"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Obra do século XV que consta de vinte e un actos composta por Fernando de Rojas a partir dun texto anónimo quizais de Rodrigo de Cota. A primeira edición conservada (Burgos, 1499) consta de dezaseis actos cos seus respectivos resumos preliminares e leva por título Comedia de Calisto e Melibea. Á seguinte edición (Toledo, 1500) engadíronselle os textos preliminares (carta do autor a un amigo, versos acrósticos co nome do autor, íncipit, argumento de toda a obra e versos finais de Alonso de Proaza). Arredor do 1500 e 1502, inseríronse novos actos e cambióuselle o título por Tragicomedia de Calisto e Melibea. En canto ao seu xénero, o carácter de peza dramática parece impoñerse pola súa estrutura en actos e a total ausencia de partes propiamente narradas; pero a súa extensión e, sobre todo, o seu modo particular de plasmar o paso do tempo fan pensar na forma novelesca. A acción dramática iníciase cun acontecemento fortuíto: Calisto entra no horto de Melibea perseguindo unha...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á celestina (alcaiota) ou á obra de La Celestina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mascota oficial do Real Club Celta de Vigo a partir de 1997. Representa a un afeccionado vestido co uniforme do equipo, gorra, bufanda e bandeira incluídas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que media na relación entre dúas persoas, especialmente na amorosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á orde ou regra dos celestinos.

    2. Relixioso da orde dos celestinos.

    3. Congregación eremita fundada en La Maiella (Os Abruzos, Italia) cara ao ano 1264 por Pietro del Morrone, que se convertería máis tarde no Papa Celestino V. Os celestinos seguiron a regra de Urbano IV e estiveron vinculados aos beneditinos. Espalláronse principalmente por Italia e Francia. A congregación disolveuse a comezos do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (422-432). Apoiou a Cirilo de Alexandría na polémica contra Nestorio, e enviou legados ao Concilio de Efeso (431). Enviou misioneiros a Escocia e a Irlanda. A súa festa celébrase o 27 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1143-1144). De nome Guido di Città di Castello, levantou a excomuñón ao Rei Luís VII de Francia, país no que fora legado papal en 1140.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1191-1198). De nome Giacinto di Pietro Bobo-Orsini, consagrou emperador a Enrique VI. Durante o seu pontificado tivo que sufrir as presións deste con respecto á súa política italiana (a anexión de Sicilia ao Imperio).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1241). De nome Goffredo Castiglioni, o seu pontificado durou quince días. Sucedeu a Gregorio IX. Foi elixido só por dez cardeais, pois o resto eran prisioneiros do Emperador Federico II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pontífice e santo. Co nome de Pietro del Morrone, Pietro Angeleri ou san Pedro Celestino, levou unha vida eremítica en La Maiella, nos Abruzos. Cara ao ano 1264 fundou a orde de eremitas de san Damián, chamados despois “celestinos”. Esta congregación, baseada na regra de Urbano IV, disolveuse a comezos do s XIX. Á idade de 79 anos (1294), nomeárono papa, pero renunciou ao pontificado aos cinco meses, presionado por Carlos II de Anjou e baixo consello do cardeal Gaetani (futuro Bonifacio VIII). Foi canonizado por Clemente V en 1313. Na iconografía represéntase cunha tiara papal aos seus pés (símbolo da súa abdicación), levando como atributo persoal unha pomba (alusión á súa elección popular ao papado). A súa festa celébrase o 19 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome procedente do latín Caelestinus, diminutivo de Caelestis. Presenta como hipocorísticos as formas Cilistro e Nuco, para o masculino, e Cilistra, para o feminino. Como prenome xa se atesta no s III pero popularizouse, sobre todo, a partir do século XV coa publicación de La Celestina (1499), obra de Fernando de Rojas. Pedro Celestino, futuro Celestino V (1215-1296), fundou a orde dos eremitas de san Damián. Na iconografía represéntase cunha tiara papal aos seus pés (símbolo da súa abdicación), e leva como atributo persoal unha pomba (alusión á súa elección popular ao papado). A súa festa celébrase o 19 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás celestrais.

    2. Planta da orde das celestrais.

    3. Orde de plantas, da subclase das rósidas, á que pertencen as familias das aquifoliáceas e das celastráceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual deste grupo de empresas, con sede en Vigo, editada a finais dos anos noventa do s XX, baixo a dirección de José I. García Lomas y Mata e Aniceto Puente Fernández. Inclúe artigos relacionados coa empresa e co eido industrial. Destaca polos seus artigos técnicos, ilustrados con fotografías en cor e múltiples gráficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. En 1689 encargouse da realización das imaxes de san Domingos, san Bieito, santo Agostiño, san Xacinto, san Ignacio de Loyola e san Pedro Nolasco, fundadores das ordes relixiosas que existían naqueles momentos en Santiago de Compostela. Estiveron inicialmente nun retablo trazado por Domingo de Andrade na igrexa de San Domingos de Bonaval que se trasladou á igrexa parroquial de Carril e, posteriormente, ás dependencias do antigo convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Percepción de sensacións internas que permite a apreciación da posición, do equilibrio e de cambios no sistema muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á cenestesia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo Sargadelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en 1902 froito da confluencia entre os ideais dos medios libertarios coruñeses e os do republicanismo local, particularmente os de ideario federal. Entre os seus animadores cómpre salientar, ademais dos membros do grupo anarquista Ni Dios ni Amo, como Xosé Sanjurjo ou Marcial Lores, a futuros edís republicanos, como Eduardo Corral, ou federalistas, como Eduardo López Budén. Aínda que a Germinal sempre se identificou co ideario libertario, tamén formaron parte das súas directivas sindicalistas da CNT, como Xoán No, Benito Couceiro, Manuel Montes ou Xacinto Méndez, e progresistas, como Luís Huici, que presidiu o Centro no ano 1932. Dende 1906 intelectuais como Uxío Carré e Anxo del Castillo fixeron posible a colaboración do Centro coa Universidade Popular; así xurdiu a posibilidade da transmisión de coñecementos ás clases populares coruñesas. Germinal, caracterizada pola convivencia de persoas con diferentes idearios, defendía o respecto aos principios do laicismo, a xustiza,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en 1955 polo cardeal Quiroga Palacios co obxectivo de converter Santiago de Compostela nun foco de cultura relixiosa e ciencia eclesiástica. Con axuda do cóengo e profesor do seminario compostelán, Manuel Rey Martínez, o centro organizou varios congresos de ciencias eclesiásticas e estudios xacobeos, amais da publicación da revista Compostellanum, composta por catro fascículos anuais, dous dedicados aos estudios xacobeos e outros dous relacionados coa ciencia eclesiástica. Nun principio esta institución financiouse coas axudas do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), pero despois pasou a depender economicamente da diocese, polo que se reduciu o número de publicacións, congresos e demais actividades. A revista Compostellanum continuou a publicarse con certa regularidade, aínda que diminuíu o número de fascículos anuais e a súa temática centrouse máis nos estudios xacobeos. A este centro de estudios estiveron vinculados eclesiásticos, como Pérez Millán,...

    VER O DETALLE DO TERMO