"Dal" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 544.
-
MONTES
Monte que marca o límite entre as parroquias de Friol, Santalla de Devesa e Guldriz (Friol). O seu cumio acada os 522 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e avogado. Colaborou no Diario de Toledo, onde se fixeron moi populares os seus artigos de opinión e costumes co pseudónimo de Luaces. Posteriormente, colaborou en ABC, El Alcázar e, co pseudónimo de Acicate, en La Codorniz. A súa achega máis importante á prensa española foi a invención do formato tabloide, aceptado logo da saída de El País, xornal no que foi o seu primeiro director de maquetación. Publicou A prensa plural (1980), La prensa en la ditadura (1986), Manual del periodista activo (1987), Para comprender o pensamento franquista na prensa (1989) e El éxito del formato tabloide (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Ramón Deside, traballou en Catalunya como decorador e realizou altorrelevos en materiais diversos. A súa obra, de carácter informalista, mostra unha depuración das formas, cun labor destrutivo de todo o que considera inútil. Empregou os materiais grosos que provocan sensacións escultóricas para crear espacios novos. Realizou exposicións en Catalunya e en Galicia, e participou nas mostras de Arte Galega na Colección Caixavigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica alemana. Coñecida como Marlene Dietrich, en 1930, despois do éxito de Der blaue Engel, converteuse nun dos grandes mitos eróticos do star-system da man de Joseph von Sternberg. Xuntos interviron en The Devil is a Woman (1925), Morocco (1930) e Shangai Express (1932). Da súa filmografía destacan Angel (1937), Touch of Evil (1958) e Shoner Gigolo, armer Gigolo (1979).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no extremo SO da parroquia de Santalla de Pena (Begonte). O seu cumio acada os 620 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río que nace na parroquia de Bretoña (A Pastoriza), baña parte da parroquia de Aldurfe (Riotorto) e da Aguarda (A Pastoriza) e desemboca pola dereita do Miño na parroquia de Crecente (A Pastoriza). Ata a parroquia da Aguarda recibe o nome de Miñotelo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino derivado do grego do Novo Testamento Magdalene, que pasou ao latín eclesiástico como Magdalena, sobrenome étnico ou xentilicio feminino (‘natural de Magdala’, cidade palestina). Presenta a variante Madanela e os hipocorísticos Mada, Lena e Malena. A difusión deste nome débese fundamentalmente a María Madalena, discípula de Xesús, que é venerada como santa pola Igrexa Católica. Santa María Madalena é titular de 39 parroquias e a súa festividade celébrase o 22 de xullo. Santa Madalena de Pazzi celébrase o 25 de maio. Na tradición oral recóllense ditos como “Chorar coma unha Madalena. Pola Madalena recata ben pola figueira. Entre santa Ana e a Madalena baleira a túa eira. Pola Madalena ceifadores polas leiras. Pola Madalena enche o carolo a nogueira. Pola Madalena a abelá vai chea”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte situada en Mourence (Vilalba), sobre o río Ladra. Era utilizada como conexión entre Vilalba e As Pontes de García Rodríguez. Realizada en cantería, está composta por dous vans de arcos oxivais e tallamares triangulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ponte situada en Ribadelouro (Tui), sobre o río Louro. Datada no s XVIII, está realizada en cantería e ten un só van.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Madaleniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Último período do Paleolítico Superior. O nome deriva do xacemento francés de La Madeleine. Desenvolveuse durante un período climático frío, correspondente á derradeira glaciación (Plistoceno), entre 17000 e 9500 a C. Unha das características técnicas do período é a abundancia de ósos e cornos para fabricar instrumental, entre os que destacan os arpóns. A arte foi moi importante e sobresaen as pinturas rupestres nas covas (Altamira), que representan o período de plenitude da pintura paleolítica. En Galicia existen relacións coa área cántabra e os xacementos máis ricos atopáronse nas chairas de Abadín, Vilalba ou Xermade. Neste último lugar, no xacemento do Abrigo da Pena Grande de Férvedes, encontrouse un colgante lítico da época con decoración lineal.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago da provincia Sassari, na rexión de Sardeña, Italia, situado no Mar Tirreno (11.024 h [1990]). Está formado por sete illas: La Maddalena, Caprera, Santo Stefano, Spargi, Budelli, Santa Maria e Razzoli. A pesca e o turismo son as fontes de riqueza principais.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Colombia que nace nos Andes, entre a Cordillera Central e Oriental, no Páramo de las Papas a 3.600 m de altitude. Leva unha dirección N, e despois dun percorrido de 1.550 km desemboca en delta no Mar Caribe.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Colombia (23.188 km2; 1.284.135 h [estim 2000]). A capital é Santa Marta.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cilindro de masa medicamentosa do que se obteñen as pastillas facendo rolar o produto primitivo sobre unha superficie plana e practicando nel cortes transversais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura xeométrica de desenvolvemento concéntrico e forma simétrica na que todo equidista e se subordina respecto a un punto axial. Utilízase pola súa significación mística e simbólica, tanto na edificación arquitectónica como nas producións plásticas budistas. Chegou ao mundo occidental contemporáneo a través das correntes relixiosas e filosóficas pro-orientais.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima e do estado de Myanmar ata 1886 (532.949 h [1983]). Foi un dos principais centros culturais e políticos locais desde o s XVI. O seu momento máis esplendoroso foi no s XVIII, ao que pertencen unha gran diversidade de palacios, onde conflúen as tendencias india e chinesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Myanmar (37.024 km2; 5.823.000 h [estim 1994]). A capital é Mandalay.
-
GALICIA
Político. Foi alcalde da Coruña (1890-1891 e 1893-1894), interveu no seu desenvolvemento industrial e realizou importantes melloras nas infraestruturas da cidade, como foi a creación da praza de María Pita, a instalación da iluminación eléctrica ou a realización da traída de auga.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no concello de Lugo. O seu cumio acada os 550 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO