"CAD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 940.

  • Realizar un cadmiado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pertencente ou relativo ao cadmio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén cadmio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Elemento metálico situado entre o zinc e o mercurio no grupo II B da táboa periódica, de número atómico 48 e peso atómico 112,41 (o elemento natural está constituído por 10 núclidos, cun número de masa entre 104 e 118). Ten unha cor azulada, semellante á da prata, e é brando, moi dúctil e maleable. Foi descuberto por Friedrich Strohmeyer en 1817. Por mor da súa reactividade non se atopa de forma libre (non combinada) na codia terrestre, onde ocupa o lugar 66 en orde de abundancia co 0,000015%. Coñécense dúas especies mineralóxicas puras, a greenockita (sulfuro) e a otavita (carbonato), ambas as dúas sen importancia comercial. Quimicamente, achégase máis ao magnesio e ao zinc, cos que comparte o isomorfismo de moitos sales, ca ao mercurio. Significativamente é menos electropositivo ca o zinc, reacciona tamén con menor violencia ca o osíxeno, cós halóxenos e ca o xofre. No aire está protexido por unha película que dificulta o progreso da oxidación. En estado puro é moi resistente...

      2. bromuro de cadmio [CdBr 2 ]

        Pos cristalinos amarelos, obtidos por reacción directa entre os elementos ou ben por disolución do metal, o óxido ou o carbonato en ácido bromhídrico. Emprégase en fotografía, litografía e gravados. A forma hidratada (CdBr 2 ·4H 2 O) preséntase en cristais incoloros.

      3. cianuro de cadmio [Cd(CN) 2 ]

        Sal pouco soluble, que forma un precipitado branco cando se trata o cloruro ou sulfato de cadmio con cianuro soluble. A súa solución en exceso de cianuro, ou a solución que resulta de tratar o óxido de cadmio cun cianuro soluble, constitúe o electrólito tradicional dos baños de cadmiato.

      4. cloruro de cadmio [CdCl 2 ]

        Sal cristalino coñecido con diversos graos de hidratación, obtido do mesmo xeito ca o bromuro de cadmio. Emprégase na preparación de compostos de cadmio, en fotografía e en galvanotecnia.

      5. óxido de cadmio [CdO]

        Pos insolubles obtidos por combustión do vapor de cadmio ou por calcinación do seu nitrato. A súa cor varía de amarela a marrón escura, segundo as condicións de obtención. Úsase en galvanotecnia, como catalizador en química orgánica e como pigmento e aditivo en masas luminescentes.

      6. selenuro de cadmio [CdSe]

        Pos vermellos, moi estables a altas temperaturas e insolubles en auga. Empréganse como pigmento, para aumentar a resistencia á abrasión nos elastómeros e, en estado puro, como semicondutor.

      7. sulfato de cadmio [CdSO 4 ]

        Cristais incoloros solubles en auga. É o sal de cadmio máis empregado como intermediario na preparación doutros compostos, principalmente pigmentos. Obtense do metal e do óxido con ácido sulfúrico diluído.

      8. sulfuro de cadmio [CdS]

        Pos cristalinos dunha cor entre amarela verdosa e laranxa, solubles en ácidos e amoníaco. Os seus cristais, crecidos en fase de vapor, pódense empregar na construción de células fotovoltaicas para obter enerxía eléctrica a partir de radiacións solares. É o constituínte principal do pigmento denominado amarelo de cadmio.

    1. Cada unha das variedades coloreadas do sulfuro de cadmio, empregadas especialmente en pintura artística, como o amarelo de cadmio, o laranxa de cadmio e o vermello de cadmio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pneumoconiose orixinada pola inhalación de po de cadmio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segundo a mitoloxía grega, fillo do Rei fenicio Agenor que fundou a cidade de Tebas cando buscaba a súa irmá Europa. Casou con Harmonía, filla de Ares e Afrodita. Reinaron en Tebas e Iliria, pero ao final foron convertidos en serpes e pasaron aos Campos Elíseos. A Cadmos atribúeselle a invención do alfabeto e a fusión dos metais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Becerreá baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Burato da quilla dunha embarcación polo que desauga.

    2. Tapón de cortiza ou de madeira co que se tapa o burato homónimo da quilla dun barco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Salto de auga provocado por un desnivel no terreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Talo ou eixe principal das plantas, especialmente da col e do toxo.

    2. Eixe leñoso da mazaroca do millo.

    3. Canoto do pelo do porco que permanece despois de chamuscar a súa pel.

    4. Pao empregado para avivar o lume, especialmente a vara de toxo limpa de espiñas e de pólas.

    5. Terrón compacto e duro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Continuadamente ou sen pausa.

    2. En calquera hora ou momento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión histórica dos Alpes, no Veneto, Italia. Comprende a conca alta do Piave, nos Dolomitas. O bosque e os pastos son os seus recursos principais. É tamén un gran centro turístico de inverno, coa estación de Cortina d’Ampezzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal italiano. Fillo do xeneral Raffaele Cadorna. En 1914 foi nomeado xefe do estado maior e reorganizou o exército. En 1915 dirixiu a fronte de Austria e ocupou Gorizia (1916). En 1918 retirouse do exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral. Participou en diversas campañas da Guerra de Crimea. En 1870 invadiu os Estados Pontificios e ocupou Roma. Foi nomeado senador en 1871 e despois de ocupar a comandancia xeral de Turín (1873), retirouse en 1877.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nó do tronco dunha árbore, especialmente do carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe asturiana que pasou a Galicia exercendo o señorío de Caldelas. Segundo algúns investigadores esta caste procede da Casa dos Limas ou Lima, á que estivo vinculado o condado de Limia, sendo o seu tronco Rui Fernández Cadórniz; cambiarían, posteriormente algúns dos seus descendentes esta denominación pola de Cadórniga. As súas armas levan, en campo de prata, unha nave de sable coas velas brancas, sobre ondas de auga de azul e prata. Outros traen, en campo de azul, unha nave de ouro, sobre ondas de auga de azul e prata. Algunha variante ostenta: en campo de azul, unha nave co casco de ouro e as velas de prata, en ondas de auga de azul e prata adestrada de dous lobos pasantes de sable, mirando cara á nave, postos en faixa e colocados sobre as ondas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Farmacéutico. Catedrático de Farmacia Galénica da Universidad de Madrid, foi o primeiro docente de España que incorporou a biofarmacia e a farmacocinética como parte fundamental da farmacia galénica. Entre outras obras, publicou en 1999 Interacciones medicamentosas (y otros factores modificadores de la respuesta). Foi director da Real Academia de Farmacia, presidente da Fundación José Casares Gil de Amigos da Real Academia de Farmacia, fundador do Comité Científico Europeo de Biofarmacia e Farmacotecnia e membro de número da Academia Nacional de Medicina e da Real Academia de Doctores. Foi galardoado coa Medalla especial do Comité Científico Europeo de Biofarmacia e Farmacocinética en 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capa de xeo que se forma sobre un líquido a causa do frío.

    2. cadorneira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muíños baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Limia pola dereita. Nace da confluencia de varios regos no Outeiro das Motas, na parroquia da Fraga (concello de Lobeira). O seu curso adopta unha dirección O-L coa que penetra nas parroquias e concellos de Bangueses (concello de Verea) e Corvelle (concello de Bande). Neste treito recibe os nomes de río do Foxo ou río dos Cochos. Chegando ao límite entre as parroquias de Corvelle e Calvos, vira cara ao S adoptando a dirección que mantén polas parroquias de Cadós e Os Baños ata a súa desembocadura, no encoro das Conchas, na parroquia de Nigueiroá (concello de Bande).

    VER O DETALLE DO TERMO