e mais tres letras dun alfabeto antigo. Este sistema permitía simbolizar números moi grandes con poucas cifras. O sistema de numeración romana, que aínda se emprega nalgúns aspectos da vida cotiá, é tamén decimal. Os números 1, 5, 10, 50, 100, 500 e 1.000 foron representados polas letras I, V, X, L, C, D e M, respectivamente. Desde o Renacemento os números 4, 9, e 400 represéntanse por IV, IX e CD, respectivamente, é dicir, restando o valor inferior do signo antecedente do superior que segue. O sistema de numeración que...

    1. Expresión numérica do grosor dos fíos baseada na relación entre o peso e a lonxitude correspondente. Hai moitos sistemas de numeración, segundo as unidades empregadas, pero todas elas poden ser clasificadas en dous grandes grupos, o sistema directo e o sistema inverso. O sistema directo dá o peso por unidade de lonxitude e é aplicado principalmente aos fíos de filamento continuo (seda, raión, filamentos sintéticos), pero tamén ao algodón e á la cardada. No sistema decimal emprégase como unidade o tex, que é tamén o número de gramos que pesa unha madeixa de 1.000 m, que ten moitos múltiplos e submúltiplos. O sistema inverso é a lonxitude por unidade de peso, e é aplicado principalmente aos fíos de fibras descontinuas (algodón, la, fibras artificiais sintéticas, entre outras). No sistema decimal emprégase como peso constante o quilogramo, e o número é o número de quilómetros de fío por quilogramo ou de metros por gramo, e é expresado polo símbolo m/m (mil metros).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Número que se asigna a cada contribuínte para facilitar o seguimento informático das operacións realizadas por el e evitar as situacións fraudulentas. Nas persoas físicas coincide co número do Documento Nacional de Identidade (DNI), ao que se lle engade unha letra, mentres que nas persoas xurídicas se denomina Código de Identificación Fiscal (CIF).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que ten por oficio ou encargo levar unha mensaxe ou unha noticia, e que xeralmente está ao servizo dunha persoa ou institución.

    2. Representante do papa en cada un dos estados cos que mantén relacións diplomáticas plenas e de maneira estable. Ten tarefas complementarias de tipo pastoral e outras de carácter delegado, por iso normalmente é bispo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Declaración solemne da vontade dunha persoa feita de viva voz diante de testemuñas.

    VER O DETALLE DO TERMO