"Anda" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 490.

  • PERSOEIRO

    Rei de Holanda (1806-1810), irmán de Napoleón I. Casou coa filla da súa muller Xosefina, Hortensia de Beauharnais, e foi nomeado rei de Holanda. Abdicou polo seu desacordo co bloqueo continental e exiliouse en Austria e Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comida moi abundante.

    2. Festa grande e con moito barullo na que se adoita comer e beber moito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen ten ou tivo desgracias ou reveses na súa vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortuna mala ou desgraza que lle acontece a unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non obedece ou que fai as cousas de mala gana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Legado que unha persoa lle deixa a outra no seu testamento mediante disposición especial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantidade de algo que cabe nunha man dunha soa vez.

      1. Conxunto de animais da mesma especie que andan agrupados.

      2. manda de cans

        Grupo de cans que se emprega, sobre todo, en caza menor.

    2. banco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica a facer mandados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de mandar.

    2. Que fai o que lle mandan de maneira dilixente e satisfactoria.

    3. Persoa que traballa baixo ordes e non por iniciativa propia.

      1. Encargo ou orde dada a unha persoa.

      2. Orde dunha autoridade xudicial ou administrativa que ten carácter obrigatorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro. Doutorouse na Universitat Politécnica de Catalunya e dirixiu a ETS de Enxeñeiros Técnicos Industriais e o departamento de Tecnoloxía Electrónica da Universidade de Vigo (1979-1987), e o Instituto de Electrónica Aplicada “Pedro Barrié de la Maza”. Desenvolve o seu labor no campo da investigación do deseño microelectrónico e de sistemas electrónicos. Das súas obras destacan Problemas de electrónica digital (1977), Diseño de sistemas digitales y microprocesadores (1979), en colaboración con E. Tassis, Procesadores programables, el microprocesador (1980), Sistemas electrónicos digitales (1984), Manual de prácticas de electrónica digital (1988), La innovación tecnológica y su gestión (1989), en colaboración con M. Ruiz González, e Instrumentación electrónica (1989), con Perfecto Mariño Espiñeira. Recibiu a Cruz de Alfonso X el Sabio ao mérito académico (1969) e recibiu o premio da Xunta ao Mellor Traballo Tecnolóxico (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que manda algo a un destinatario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cesuras baixo a advocación de san Xiao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura xeométrica de desenvolvemento concéntrico e forma simétrica na que todo equidista e se subordina respecto a un punto axial. Utilízase pola súa significación mística e simbólica, tanto na edificación arquitectónica como nas producións plásticas budistas. Chegou ao mundo occidental contemporáneo a través das correntes relixiosas e filosóficas pro-orientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima e do estado de Myanmar ata 1886 (532.949 h [1983]). Foi un dos principais centros culturais e políticos locais desde o s XVI. O seu momento máis esplendoroso foi no s XVIII, ao que pertencen unha gran diversidade de palacios, onde conflúen as tendencias india e chinesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Myanmar (37.024 km2; 5.823.000 h [estim 1994]). A capital é Mandalay.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mandar.

    2. Aquilo que se manda.

    3. Cada unha das normas morais da relixión católica que debe cumprir o crente, especialmente os mandamentos da lei de Deus ou Decálogo e os mandamentos da Igrexa.

      1. Acto procesal co que se dá orde aos rexistradores de propiedade, mercantís, de vendas, corredores de comercio, axentes de xulgado ou notarios para que practiquen calquera dilixencia.

      2. Orde do xulgado que o notario fai constar na cláusula de traslado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos mandan.

    2. Individuo da tribo mandan.

    3. Tribo indíxena de América Setentrional, do grupo dos síux, establecida entre o río Heart e o Petit Mississipi. Os últimos representantes viviron en reservas no estado de Dakota en EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que manda.

    2. Persoa que, por medio dun mandado, confía a outra a xestión dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expresar a alguén con autoridade o desexo de que se faga algo.

    2. Ter a autoridade máxima sobre unha persoa ou grupo.

    3. Enviar desde un lugar a outro unha persoa ou unha cousa.

    4. Lanzar un obxecto con forza contra algo ou alguén.

    5. Ofrecer un prezo por algo.

    6. Deixar algo a alguén nun testamento.

    7. Exercer autoridade sobre algo ou alguén.

    8. Exercer un dominio absoluto nunha proba deportiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo do N da meseta de Adamaoua, situado entre o río Benue e o lago Chad, entre Nixeria e Camerún. Acada unha altitude media de 800-900 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO