"Lor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 863.

  • Roger de Flor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga divindade latina que representaba o eterno renacer da vexetación en primavera, e por iso, presidía a floración dos cereais, das viñas, das árbores froiteiras e das plantas de adorno en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asteroide número 8 do catálogo. Foi descuberto polo astrónomo británico John Russell Hind (1823-1895) desde Londres o 18 de outubro de 1847. A súa órbita ten unha excentricidade de 0,157, e o semieixe maior vale 2,201 UA. Ten un período de revolución de 1.193 días e a súa magnitude media é de 8,9.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conxunto de especies vexetais que medra nunha rexión ou nun territorio.

      2. Estudio da flora dunha rexión ou dun territorio.

      3. Obra que trata das especies vexetais dunha rexión ou dun territorio.

      1. Conxunto de microorganismos dun órgano ou dun medio.

      2. flora gastrointestinal

        Conxunto das bacterias do tracto gastrointestinal dos vertebrados que fermentan restos orgánicos non dixeridos, que despois formarán parte dos excrementos. A flora gastrointestinal varía nas distintas especies de animais e tamén en función da súa dieta, pero un dos integrantes máis característicos é a especie Escherichia coli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que ten a súa orixe no latín Flora, nome persoal moi espallado entre os romanos, motivado pola deusa romana da primavera; etimoloxicamente, relaciónase coa raíz da palabra latina flos, floris ‘flor’. No ano 238, trala perda das colleitas, erixíuselle en Roma un templo xunto ao Circo Máximo e reformouse o culto, que pasou a celebrase o 28 de abril. As festas, chamadas Ludi Florales (ou Xogos florais ou de Flora), exaltaban a natureza para pedirlle a completa floración das plantas e dos froitos. A súa festividade celébrase o 24 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir, filla de pai musulmán e nai cristiá. Foi delatada ao cadí polo seu propio irmán, musulmán. Golpeárona brutalmente na cabeza e, tempo despois, presentouse ao tribunal cunha compañeira, e foron as dúas decapitadas (851). Na iconografía viste túnica e palio, como as doncelas romanas, e leva como atributos persoais, un alfanxe dos mouros e ás veces unha ave de rapina. A súa festividade celébrase o 24 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de formación das flores que comporta a transformación da xema vexetativa en xema floral. Isto implica un cambio no meristema da xema, fórmanse o periantio, os estames e os carpelos. Na maioría das plantas a floración depende do fotoperíodo (ciclos de día longo ou curto) e da temperatura (alta ou baixa). As condicións axeitadas de fotoperíodo e de temperatura dan lugar á síntese de fitohormonas, que inducen á floración. Non obstante , algunhas especies son indiferentes a estas variables ecolóxicas, e dependen só do estadio de crecemento da planta. Tamén se denomina florescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á flor ou ás flores.

    2. Festas e xogos que celebraban os romanos en honor de Flora, deusa da vexetación e da primavera. No s XIX reapareceron en Provenza, limitadas a certames literarios en lingua provenzal, e estendéronse a outros lugares como Catalunya e Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do departamento do Mosela, en Lorena, Francia (11.304 h [1990]). É un núcleo de industrias de cemento, destilerías, química e metalúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á peza ou figura que ten as extremidades acabadas nunha flor de lis.

    2. Aplícase ao campo ou á peza sementados de flores de lis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de florear.

    2. Que ten debuxos de flores.

    3. Aplícase ao estilo ou á lingua con moitas figuras retóricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oitavo mes do calendario republicano francés (1792-1805) que corresponde co intervalo que vai do 20 de abril ao 20 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adornar unha cousa con flores pintadas, esculpidas ou bordadas.

    2. Obter, por medio da peneira, a fariña primeira e máis sutil.

    3. Adornar a linguaxe con figuras literarias.

    4. Adornar unha melodía con notas suplementarias.

    5. Facer vibrar a punta da espada ou doutra arma, especialmente en esgrima.

    6. Botar flores unha planta.

    7. Facer soar dúas ou tres cordas da guitarra con tres dedos de xeito continuo, repetindo unha figura musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de florecer.

    2. florescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que florece.

    2. Que está en proceso dun próspero ou gran desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Botar flores unha planta.

    2. Prosperar ou acadar algo ou alguén un desenvolvemento notable.

      1. Xurdir algo ou alguén.

      2. ivir unha persoa e producir obras nunha época ou nun lugar determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que se dedica a vender flores.

    2. Recipiente que se usa para poñer flores.

    3. Persoa ou cousa que só serve para adornar, ou sen utilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da Toscana e da provincia de Florencia, Italia, situada nunha ampla chaira aluvial ao pé dos derradeiros contrafortes da cadea subapenina, na beira dereita do Arno (413.069 h [1991]). Importante centro artístico, cultural e turístico, conserva en rúas e pazos un carácter renacentista sobre un fondo medieval. O seu desenvolvemento moderno iniciouse durante a época na que detentou a capitalidade do Reino de Italia (1865-1870), pero foi desde 1900 en diante cando tivo un grande incremento. Na actualidade é un gran centro comercial e de servicios, onde a artesanía ocupa aínda unha posición importante dentro da actividade económica, e un núcleo industrial destacado. Fundada polos romanos no 59 a C co nome de Florentia, non tivo grande importancia ata a Idade Media, cando pasou a formar parte do marquesado de Toscana. Trala morte da condesa Matilde de Canossa (1115), consolidou a súa autonomía e converteuse nunha república gobernada por cónsules que pertencían á aristocracia e eran sostidos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da Toscana, Italia, (3.514 km2; 967.437 h [1991]). A capital é Florencia. En 1993 Prato separouse e converteuse nunha provincia nova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Décimo sétimo concicilio ecuménico, iniciado en 1431 en Basilea, trasladado a Ferrara en 1437, a Florencia en 1439 e a Roma en 1443, onde rematou tres anos máis tarde. Tivo como tema central a unión entre as igrexas de Oriente e a latina. As dificultades económicas do papa obrigaron a trasladar o concilio a Florencia. Os temas sucesivamente estudiados foron a doutrina sobre a orixe do Espírito Santo e o engadido do filioque, o valor da epíclese grega, o primado do bispo de Roma e algunhas cuestións referentes ao purgatorio. En xullo de 1439 foi asinada polos presentes a bula de unión Laetentur coeli, e despois os decretos de unión con outras igrexas de Oriente: armenios, en novembro de 1439, coptos, en febreiro de 1444, sirios, en abril de 1444, e maronitas de Chipre, en agosto de 1445. Ás moitas dificultades para facer aceptar o concilio, engadiuse, en 1453, a caída de Constantinopla, que deu forza aos antiunionistas, que refusaron o concilio en 1848.

    VER O DETALLE DO TERMO