"ILE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • Antiga cidade de Asia Menor que está situada na desembocadura do río Meandro. Entre os ss XIII e XIV a C poboárona colonos gregos que procedían de Ática e Beocia, e nos ss VIII e VI a C adquiriu o máximo desenvolvemento grazas á importancia do comercio e da exportación de la e cerámica. Foi un dos lugares máis destacados da civilización grega coa súa escola filosófica. Conquistárona os persas, recuperouna Alexandre o Grande (334 a C) e pasou ás dinastías dos ptolomeos, dos seléucidas e dos atálidas, que a fixeron prosperar. Integrouse no Imperio Romano en 78 a C e foi un centro importante do cristianismo a finais do s VII, cando se produciron as invasións musulmás. Conserva restos arqueolóxicos destacados, como a ágora, o teatro romano e outros edificios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola filosófica presocrática fundada en Mileto. Os seus membros esforzáronse en probar o principio único de onde proveñen todas as cousas substituíndo os mitos sobre a orixe do Universo por unha explicación física e material. Tales considerou que este principio primeiro era a auga que, mediante un proceso de condensación, se convertía en terra, aire e lume. Anaximandro indentificou o elemento primitivo co ilimitado (‘ά), entendido como a materia infinita susceptible de producir sempre seres novos, e Anaxímenes considerou o aire como o principio de todas as cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Georgi Kasabov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da illa e do nomós de Lesbos, Grecia, situada na rexión de Exeo Meridional, na costa oriental, sobre un promontorio que foi orixinariamente unha illa (23.971 h [1991]). Está dominada por un castelo medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que foi coñecida a partir da Idade Media a illa de Lesbos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Alabama, EE UU, situada no delta do río Alabama, na baía homónima (196.280 h [1990]). Tivo un gran desenvolvemento industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten un cotiledón.

      1. Relativo ou pertencente ás monocotiledóneas.

      2. Planta da clase das monocotiledóneas.

      3. Clase de anxiospermas caracterizada polo embrión, dun só cotiledón, a raíz fasciculada, o tallo, con feixes condutores pechados e dispersos, a ausencia de crecemento secundario, as follas case sempre sésiles e paralelinervias e as flores xeralmente trímeras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao monofiletismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría evolucionista filoxenética na que se supón que un grupo taxonómico deriva dunha única forma fundamental antecesora común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Ingresou no PSOE e na UGT en 1978, foi elixido alcalde de Cornellà de Llobregat (1985-2004) e membro da comisión executiva federal do PSOE desde 2000. Presidente da Diputación de Barcelona (2003-2004), foi nomeado ministro de Industria, Comercio e Turismo en 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado en La Campiña, ao NL de Puente Genil (3.730 h [2001]) A economía baséase sobre todo na agricultura e na gandaría. Tamén destaca a produción de aceites e viños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Foi catedrático de Historia Moderna da Sorbonne (1955-1977) e especializouse no Antigo Réxime francés. Escribiu, entre outros, Le XVIIIe siècle: l’Epoque des Lumières (1953), Les XVIe et XVIIe siècles (1954), Fureurs paysannes (1967), La monarchie absolue en Europe du Ve siècle a nos Jours (1982) e Monarchies et Royautés (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pipa oriental para fumar tabaco, formada por un longo tubo flexible, un recipiente onde se queima o tabaco e outro con auga perfumada, a través do que pasa o fume.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuberta exterior dunha fibra nerviosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica e cantante. Coñecida como Imperio Argentina, actuou no teatro de variedades por América do Sur e España. Debutou no cine con La hermana San Sulpicio (1927), e destacou polos seus papeis en comedias ou en películas folclóricas ambientadas en Andalucía, como Morena Clara (1936) ou Carmen, la de Triana (1938). Recibiu o Premio Goya en recoñecemento á súa carreira cinematográfica (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e aeronauta italiano. Dirixiu a parte técnica da industria aeronáutica italiana durante a Primeira Guerra Mundial. Formou parte da primeira expedición polar efectuada con dirixible, que voou sobre o Polo Norte, con R. Amundsen, no mes de maio de 1926. Noutra viaxe (1928), o seu dirixible estrelouse no Ártico e foi rescatado despois de longas peripecias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos odocoileínos.

    2. Mamífero da subfamilia dos odocoileínos.

    3. Subfamilia de mamíferos artiodáctilos, da familia dos cérvidos, que presenta o corpo de talle mediano e de formas variables e os ósos metacarpianos segundo e quinto só no seu extremo distal. Distribúese por Europa, América e Asia setentrional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de ruminantes artiodáctilos, da familia dos cérvidos, de corpo esvelto e pelame curto. Os machos presentan unha cornamenta coa parte posterior menos desenvolvida ca a anterior que está dirixida cara a arriba e adiante. Distribúense por todo o continente americano e algunhas especies foron introducidas no N de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Combateu a política de Napoleón III ata que, como consecuencia do cambio de réxime cara a formas liberais (1860), se adheriu a el (1866). Nomeado ministro de Xustiza e Cultos e xefe de goberno, ao producirse a crise franco-prusiana, aceptou a posibilidade da guerra, e foi obrigado a dimitir (9 de agosto de 1870).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense que se inaugurou en 2001. Foi construída segundo un deseño futurista de Álvaro Varela, no que destaca a pasarela que o circunda, con máis dun 60% de pendente. Está aberta ao tránsito de vehículos e persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO