"Sion" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 507.

  • Ser a causa ou o motivo dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Morte violenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ocluír ou ocluírse.

    2. Peche das marxes dunha abertura natural, como a dos beizos ou a das pálpebras.

    3. Trazo articulatorio que consiste nunha interrupción completa da corrente fónica nun punto calquera das cavidades supraglóticas e mesmo infraglóticas , nalgunhas linguas. Durante esta interrupción pode haber vibracións vocálicas e abertura simultánea da canle rinofarínxea.

      1. Burbulla ocluída que aparece na superficie sólida dunha peza metálica de fundición.

      2. Fenómeno que consiste na disolución de gases en metais que orixina compostos intersticiais.

      3. Inclusión de anións ou catións estraños no seo dun precipitado a causa do crecemento demasiado rápido deste. Pode ser considerada como un tipo de coprecipitación.

    4. Límite de aire que se forma cando unha  fronte fría alcanza a unha fronte cálida e eleva o aire cálido situado detrás del.

      1. obliteración.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de omitir.

    2. Aquilo que se omite.

      1. Delito ou falta que consiste en deixar de facer dolosamente ou con culpa aquilo que se debe facer por lei. A infracción debe estar prevista e penada por unha lei penal.

      2. omisión de socorro

        Delito que consiste en non auxiliar a unha persoa desamparada que se atopa en grave e manifesto perigo, cando se pode facer sen risco propio.

    3. Transgresión, moralmente imputable, que consiste en deixar de facer o que é debido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de oprimir.

      1. Acción política en que se dá un abuso de autoridade e os cidadáns son desposuídos dos seus dereitos fundamentais.

      2. Estado en que se atopa quen está sometido a esta acción.

    2. Sensación que experimentan algúns enfermos por falta de aire ou por dificultades respiratorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conca que está formada por unha depresión topográfica por cuxo fondo discorre o río Miño tras a súa confluencia co Sil, cunha altitude comprendida entre os 100 e os 350 m. Esta depresión esténdese cara ao S e segue o val do río Barbaña, afluente do Miño, e abrangue os concellos de Toén, Barbadás, San Cibrao das Viñas, Taboadela e O Pereiro de Aguiar. O sector N perfílase como unha extensa plataforma que cara ao S descende en inclinadas ladeiras cara ao curso do Miño. No sector central, coincidindo co curso do río Miño, está o concello de Ourense. No sector oriental as aliñacións montañosas pechan a conca polo NL, cara aos montes da Peroxa, por onde entra o Miño por un tramo aínda encaixado. Cara á veciña comarca do Ribeiro, o val ábrese máis suavizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa de reformas imposto polos nobres a Enrique III de Inglaterra, en 1258, que pode ser considerado a primeira constitución escrita do país. O documento creaba un consello de quince nobres para controlar a política do goberno, obrigaba ao rei a convocar o Parlamento tres veces ao ano e reducía os seus poderes sobre a administración local e o sistema de impostos. Foron abolidas en 1266.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político español que, durante a Restauración, alternou no goberno co Partido Conservador. Formouse en 1880, ao redor do grupo constitucional de Práxedes Mateo Sagasta. Ideoloxicamente case non se distinguía do Partido Conservador, malia que acentuaba algúns principios de carácter liberal e que era menos autoritario no exercicio do poder. Desde a morte de Sagasta (1903) o partido escindiuse entre os centristas (con Álvaro de Figueroa y Torres, conde de Romanones) e os radicais (con Xosé Canalejas Méndez). Finalmente impúxose X. Canalejas, ata que o seu asasinato (1912) e as diferenzas entre dirixentes debilitaron o partido, que xa decaera cando se produciu a crise de 1917 e o final da alternancia dos partidos no poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ás paixóns, especialmente ao amor.

      2. Que se deixa levar pola paixón e os sentimentos de forma desenfreada.

      3. crime pasional

        Crime ocasionado pola paixón amorosa, erótica, ou influído por ela.

    1. Aplícase a un dos oito tipos caracterolóxicos de Heymans-Wiersma-Le Senne, nos seus estudos sobre o carácter.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Isidora Ibárruri Gómez.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Libro litúrxico que contén os relatos da paixón dos mártires, colocados segundo o calendario do santoral, para o oficio matinal, e na liturxia hispana, galicana e ambrosiana, tamén na misa. O primeiro pasionario coñecido é da fin do s VII e os máis antigos de tipo hispánico son do s X.

    2. Libro litúrxico que narra a Paixón de Xesús Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente á orde pasionista.

      2. Membro da orde relixiosa que san Paulo da Cruz fundou en Alexandría (Italia) en 1720, co nome de Congregazione della Passione di Nostro Signore Gesù Cristo. En 1878 instaurouse na Península Ibérica. Ten casas en México, Cuba, Venezuela, El Salvador, Costa Rica e Honduras.

    1. Persoa que canta a Paixón nos oficios de Semana Santa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • principio de exclusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cantidade que se cobra periodicamente do estado ou dunha institución ou organismo, polo feito de prestar un servizo, ou determinada pola morte dun familiar (viuvez ou orfandade) ou por unha diminución física ou psíquica permanente (incapacidade ou invalidez) ou por xubilación.

      2. pensión alimenticia/de alimentos

        Cantidade que por convenio ou por sentenza se lle paga a alguén que, por imposición legal, se lle debe prestar alimentos.

      3. pensión compensatoria/matrimonial

        Cantidade que ten dereito a percibir o cónxuxe ao que a separación ou divorcio produce un desequilibrio económico.

      4. pensión contributiva

        Prestación económica outorgada polo Instituto Nacional de la Seguridad Social. A súa concesión está xeralmente supeditada a unha previa relación xurídica coa seguridade social, sempre que se cumpran certos requisitos esixidos, como un período mínimo de cotización. Divídense en pensións de xubilacion, de incapacidade permanente e de falecemento.

      5. pensión non contributiva

        Prestación de carácter económico, de asistencia médico-farmacéutica gratuíta e servizos sociais complementarios, para cidadáns en situación de xubilación, invalidez ou estado de necesidade aínda que non cotizasen suficientemente ao Instituto Nacional de la Seguridad Social para ter dereito a unha pensión contributiva. Divídense en pensión non contributiva de invalidez e de xubilación.

    1. Cantidade que se asigna a alguén para ampliar estudos ou estimular o coñecemento científico, artístico ou literario.

      1. Establecemento público destinado á hospedaxe, de categoría inferior ao hotel.

      2. Casa de hóspedes modesta.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que ten dereito a cobrar unha pensión.

      1. Persoa que vive nunha pensión.

      2. Alumno que estuda e reside nun colexio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de percutir.

    2. Método de exploración clínica que consiste en provocar certos sons dando golpes cos dedos ou cun instrumento especial, nunha rexión do corpo, co fin de coñecer o estado das vísceras subxacentes.

    3. Conxunto de instrumentos que producen o seu son grazas ao choque entre un percusor (mazas, baquetas, mans, etc) e unha superficie de membrana, metal ou madeira. Os instrumentos de percusión pódense clasificar en instrumentos dun son determinado (timbais, celesta, xilófono, campás, etc), dun son indeterminado (bombo, pandeireta, pandeiro, etc), e de metal percutido (triángulo, pratos, gongs, etc).

    4. Operación de funcionamento dunha arma de fogo que consiste en que o percusor, despois de ser liberado do resorte que o retén, golpee o estopín ou fulminante do cartucho e provoque a detonación que transmite o fogo á carga de proxección.

    5. No estudo do choque entre dous corpos, cociente entre a velocidade relativa que levan despois do choque e antes do choque. Nun choque perfectamente elástico o coeficiente de percusión vale 1, e nun choque totalmente inelástico vale 0.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que toca un instrumento de percusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Circulación artificial nun órgano dun líquido de composición apropiada para manter as funcións de dito órgano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de permitir.

    2. Figura coa que se finxe permitir ou deixar algo ao arbitrio alleo.

    VER O DETALLE DO TERMO