"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
GALICIA
Pintor e debuxante. Cultivou o retrato e a acuarela. Traballou como ilustrador en Galicia Moderna, Luz y Sombra e Bellas Artes.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do Oriente Medio que se estende desde o Mar Morto ao Golfo Pérsico e ao deserto Arábigo. O territorio repártese entre o S de Turquía, o N de Iraq e O de Irán. Está drenado polos ríos Tigris e Éufrates, o que o converte nunha rexión con chairas e vales ben regados, que viron nacer a agricultura no Neolítico. O seu nome fai referencia á riqueza agrícola das súas terras e á forma de media lúa que os dous cursos fluviais debuxan no seu percorrido. En 1943, o proxecto unitario árabe elaborado polo primeiro ministro iraquí Nuri al Said, preveu a formación dun estado que reagruparía todos os territorios do Crecente Fértil (Iraq, Líbano, Palestina, Siria e Transxordania). Malia o apoio do Reino Unido, que tentaba consolidar e estender a influencia da monarquía haxemí sobre o mundo árabe, a empresa resultou un fracaso, especialmente pola oposición de Arabia Saudí e Exipto.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. A súa obra caracterízase polo dominio do debuxo, da técnica e da cor. Cultivou os modos realistas e románticos, e nos seus bodegóns destaca a calidade matérica dos obxectos. Fundou en 1968 o grupo O Grilón, co que expuxo en diversas ocasións, como na Feria de Mostras do Noroeste e en Viveiro. Entre outras exposicións colectivas destacan a I Exposición de Artistas Ferroláns (A Coruña, 1960) e a III Bienal Nacional de Arte en Pontevedra (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dexeneración difusa do sistema nervioso central que aparece na idade adulta. É unha amiloidose cerebral de curso fatal causada por unhas proteínas con capacidade infectiva ou prións que se unen formando fibras e placas. Existen tres formas: unha esporádica, unha hereditaria e unha adquirida, na que o contaxio só pode ter lugar por contacto directo ou indirecto con materiais contaminados, como o tecido cerebral e a medula espiñal. Caracterízase pola presenza de buratos nos cerebros infectados que, observados ao microscopio, teñen aspecto de esponxas. Os síntomas nas primeiras etapas da doenza son a falta de memoria, os cambios de comportamento, a ataxia e as perturbacións visuais; posteriormente aparecen mioclonias, cegueira, debilidade das extremidades e coma. A única forma posible de diagnóstico é mediante unha biopsia ou unha autopsia cerebral. Pertence a un grupo de enfermidades coñecidas como encefalopatías esponxiformes transmisibles (EET), entre as que se contan tamén a encefalopatía...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza hereditaria caracterizada pola ausencia ou a carencia de actividade do enzima UDP-glucuroniltransferasa, necesario para a conxunción hepática da bilirrubina co glucuronato.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa da Terra formada por todos os puntos que están permanentemente cubertos de xeo. Comprende os glaciares e os dous casquetes polares. A súa extensión variou durante os diferentes períodos xeolóxicos. As variacións que experimenta en superficie e espesura inflúen no nivel dos océanos e dos mares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén cristais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
enterite rexional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén cromo.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo belga. Iniciou a súa carreira aos catorce anos no Théâtre des Bouffes-Parisiens e destacou ao pouco tempo como un autor especializado no campo da traxicomedia e da farsa, ademais de realizar diversos traballos como director de escena. Entre as súas obras máis representativas cómpre salientar Nous n’irons plus au bois (1906), Le sculpteur de masques (1908), Le Marchand de regrets (1913), Le cocu magnifique (1921) ou Chaud et froid (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capa da atmosfera dunha estrela, entre a capa inversora e a coroa. En concreto, a cromosfera solar pódese observar durante as eclipses solares. Ten unha cor vermella máis ou menos viva e un grosor duns 5.000 km. No seu interior orixínanse xeralmente as protuberancias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que leva a cruz nas cerimonias relixiosas.
-
-
Que ten ou presenta a insignia da cruz.
-
brasicáceo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Milladoiro do Foncebadón (municipio de Santa Coloma de Somoza, na provincia de León, Castela e León) que sinala a entrada na comarca do Bierzo polo Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Situado a 240 km de Santiago de Compostela, os seus 1.504 m de altitude constitúen o teito da ruta francíxena na Península Ibérica. A cruz de ferro situada sobre un mastro de varios metros de altura chantouse para que os peregrinos puidesen ter unha referencia da ruta nos días nos que o camiño estaba cuberto pola neve. Ao pé da cruz os peregrinos foron deixando pedras que simbolizaban a súa carga penitencial, que abandonaban ao chegar ao punto máis alto da peregrinación e, á vez, á porta do “Reino do Señor Santiago”, en referencia ao Reino de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Orde civil e militar instituída en 1813 polo Rei Federico Guillerme III de Prusia para recompensar os méritos militares na guerra contra Francia. En 1814 premiou o mérito civil. A condecoración é unha cruz teutónica grega cunha coroa real, a letra W, inicial de Wilhem (Guillerme) no centro, e a cifra 1870 na parte inferior do brazo inferior. Hitler cambiouna pola cruz gamada e a partir de 1956 foi substituída por unha folla de carballo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín editado polo Ateneo de Ferrol a partir de marzo de 1980 e dirixido por Xosé A. Ponte Far. Inclúe numerosos artigos sobre autores galegos e información sobre publicacións, ciencias e humanidades, teatro, cine, música e artes plásticas. Contou coas colaboracións de Francisco Fernández del Riego, Xosé Neira Vilas, Manuel Lueiro, Ánxel Fole, García-Sabell, Paz Andrade, Ramón Piñeiro, Carballo Calero, Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo, Xavier Costa Clavell e Manuel Colmeiro, entre outros. A partir do outono de 1981 converteuse nunha publicación monográfica editada anualmente. No seu primeiro número reimprimiuse o libro de poesía Fardel de eisilado, de Luís Seoane, e o boletín de 1983 dedicouse á obra de Lorenzo Varela, Luís Seoane e Rafael Dieste. Os seguintes números ofreceron información sobre a historia do Ateneo, a arte e a xeografía urbana da cidade e a figura de Concepción Arenal, entre outros temas.
-
-
Que contén cuarzo.
-
Formado principalmente de cuarzo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten cunchas.
-
PERSOEIRO
Filólogo brasileiro. Licenciouse en Dereito e en Filosofía e Letras pola Universidade de Rio de Janeiro. Doutorouse en 1945 coa tese O cancioneiro de Paay Gómez Charinho, trovador do século XIII. Aspectos literários. Texto crítico. Foi profesor na facultade de Letras da Universidade Federal de Rio de Janeiro desde 1956, no Colégio Pedro II de Rio de Janeiro e noutras universidades europeas como a Sorbonne de París, a de Colonia ou a de Lisboa. Ocupou tamén importantes cargos na vida política e cultural de Brasil: secretario xeral de Educación e Cultura do Governo Provisório do Estado de Guanabara, membro do Conselho Federal de Educação e do Conselho Federal de Cultura, director da Biblioteca Nacional e membro da Academia Brasileira de Letras. Os inicios da súa actividade investigadora están relacionados coa lírica galego-portuguesa, especialmente coa crítica textual: O Cancioneiro de Joan Zorro. Aspectos lingüísticos. Texto crítico. Glossário (1949) e O Cancioneiro de Martin Codax (1956)....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén cobre.