"SS" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1221.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doce elaborado con follado ou con pasta preparada con levadura, fariña, leite e manteiga. Córtase en triángulos, que se envolven dándolles a forma de media lúa no cuarto crecente. Adóitase consumir no almorzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Competición deportiva celebrada en terreo de campos e bosques. Denomínase tamén cross-country, abreviación do inglés across the crountry (‘campo a través’), e consiste nunha carreira de fondo pedestre, ciclista ou hípica, na que hai que salvar os obstáculos naturais. A competición atlética é unha carreira que se disputa nun circuíto que atravesa lugares despoboados e non pavimentados. Constitúe unha das especialidades máis antigas do atletismo. Xeralmente son carreiras de fondo, con distancias de varios quilómetros. No calendario internacional para as competicións de campo a través adoitan reservarse os meses do inverno no hemisferio boreal, cando as actividades na pista ao aire libre resultan desaconsellables polas circunstancias atmosféricas adversas nas latitudes medias e altas. As federacións internacionais celebran anualmente campionatos de Europa e mundiais, individuais e por equipos, desta disciplina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Nixeria (20.156 km2; 2.085.926 h [estim 1995]). A capital é Calabar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe simultáneo de contraataque, no deporte do boxeo, no que se cruzan os brazos dos adversarios.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Henri-Edmond Delacroix.
-
VER O DETALLE DO TERMO
entrecruzamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
idro óptico moi fusible e pouco dispersivo, cun índice de refracción de 1,5 a 1,6. Combinado con vidro flint-glass permite obter sistemas ópticos acromáticos. Tamén se denomina crown.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación dos viños de Bordeos máis exquisitos, habitualmente considerados como máximos en calidade entre toda a produción mundial de viños. As etiquetas lendarias Haut-Brion, Lafite-Rothschild, Latour Margaux, Mouton Rothschild, Châteaux Petrus e Le Pin reciben esta cualificación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores da familia das cupresáceas ao que pertence o ciprés de Leyland.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores da familia das cupresáceas que se coñecen co nome de ciprés.
-
DIARIOS
Diario británico fundado en 1900 por Arthur Pearson que forma parte do grupo xornalístico Express, editor tamén de Sunday Express e Daily Star. Introdutor das técnicas periodísticas norteamericanas, ao agrupar na primeira páxina os títulos das noticias máis importantes do día, en 1912 sufriu a súa primeira gran transformación da man de lord Beaverbrook. Conseguiu ser durante a Segunda Guerra Mundial o diario líder e chegar aos tres millóns de exemplares diarios en 1964. Malia que en 1968 ocupaba o segundo lugar en número de vendas, despois do Daily Mirror, a finais dos anos noventa iniciou un declive no que apenas tiña unha tiraxe dun millón. Dirixido por Rosie Boicott, caracterízase por ser un xornal achegado politicamente ao centro esquerda. En novembro de 2000, o empresario Richard Desmond, propietario da compañía Northern & Shell e da publicación OK!, mercou este grupo xornalístico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor grego. Atribúeselle o grupo escultórico de Deméter, Ártemis Despoina e Anito, localizado en Licosura (Arcadia), do que se conservan tres cabezas monumentais no Museo Nacional de Atenas. Esculpiu tamén estatuas de madeira con cabeza, mans e pés de mármore.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Coñecido como Kirk Douglas, estudiou letras na Saint Lawrence University e interpretación na American Academy of Dramatic Art. A principios da década dos corenta debutou en Broadway con papeis secundarios. Comezou no cine con pequenas aparicións en The Strange Love of Martha Ivers (O estraño amor de Martha Ivers, 1946) e Out of Past (Retorno ao pasado, 1947). Durante os anos cincuenta e a primeira metade dos sesenta protagonizou gran cantidade de películas, entre as que destacan Along the Great Divide (Camiño da forca, 1951), The Big Carnival (O grande entroido, 1951), The Big Sky (Río de sangue, 1952), Man Without a Star (A pradería sen lei, 1955), Lust for Life (O tolo de pelo vermello, 1956), Paths of Glory (Sendeiros de gloria, 1957) ou Spartacus (1960). Tamén participou noutros títulos como The Arrangement (O compromiso, 1969), The Fury (A furia, 1978),...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta noruegués. Pastor protestante, escribiu poemas de cariz relixioso-popular para a educación do pobo e un catecismo protestante en verso. Así mesmo, publicou Nordlands Trompet (A trompeta de Nordland, 1739).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro aeronáutico. Interesado desde novo pola aviación, desenvolveu melloras nos avións franceses da Primeira Guerra Mundial. Desde 1945 construíu un holding industrial e financeiro moi diversificado, que tiña como núcleo a sociedade Avions Marcel Dassault, que realizou os modelos dos grandes cazas Mirage e Mystère.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director cinematográfico estadounidense. Comezou como realizador nos EE UU, pero en 1950, presionado polo maccarthismo, estableceuse en Europa. Deste xeito continuou a súa carreira con diferentes filmes, como Night and the City (1950); Du Rififi chez les hommes (1955), premiada no festival de Cannes; Phaedra (1962); Topkapi (1964) e Circle of Two (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico francés. Realizou estudios na Université de Paris, onde se doutorou en 1945, e no Harvard Medical School. Os seus traballos máis importantes están dedicados ao estudo dos antíxenos de superficie dos leucocitos e á localización dos xenes que controlan a súa produción e transmisión hereditaria. Membro do Comité de Bioética da UNESCO. No ano 1980 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, que compartiu con G. Snell e B. Benacerraf.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico norteamericano. Realizou estudios nas universidades de Chicago e Princeton, onde se doutorou en 1911. Foi profesor de física no Carnegie Institute of Technology (1911-1917) e, posteriormente, traballou no departamento de enxeñería da Western Electric Company e na University of Virginia. Realizou numerosas investigacións no campo da emisión termoiónica dos metais e foi un dos precursores da microscopia electrónica. Investigou, xunto con L. H. Germer, a difracción dos electróns. En 1937 compartiu con sir George Thomson o Premio Nobel de Física polos seus traballos sobre a difracción electrónica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Experimento efectuado en 1927 por C. J. Davisson e L. H. Germer que serviu para demostrar que as partículas de materia, baixo determinadas condicións, presentan un movemento ondulatorio. Ao bombardear un cristal de níquel cun feixe de electróns, observouse na placa receptora que os electróns resultaban difractados pola rede cristalina; este fenómeno significou a comprobación experimental da hipótese De Broglie.
-
PERSOEIRO
Pedagogo e psicólogo francés. Doutorouse en Letras en 1937, despois de exercer como profesor na Escola Normal. Ensinou pedagoxía e psicoloxía na Universidade de Estrasburgo (1945-1956) e, despois, foi catedrático de Ciencias da Educación na Sorbonne e desempeñou o cargo de director do laboratorio de pedagoxía. Centrou os seus estudios na adolescencia e, sobre todo, nos intereses e necesidades desta etapa e no seu aproveitamento pedagóxico. É autor, entre outras, de La crise d’originalité juvénile (1937), Comment étudier les adolescents (1938), Les étapes de l’éducation (1952), La psychologie de l’enfant (1956) e Traité des sciences pédagogiques (1969), en colaboración con Gaston Mialaret, unha extensa enciclopedia que trazaba o panorama das ciencias da educación nos pasados anos setenta.
VER O DETALLE DO TERMO