"Das" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 542.

  • Grupo de monumentos megalíticos situado en Muíños, datados cara a 2600 a C. Destacan dous dolmens coñecidos como Casiña da Moura e Casola do Foxo. O primeiro trasladouse da súa localización orixinal e conserva unha cámara funeraria de forma poligonal cun corredor de tipo curto. Está formado por sete chantas e a tampa, ao igual ca a Casola do Foxo, que presenta cámara poligonal simple e cuberta. Neste lugar localizaouse un enxoval, do que destacan os restos de cerámica campaniforme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Muíños. Dunha soa nave, presenta unha fachada con porta arquitrabada e unha pequena fiestra, rematada por un frontón. No cumio destaca unha espadana cun corpo de arcos peraltados. O presbiterio, máis elevado ca o resto, ten a sancristía adxunta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilar de Lor (Quiroga). O seu cumio acada os 851 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Encargóuselle a obra ao arquitecto Diego de Romay (1674-1683). Construíuse fóra das murallas da cidade, ante a porta de Mazarelos. Ten planta rectangular con tres alturas. A fachada, de estilo neoclásico, está flanqueada por pilastras corintias e na parte central, entre escudos, destaca un relevo da Anunciación, obra de Mateo de Prado (1674). A igrexa ten planta de cruz latina cunha soa nave e capela maior rectangular. Cóbrese con bóveda de canón e cúpula no cruceiro. No interior consérvase o sepulcro do fundador do convento, o arcebispo Andrés Girón, rematado en arco de medio punto. Sobre a porta destaca o campanario rematado en cúpula, realizado por José Crespo en 1740, a imitación do de San Fiz de Solovio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado ao pé da serra de Montánchez e drenado polo canal de Orellana (9.763 h [2001]). Destaca a agricultura de regadío, cos cultivos de tabaco, algodón, hortalizas e forraxes, e as industrias alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • forno de microondas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe mitolóxico, rei de Frixia e protagonista de numerosas lendas populares. Dióniso concedeulle o poder de transformar todo o que tocase en ouro, o que se converteu co tempo nun problema para o rei, xa que o xantar e a bebida, entre outras cousas, tamén se convertían en ouro. Midas suplicoulle a Dióniso que lle retirase o don e este así o fixo. Tamén forma parte do mito no que Apolo transforma as orellas de Midas en orellas de burro por preferir a música de Pan á súa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Muras, no concello homónimo. O seu cumio acada os 760 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e entallador. Traballou nalgúns dos trazados realizados por Fernando de Casas e por Domingo de Andrade. Realizou o retablo e a custodia para a capela maior de San Fiz de Lovio (1727), en Santiago de Compostela, e os retablos laterais para a capela da orde Terceira de San Francisco de Santiago (1737). Na catedral de Santiago de Compostela traballou na capela da Virxe da Azucena, sobre planos de Fernando de Casas, e nas bóvedas da sala capitular, baixo as ordes de Lucas Caaveiro (1754).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de São Paulo, Brasil, situada á beira do río Tietê e ao L da cidade de São Paulo (122.265 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Pequeno sistema montañoso que se estende en dirección NL-SO pola zona N da parroquia da Fraga (Lobeira) e que acada unha altitude media de 1.000-1.300 m. Nos seus contrafortes orixínase o curso do río Fragoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar de Indonesia situado entre a illa Halmahera, a máis setentrional do arquipélago das Molucas, e as illas Célebes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento situado en Monforte de Lemos. Foi fundado por Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, VII conde de Lemos, e a súa muller, dona Catarina de la Cerda, en 1622. Destaca polo seu claustro de estilo clasicista, realizado en cantaría nun estilo sobrio a base de pilastras. A igrexa, reconstruída na década de 1920, realizouse en estilo gótico e ten unha soa nave terminada en ábsida. No convento sitúase o Museo da Arte Sacra das Clarisas de Monforte de Lemos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    E María de Austria (1551).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. En 1951 entrou na Editorial Bruguera, onde destacou como guionista de banda deseñada en El Capitán Trueno. Como narrador publicou os contos El Cafè dels homes tristos (1966, premio Víctor Català 1965), Perduts al pàrking (1974), Mozzarella i Gorgonzola i altres contes (1981), Barcelona 2080 et altres contes improbables (1989), a triloxía Els plàtans de Barcelona (1972), París flash-back (1978) e El tramvia blau (1985), e as novelas La pluja morta (1966), La dona dells ulls de pluja (1993, Premi Joan Crexells) e Diari de bord (sense navegar i a punt de naufragi) (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización da esquerda revolucionaria portuguesa que integraba aos militares, dos que destacaron Ernesto Melo Antunes, Otelo Saraiva de Carvalho e Vasco Gonçalves, que organizaron a Revolução dos Cravos. Coñecida como os capitães de abril, o 25 de abril de 1975 enfrontouse co réxime fascista de Portugal e derrocouno. Tras o triunfo asumiron a reorganización do goberno e das forzas armadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Desde 1971 reside en EE UU, onde traballou no Institute of Technology of Massachusetts. Iniciouse na pintura e ao redor de 1971 aproximouse á arte conceptual. Posteriormente, centrouse na experimentación sobre medios alternativos, especialmente a videoarte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu Palatino; ḥ ammad ibn A Palatino; ḥ mad al- Maqdisī.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no convento de Santa Clara de Monforte de Lemos. Considerado como un dos máis importantes museos de arte sacra de España, conta cun importante fondo composto por vestimentas litúrxicas e pezas de ourivaría relixiosa do Renacemento. Sobresaen especialmente o Cristo yacente e a Inmaculada, de Gregorio Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO