"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
-
de azamboarse.
-
De cor moura. Aplícase especialmente a unha parte do corpo ou a unha froita mazada como consecuencia dun golpe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pórse moura unha parte do corpo ou a froita como consecuencia dalgún golpe.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei enunciada en 1847 polo químico alemán Clemens H. L. Babo (1818-1899). Segundo esta lei a adición dun sólido non volátil nun líquido que sexa soluble diminúe a presión do vapor solvente proporcionalmente á cantidade de substancia disolta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei enunciada en 1847 polo químico alemán Clemens H. L. Babo (1818-1899). Segundo esta lei a adición dun sólido non volátil nun líquido que sexa soluble diminúe a presión do vapor solvente proporcionalmente á cantidade de substancia disolta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
VER O DETALLE DO TERMO
estraloque.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte esquerda da embarcación. Define todo o espazo que está situado na esquerda do eixo lonxitudinal do barco, mirando cara á proa. O seu oposto é estribor. Estas denominacións, babor e estribor, empréganse para indicar a posición dun obxecto situado dentro ou fóra da embarcación, así como para dar as ordes ao temoeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte esquerda da embarcación. Define todo o espazo que está situado na esquerda do eixo lonxitudinal do barco, mirando cara á proa. O seu oposto é estribor. Estas denominacións, babor e estribor, empréganse para indicar a posición dun obxecto situado dentro ou fóra da embarcación, así como para dar as ordes ao temoeiro.
-
-
Que bota gran cantidade de baba.
-
Persoa á que non se lle entende moi ben o que di a causa dalgún defecto na pronuncia.
-
Que fala moito e sen tino.
-
Que amosa falta de respecto cara aos demais.
-
rabioso.
-
-
-
Que bota gran cantidade de baba.
-
Persoa á que non se lle entende moi ben o que di a causa dalgún defecto na pronuncia.
-
Que fala moito e sen tino.
-
Que amosa falta de respecto cara aos demais.
-
rabioso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aumento brusco, imprevisto e imprevisible da natalidade. Este fenómeno é exclusivo dos países desenvolvidos, e prodúcese polo incremento da natalidade provocado non pola suba da fecundidade natural, senón por razóns sociolóxicas moi dependentes da conxuntura económica, como o descenso na idade media de contraer matrimonio e de ter o primeiro fillo as mulleres ou o aumento do número de fillos por muller. O primeiro baby-boom descrito pola demografía produciuse nos EE UU e na Europa Occidental ao remate da Segunda Guerra Mundial, nun contexto de bonanza económica e reconstrución, respectivamente, manténdose ata o final da década de 1950. No caso español e galego, o baby-boom produciuse na década de 1960 e prolongouse ata os primeiros anos da década de 1970.
-
PERSOEIRO
Escritora. Cultivou diversos xéneros literarios, poesía, prosa e comedias para a radio. Entre a súa obra poética cómpre salientar Die gestundete Zeit (O tempo aprazado, 1953); así mesmo, escribiu Das dreissigste Jahr (O ano trinta, 1961), unha obra en prosa narrativa e a novela Malina (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte central dunha rede (en inglés significa columna vertebral) que dirixe o tráfico cara ás canles secundarias; en teoría, todos os sistemas que teñan conexión a ela poderían interconectarse entre si, aínda que tamén teñan a opción de facelo directamente ou por medio de redes alternativas. Respecto da Internet refírese á zona máis densamente interconectada (Internet backbone) de entre os millóns de ordenadores que compoñen a Rede.
-
PERSOEIRO
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios con Oliveira, quen lle ensinou a técnica da fundición de cera, e con Antúnez Pousa, con quen aprendeu o traballo da pedra. No seu traballo combínanse pedras e materiais diversos, como bronce e madeira, na procura da expresividade ata chegar á esencialización da forma. Recibiu numerosos premios e participou en distintas exposicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político liberal e escritor. Os seus escritos históricos e políticos Speranze d’Italia (Esperanza de Italia, 1844) e Sommario della storia d’Italia (Sumario da historia de Italia, 1846) influíron moito no Risorgimento italiano. No ano 1848 foi presidente do consello de goberno de Turín; aínda que dende posicións moderadas, loitou a prol da unidade italiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Trala súa participación na Primeira Guerra Mundial, converteuse en líder do movemento fascista dos Camisas Negras. Organizou a Marcha sobre Roma en 1922, e en 1923 foi nomeado xefe da milicia fascista. Impulsou a modernización das forzas aéreas desde os seus cargos de subsecretario (1926-1929) e de xefe das Forzas Armadas (1929-1933). No ano 1939 Mussolini nomeouno gobernador de Libia. Comandou as forzas armadas durante as campañas do norte de África na Segunda Guerra Mundial. Morreu cando o seu avión foi derrubado accidentalmente polas propias baterías italianas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ariante gráfica do apelido Valboa, de orixe toponímica. O topónimo Valboa ou Balboa, moi frecuente por toda Galicia en nomes de parroquias ou lugares, formouse a partir do nome común val (procedente do latín valle) máis o adxectivo boa (derivado do latín bona), que presenta xénero feminino, concordando co xénero etimolóxico latino. Este apelido documéntase xa no s XV: “Diego de Valboa” (doc ano 1417 en J. I. Fernández de Viana y Vieites Colección diplomática del monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón, 1994, p 158), “Fernan Rodriguez de Valvoa” (doc ano 1420 en Emilio Duro Peña “El monasterio de Santa Marina de Asadur” Archivos Leoneses 54, 1973, p 344), “Diego de Balboa” (doc ano 1454, en Xosé Ferro Couselo A vida e a fala dos devanceiros II. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, 1967, p 65). Outra variante deste apelido é Valbón forma na que o adxectivo concorda co xénero masculino...
-
Liñaxe que asentou a súa casa primitiva no antigo castelo de Balboa, preto de Villafranca del Bierzo. Logo estableceron outras casas en Sarria, Cambados, Cacabelos, Calvos, Fión, San Martiño de Manzaneda e Boborás, partido do Carballiño; fóra de Galicia en León, Murcia, Jaén, Valladolid, Palencia, Madrid e Canarias; espallándose polo resto da Península. Entroncaron con outras ilustres familias galegas como a dos condes de Torre Novaes. As súas armas traen, en campo de goles, un león de ouro que leva na súa pata destra unha espada de prata, e vencido aos seus pés, un dragón ou serpe alada de sinople. Noutros escudos aparece un león de goles (ou de púrpura), en campo de prata, afogándose en ondas de azul e prata. Outra variante leva, en campo de prata, un león rampante de goles, loitando cunha serpe alada ou dragón da súa cor natural, no flanco destro, e un cabaleiro armado, no sinistro, espetando unha espada de prata nas fauces da mesma serpe. Algunha variante representa, en campo...
-
-
GALICIA
Pintor. Ao longo da súa andaina pictórica evolucionou desde un expresionismo inicial ata o neofigurativismo, pasando polo informalismo e a abstracción expresiva. Realizou múltiples exposicións, entre outras, na Exposición Nacional de Belas Artes de 1964 e na Magna Exposición de Pintores Gallegos de 1965 en Santiago de Compostela. En 1973 acadou a medalla de ouro no I Certamen Regional Imperio, celebrado na Coruña. Xunto con Gonzalo Rodríguez Mourullo, Ramón Lugrís e Xosé Manuel Beiras, entre outros, formou parte dun grupo de mozos galeguistas que viñan de descubrir Galicia e o Galeguismo, moi activo intelectualmente na Compostela dos anos cincuenta. En 1953 publicou un conto na revista Vamos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Barítono. Iniciou na Coruña a súa formación e continuouna na Escuela Superior de Canto de Madrid (1984). Bolseiro pola ACSE, asistiu ao primeiro curso de Interpretación da Música Contemporánea onde traballou as técnicas vocais de vangarda. Ofreceu o seu primeiro recital acompañado ao piano por Maximino Zumalave (1983). A partir de 1986 realiza gravacións para Radio Nacional de España, Radio 2 e TVE. Ademais de participar nas temporadas de ópera (Madrid, A Coruña, Oviedo, entre outras), xunto a figuras da lírica mundial como Alfredo Kraus, Renata Scotto, Teresa Berganza ou Plácido Domingo, interpretou o papel protagonista na estrea da ópera El Secreto Enamorado, de Manuel Balboa e Ana Rossetti (1993) e foi solista no Concerto de Fin de Ano da Orquestra Sinfónica de Galicia (1998). En 1999, baixo a dirección de James Ross, interpretou os Rückert Lieder de Gustav Mahler.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor e crítico musical. Como crítico, centrou a súa investigación no teatro musical de Occidente e na historia da música española e galega, tema sobre o que publicou a obra 150 anos de música galega (1979), en colaboración con X. M. Carreira. Como compositor, desenvolveu a súa actividade tanto na música de concerto como na escénica e cinematográfica. A súa obra instrumental foi dirixida por mestres de sona internacional, como Helmut Rilling, José Luis Temes ou Maximino Zumalave. Recibiu o Premio Fundación Guerrero pola ópera de cámara Romeo o la memoria del viento (1988), baseada en textos propios e de Álvaro Cunqueiro.
VER O DETALLE DO TERMO
Da súa produción cómpre sinalar: Invención del día (1990), para piano e orquestra de corda; Dous poemas dramáticos (1992), para soprano e piano, con textos...