"ECA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 560.

  • Sistema económico que se basea na libre circulación de mercadorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina económica que se basea no librecambio pola que non se deben impedir as importacións nin obstruír as exportacións. Ataca á existencia de aranceis, ás restricións cuantitativas e de outros medios que limitan a circulación de produtos entre os países, pero xustifica a existencia de controis e imposicións con obxectivos fiscais ou sanitarios. No s XVII empregouse para indicar a libre entrada nos gremios e compañías de comercio, e máis tarde como o dereito de comerciar co estranxeiro á marxe das compañías comerciais. Tomou corpo durante o s XVIII a través da fisiocracia (laissez faire, laissez passer, la monde va par lui-même) e Adam Smith, que estableceron que a división internacional do traballo leva a unha maior especialización e, polo tanto, a unha asignación máis racional dos recursos e a un nivel de vida máis elevado. A. Hamilton falou da protección das industrias novas (1791), o que deu paso ao proteccionismo. O librecambismo foi unha constante da teoría económica ata...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao librecambismo.

    2. Partidario do librecambismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relicario con forma de caixa ou arqueta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herbario de liques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Local aberto aos nenos onde poden xogar colectivamente cos xoguetes da propia entidade ou con aqueles que poidan levar eles mesmos, xeralmente contan coa axuda dun animador. Considérase que a primeira ludoteca foi creada no ano 1934 en Los Angeles (California), pero foi a UNESCO a que impulsou a idea da creación de ludotecas en 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capital da provincia de Makkah al-Mukarramah, Arabia Saudí (965.700 h [1992]). Considérase a capital espiritual do mundo islámico polo feito de ser o lugar natal de Mahoma. É un centro comercial e turístico, especialmente destinado a acoller os peregrinos, uns 500.000 anuais. Centro comercial e relixioso da época preislámica (Ka’ba), continuou séndoo despois da predicación de Mahoma. Durante os califatos omeia e abbásida foi administrada por membros da familia califal, ata que cara a 960 acadou unha certa autonomía baixo a soberanía fatimita. Despois das dominacións aiúbida e mameluca, dependeu dos otomanos (1517-1916), ata que Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ḥ usayn ibn ‘Alī a declarou independente e Ibn Sa’üd a converteu en capital do reino de Al- Palatino; Palatino;Ḥ i Palatino; ǧ āz (1924). A gran mesquita, situada no centro da cidade, está constituída por un gran recinto rectangular e un patio porticado, construído en diversas épocas ao redor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar que exerce unha grande atracción porque é onde se desenvolve unha determinada actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nadador. Foi o primeiro nadador da historia en gañar catro medallas nun mundial de natación (Honolulu 2000), unha delas de ouro. Tamén conseguiu dúas medallas (bronce en 10 km e prata en 25 km) nos mundiais de Barcelona (2003). Protagonizou diversas fazañas, como percorrer a nado a distancia entre a illa de Alcatraz e a costa de San Francisco con grillóns nos pés. Ocasionalmente, como actor participou en campañas publicitarias, filmes (Sitges-Nagasaki, 2004) e series de televisión (The Young Indiana Jones Chronicles, 1992-1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Makkah al-Mukarramah, Arabia Saudí (965.700 h [1992]). Considérase a capital espiritual do mundo islámico polo feito de ser o lugar natal de Mahoma. É un centro comercial e turístico, especialmente destinado a acoller os peregrinos, uns 500.000 anuais. Centro comercial e relixioso da época preislámica (Ka’ba), continuou séndoo despois da predicación de Mahoma. Durante os califatos omeia e abbásida foi administrada por membros da familia califal, ata que cara a 960 acadou unha certa autonomía baixo a soberanía fatimita. Despois das dominacións aiúbida e mameluca, dependeu dos otomanos (1517-1916), ata que Ḥusayn ibn ‘Alī a declarou independente e Ibn Sa’üd a converteu en capital do reino de Al-Ḥiǧāz (1924). A gran mesquita, situada no centro da cidade, está constituída por un gran recinto rectangular e un patio porticado, construído en diversas épocas ao redor da Ka’ba, situada no centro, cara a que se orientan os miḥrābs...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da física que estudia o cambio de lugar, o desprazamento ou o movemento localizado e, en xeral, o movemento, tanto dos corpos como dos corpúsculos microfísicos. Comprende dúas partes: a cinemática e a dinámica. A primeira estudia só as relacións xeométricas e cronométricas nos movementos, mentres que a segunda, a principal, ten por obxecto a interacción mecánica, é dicir, o proceso físico polo que dous móbiles ou máis modifican mutuamente o seu movemento (a súa dirección ou a súa velocidade) mediante un campo (gravitatorio, eléctrico ou nuclear). Ambas as dúas partes son complementarias, e mentres que as modificacións do movemento son cinemáticas, a cinemática necesita dun referencial sólido inmutable. Adóitanse introducir outras dúas partes da mecánica: a cinética, que, considerando magnitudes tales como a masa, o impulso, a enerxía cinética e o momento de inercia, fai de intermediaria entre a cinemática e a dinámica; e a estática, que trata do...

    2. mecánica analítica

      Parte da mecánica racional que comeza coa obra de Joseph-Louis Lagrange Mécanique analytique (1788) e continúa coas de W.R. Hamilton (1834) e C.G. Jacobi (1842). Gracias ao progreso que experimentou a análise infinitesimal, Lagrange reduciu ao mínimo os postulados da dinámica e deduciu, por medio do cálculo diferencial e do cálculo integral, unhas fórmulas xerais, denominadas ecuacións de Lagrange. W.R. Hamilton elaborou unha óptica matemática válida tanto na concepción ondulatoria da luz como na corpuscular, a partir dunha integral estacionaria xa atopada por Lagrange (principio de Hamilton); despois creou unha función, a hamiltoniana, empregada non só na mecánica clásica, senón tamén na relativista e na cuántica. Jacobi simplificou e xeneralizou a teoría de Hamilton nunha forma que tornou clásica.

    3. mecánica clásica

      Parte da mecánica que ten como base tres postulados. O primeiro establece que tanto as relacións xeométricas como as cronométricas son independentes do sistema de referencia escollido para determinalas. O segundo postulado establece que as interaccións se comunican instantaneamente dun móbil ao outro, por ben afastados que se atopen. E o terceiro postulado di que toda interacción se manifesta por unha aceleración do móbil inversamente proporcional á súa inercia e proporcional á forza da interacción. O segundo postulado contradiciuse pola descuberta da propagación da interacción eléctrica (Maxwell, Hertz), e o primeiro polo feito experimental (Michelson e Morley) de que a propagación da luz non é conforme á cinemática clásica, cando se pasa do referencial terrestre ao estelar. Así nace a mecánica einsteiniana ou relativista, aínda que a mecánica clásica, nomeada tamén mecánica newtoniana, continúa sendo unha teoría válida para tratar numerosas cuestións da ciencia...

    4. mecánica cuántica

      Parte da mecánica propia dos corpúsculos que se moven dentro dun espazo restrinxido, ademais de microfísico. Foi fundada por Louis de Broglie, Erwin Schrödinger e Max Born (1925-1930). Unha das súas bases principais foi o nacemento da mecánica ondulatoria (1924). Tres anos despois tivo lugar o experimento de Davisson-Germer sobre a difracción dun feixe de electróns. Schrödinger estendeu a nova mecánica aos corpúsculos que se moven pechados dentro dun volume microfísico e supeditados a unha interacción eléctrica (ecuación de Schrödinger) e deu a explicación da cuantificación dos movementos corpusculares, feito coñecido desde Bohr (1913), que asegurou que a mecánica cuántica é unha mecánica probabilista ou estatística. O principio de incerteza de W. Heisenberg liga por parellas certas magnitudes, e a súa interpretación física foi proposta por Bohr no seu principio de complementariedade. A relación entre a mecánica cuántica e a mecánica clásica exprésase mediante o principio de correspondencia...

    5. mecánica cuántica-relativista

      Parte da mecánica cuántica que inclúe as teorías da relatividade. As catro ecuacións de derivadas parciais, denominadas ecuacións de Dirac, constitúen o fundamento da mecánica cuántica-relativista.

    6. mecánica de fluídos

      Ciencia que estudia o equilibrio e o movemento dos fluídos e a súa relación coas forzas que os producen ou que se opoñen a eles. Esta denominación foi introducida por Prandtl en 1905. Os primeiros estudios teóricos fixéronse sobre fluídos perfectos, sen resistencia ao escorregamento das capas fluídas adxacentes. Máis tarde introduciuse o concepto de viscosidade dun fluído, definida como a relación entre o esforzo de fricción  e o gradiente u/y da velocidade do fluído, en sentido perpendicular a ela. Indicando os valores de  e u/y nun reograma, obtéñense curvas moi diferentes segundo o fluído. Un fluído é non newtoniano cando o seu reograma non é unha recta que pasa pola orixe, mantendo a súa forma independentemente do tempo e da tensión aplicada. Neste caso, o estudo teórico complícase; xunto co do estado plástico dos sólidos é obxecto da reoloxía. Tamén se aplica a mecánica de fluídos ao estudo...

    7. mecánica dos medios continuos

      Parte da mecánica que se ocupa dos sistemas que, como os sólidos, os fluídos, etc, están constituídos por un número tan grande de partículas, que é practicamente imposible estudar o movemento de cada unha delas por separado. A mecánica dos medios continuos parte do esquema ideal que considera que os corpos teñen unha natureza continua. Ten aplicación na descrición dos medios continuos non materiais.

    8. mecánica estatística

      Parte da física que, aplicando métodos estatísticos, se ocupa de describir as propiedades macroscópicas dos sistemas físicos que están constituídos por un número moi grande de corpúsculos (átomos, moléculas, partículas elementais). Deixando de lado o esbozo de D. Bernoulli (1728), a mecánica estatística foi creada, co nome de teoría cinética dos gases, por J. C. Maxwell cara a 1850. Vinte anos despois, Boltzmann desenvolveu a termodinámica estatística, que se coñece como a estatística de Maxwelll-Boltzmann. O postulado fundamental afirma que os movementos dos corpúsculos son autónomos e que cambian enerxía e impulsos entre eles; as colisións e todos os outros intercambios resultan azarosos, aleatorios e desordenados. As leis da mecánica clásica exprésanse, na mecánica estatística, coa forma hamiltoniana. Existen tamén unha mecánica estatística relativista e unha mecánica estatística cuántica (estatística de Bose-Einstein, estatística de Fermi-Dirac).

    9. mecánica ondulatoria

      Teoría creada por L. de Broglie (1924), na que propón que, ao igual que as ondas electromagnéticas presentan algunhas características corpusculares, as partículas poden ter propiedades ondulatorias, o que se coñece como dualidade onda-corpúsculo. Esta teoría foi unha das bases do posterior desenvolvemento da mecánica cuántica.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina segundo a que a realidade, ou polo menos a realidade natural, é concibida como unha máquina ou un mecanismo, ou é explicada segundo un modelo mecánico. A concepción mecanicista do mundo establece o real como un corpo único rexido por leis mecánicas ou ben como un conxunto de corpos en movemento (coincidindo fundamentalmente co atomismo) e afirma a posibilidade e mesmo a necesidade de dar conta dos fenómenos naturais a partir de modelos mecánicos. Facilmente vinculado a unha concepción materialista da realidade (materialismo mecanicista), o mecanicismo foi rexeitado polo propio materialismo, nas súas modalidades de comprensión máis humanistas (marxismo e materialismo dialéctico).

    2. Teoría que pretende explicar os fenómenos vitais por medio de leis físicas da mecánica, oposta ao vitalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao mecanicismo.

    2. Partidario ou seguidor do mecanicismo.

    3. Arte que se orixinou na segunda metade do s XX, como resultado de procedementos mecánicos ou industriais que constituían a linguaxe da comunicación de masas, coa pretensión de dotar a arte dunha función social práctica.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á mecánica.

      2. Aplícase ao aparato ou ao sistema cun funcionamento que se pode explicar exclusivamente polas leis da mecánica clásica, sen que interveñan fenómenos eléctricos ou hidráulicos, entre outros.

      3. Persoa que monta ou repara máquinas.

    1. Relativo ou pertencente ao traballo manual.

    2. Aplícase á acción ou ao movemento dun órgano en que a intelixencia ou a vontade non toman parte.

    3. Aparatos que producen sons musicais mediante algunha maquinaria, que permite accionalos sen interpretar persoalmente a música, servíndose de manubrios ou pancas, baseándose no principio do papel perforado (pianola) ou alimentados por motores ou corrente eléctrica.

    4. Protésico especializado en próteses dentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Estrutura complexa das partes dunha máquina.

      2. Conxunto de elementos mecánicos que fan unha función determinada dentro do conxunto dunha máquina ou dun aparato máis complexo.

      3. Maneira en que opera unha máquina.

      4. Manexo dun instrumento ou dunha máquina.

    1. Maneira de funcionar, de desenvolverse ou de organizarse algo.

      1. Medio mecánico para producir o son nos instrumentos musicais, conectado habitualmente a teclas ou botóns.

      2. Movemento físico tendente a obter, cunha parte ou outra do corpo, os sons musicais dun instrumento, como, por exemplo, os movementos dos dedos polo piano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser mecanizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mecanizar ou de mecanizarse.

    2. Utilización xeneralizada de maquinaria no proceso de produción, que supón unha reconversión na aplicación da forza de traballo, de maneira que se volva máis produtiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dotar de máquinas unha actividade, un proceso ou un traballo, para obter un maior rendemento e unha maior capacidade de produción cun aforro de esforzo humano.

      2. Dar forma e dimensións adecuadas a unha peza mediante unha operación mecánica.

    1. Conferir carácter mecánico a algo ou a alguén.

    2. Empregar máquinas nun proceso de produción en substitución do traballo manual.

    3. Converterse algo en mecánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogo de construción patentado por Frank Hornby en Liverpool en 1901, formado por pezas metálicas que se axustan con parafusos e porcas e serven para construír guindastres, vehículos ou outro tipo de construcións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical creado en Madrid en 1981 por Ana Torroja, José María Cano e Nacho Cano, dentro do que se deu en chamar a movida madrileña. Foi un dos grupos destacados do panorama musical español das décadas de 1980 e 1990. Gravaron numerosos discos, entre os que destacan Mecano (1982), Donde está el país de las hadas? (1983), Entre el cielo y el suelo (1986), Descanso dominical (1988), Aidalai (1991) e Ana Jose Nacho (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO