"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Práctica do turismo con bicicleta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina ou tendencia positivista que propugna que a ciencia é capaz de resolver todas as cuestións que a intelixencia humana poida suscitar, mesmo as consideradas tradicionalmente como metafísicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Literatura ou arte que floreceu no s XVI.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento asociativo que ten como finalidade a difusión da arte cinematográfica. En Galicia, arredor dos anos vinte, Johán Carballeira, manifestou a súa aposta polo cineclubismo como vieiro de acceso, seguindo o exemplo madrileño do cineclub vinculado á revista La Gaceta Literaria de Ernesto Giménez Caballero, a unhas cinematografías europeas de vangarda que non tiñan espazo nas salas comerciais. De seguido, pasou a demandarlles aos empresarios máis poderosos, como no caso de Isaac Fraga Penedo, o seu apoio ao establecemento de cineclubs nas cidades galegas. Ata os primeiros anos da Segunda República non comezou o desenvolvemento dunha actividade cineclubista estable. Durante o período do Bienio Reformador (abril de 1931-novembro de 1933), a exhibición en versión orixinal de películas soviéticas e tamén doutros grandes filmes europeos do momento atopou un oco, malia a introdución da dobraxe, en determinadas salas galegas no medio da programación convencional, grazas ao labor dalgúns distribuidores...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia manifestada por certos organismos vivos a desprazarse e a seguir obxectos ou seres en movemento.
-
-
Doutrina da escola cínica.
-
Calidade de cínico. Ex: Cando lle pregunto respóndeme sempre con moito cinismo.
-
-
-
Escisión formal dun grupo respecto ao conxunto dunha comunidade relixiosa polo rexeitamento dalgúns dos seus elementos esenciais, que dá lugar á creación dunha nova comunidade. Ao longo da historia presentouse como a resistencia a aceptar a autoridade do Papa (Cisma de Oriente e Cisma de Occidente).
-
Arredamento dunha corrente ou dun movemento político, artístico ou doutro tipo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Idea repetitiva que se fixa na mente dunha persoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Separación da unidade dos cristiáns de Occidente provocada pola existencia, entre 1378 e 1417, de varios papas simultáneos, residentes en Roma e Aviñón. A estancia dos papas na sede de Aviñón, que supuxera a modernización do sistema de goberno e administración da igrexa, asumindo o poder temporal, ocasionou a perda de boa parte do contido espiritual da súa misión. Á morte de Gregorio XI produciuse un conclave inmediato, no que foi elixido papa Urbano VI que se instalou en Roma, pero un grupo de cardeais, que votaran coaccionados, elixiron o cardeal francés Roberto de Xenebra, que se estableceu en Aviñón co nome de Clemente VII. O papa romano contou co apoio de Italia, Inglaterra, Irlanda, o imperio alemán, os reinos de Europa central e do norte e Portugal. Mentres, o papado de Aviñón, protexido por Francia, foi recoñecido por Savoia, Escocia e Nápoles e posteriormente por Castela, Navarra e a Coroa catalano-aragonesa. A Urbano VI sucedeuno, en Roma, Bonifacio IX (1389-1404), Inocencio VII...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ruptura entre o cristianismo latino e o cristianismo bizantino no s XI. O termo, inadecuado historicamente, mantense por tradición. A separación do Oriente e o Occidente cristiáns foi un proceso lento, continuo e complicado, que abrangueu dende o s IV ata o s XV. As diverxencias entre as igrexas latina e grega, comezaron a partir do s V, cando o papado se opuxo ás pretensións hexemónicas do patriarca de Constantinopla sobre Oriente (rexeitamento do Papa León I do canon 28 do Concilio de Calcedonia). A polémica foi continua e pasou por momentos de ruptura como a producida no 484, co motivo da aceptación pola igrexa oriental dunha fórmula dogmática de conciliación cos monofisitas, que Roma rexeitou. O cisma durou ata o 518. No s IX xurdiu un novo conflito polo nomeamento como patriarca de Constantinopla a Focio (858-867, 877-886) un xefe laico da Chancelería real. Mentres, desde Roma, Nicolás I (858-867) defendía a teoría do primado de Roma e reclamaba unha xurisdición universal, en Oriente...
-
-
Meditar con insistencia e con detención nalgunha cousa sobre a que hai unha gran preocupación.
-
Provocar discrepancias no seo dun grupo. Ex: Cismou ata conseguir que todos acabasen enfadados.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao cisma. Ex: Foi acusado de espallar doutrinas cismáticas entre os fieis.
-
Que ou quen crea ou segue un cisma. Ex: A Igrexa castigou duramente os relixiosos cismáticos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten unha cisma.
-
-
2 cismático.
-
Que ou quen provoca a discordia dentro dun grupo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cismeiro.
-
-
Celo polos intereses, os ideais e as institucións do Estado. Ex: Ambos os dous partidos acusáronse de falta de civismo.
-
Calidade do cidadán que cumpre cos seus deberes e responsabilidades de cara á comunidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría, formulada en 1950 polo entomólogo alemán Willi Hennig, que propón a clasificación dos seres vivos segundo as relacións filoxenéticas, establecidas cara á busca de parentesco das especies nas coincidencias morfolóxicas, fisiolóxicas e bioquímicas homólogas.
-
-
Calidade de clásico. Ex: O edificio lembra o clasicismo da arquitectura grega.
-
Corrente estética que identifica a beleza artística coa observación de certas leis inviolables. Fundaméntase na imitación dos modelos gregos e romanos e na regulamentación da arte mediante as leis do ideal artístico, a harmonía e a proporción. Este xeito de entender a arte existiu en todas as épocas, aínda que o termo clásico tomou o seu significado da Grecia dos ss VI e V a C. Está ligado aos conceptos moralistas da época en que se desenvolve. A doutrina oposta é o barroquismo, que fai dubidar da validez das leis estritas e busca formas novas coa xeración dunha arte dinámica e cambiante. Pola contra, o clasicismo é sempre máis repousado e harmónico, porque a súa expresión artística descansa nunhas leis e principios inamovibles. Segundo esta definición enténdense como clasicistas as escolas artísticas sumeria e exipcia, anteriores á Grecia clásica, Roma, o románico, o gótico, o renacemento, o estilo francés do s XVII, o neoclasicismo e o academicismo ecléctico do s XIX e tamén o realismo...
-
Termo que alude aos modelos, temas e convencións estéticas da tradición grecolatina e á súa influencia na literatura posterior, que defende a imitación dos moldes clásicos como base da creación literaria fronte á innovación. A norma estética clasicista, vixente dende a Idade Media, valora o equilibrio formal, a proporción e o decoro, atribuídos á literatura clásica, como ideais compositivos. A aparición de numerosos comentarios á Poética de Aristóteles e á Ars Poetica de Horacio a partir do s XVI, exerceu unha enorme influencia na concepción artística do momento. O clasicismo conviviu coas manifestacións barrocas do s XVII e rexurdiu no s XVIII, coa Ilustración e co neoclasicismo. No s XIX a denominación aplicouse, non tanto á imitación de modelos grecolatinos, como á tendencia que se opuña aos postulados do romanticismo e aos valores que comportaba (liberalismo, revolución, democracia, etc).
-
Período comprendido dende a segunda metade do s XVIII ata principios do s XIX. Historicamente o s XVIII, chamado Século das Luces, foi testemuña do nacemento das correntes liberalizantes e do progresivo protagonismo dos colectivos burgueses, afastados da vida cortesá, que implicou a aparición dunha serie de correntes humanistas, liberais e cosmopolitas. As inquietudes e preocupacións destes grupos estendéronse a toda a sociedade, que viviu cambios fundamentais debido á presión contra a nobreza; á ciencia, que experimentou un importante desenvolvemento; e ás artes, aspecto anteriormente exclusivo da alta sociedade absolutista. Paralelamente, aumentou o interese da masa social pola cultura e polas súas manifestacións, e rexistrouse o nacemento dun novo tipo de público que reclamaba a súa entrada no mundo da música que antes lle negaran. Na mesma dinámica de iniciativas progresistas, creáronse diversas sociedades musicais que promoveron celebracións e actividades. En contraposición co Barroco,...
-
Corrente estética que predominou en Francia durante o reinado de Luís XIV e que afectou á arte e á literatura. Converteuse na arte oficial da corte francesa. A importancia crecente de París favoreceu esta idea. Ademais das razóns de orde estética e artística, contribuíron a convertela na arte oficial a existencia dunha sociedade cortesá que absorbía os artistas e a creación dun mercado da arte xa durante a primeira metade do s XVII. As artes apoiáronse nas regras da Academia propostas por Charles Le Brun, que integraba a alegoría na representación da Historia, coa procura du-nhas normas estéticas e dun didactismo político paralelo ao didactismo relixioso da Contrarreforma. A pintura gravitou sobre a base dos Le Nain, Simon Vouet, Philippe de Champaigne e Claude Lorrain. Non obstante , foi Nicolas Poussin quen acadou a forma e o espírito clásico, coa personalización das regras académicas e cu-nhas constantes clásicas que se desenvolveron plenamente no neoclasicismo. Na escultura, o clasicismo...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema que ten como obxecto manter o predominio dunha clase social sobre as outras ou facer permanentes as diferencias entre as clases.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comportamento político mantido, dentro dun estado laico, polo clero e os fieis laicos dunha igrexa co fin de favorecer os seus intereses espirituais e materiais. Como obxectivos máis concretos, o clericalismo tenta acadar o dominio da educación, o mantemento das leis católicas do matrimonio e a unión da Igrexa e o Estado. O uso do termo presupón unha separación entre Igrexa e Estado, algo que, de feito, non se dá en Europa ata a Revolución Francesa. A vella escola liberal vía a orixe teórica do clericalismo no Syllabus (1864) de Pío IX, pero o certo é que na práctica acontece en Europa desde moito antes, como exemplifica o caso galego. O clericalismo en Galicia ten como características fundamentais o servizo á sociedade civil no terreo administrativo e económico e a tendencia maioritaria do clero a identificarse co poder político. Historicamente, os primeiros signos documéntanse na organización parroquial bracarense do s VI que se mantén practicamente igual. Na Idade Media a fundación de...