"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • PERSOEIRO

    Cantautor. Fillo dun procurador da República, José Nepomuceno Afonso e de María das Dores. Durante a súa infancia percorreu diversos países, entre outros Angola, Mozambique e Belmonte, que suporían continuas referencias no seu desenvolvemento artístico. Dende a década dos 40 ata 1953, Coimbra foi a súa residencia. Moi ligado á Facultade de Letras e ao Liceo, foi durante esta etapa integrante do Orfeão Académico e da Tuna Académica da Universidade. A partir de 1955, comezou a súa etapa dentro do ensino percorrendo varias vilas portuguesas. Zeca Afonso gravou o seu primeiro disco no 1953, Fados de Coimbra. Entre 1964 e 1967, volveu a Mozambique onde foi mestre. Esta etapa foi fundamental para cimentar a súa conciencia anticolonial. Por razóns políticas foi expulsado do ensino oficial e a música pasou a converterse no seu medio de expresión e de vida. Contrario ao réxime ditatorial portugués, entrou a formar parte do grupo de artistas prohibidos polo que as súas cancións foron censuradas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rei de Galicia e Asturias (739-757). Considerado, por ter artellado un proxecto político ben definido, como o auténtico fundador da monarquía galaico-astur. Probablemente, foi fillo do duque Pedro de Cantabria. Casou con Ermesinda (ou Ermessenda), filla de don Paio, e foi elixido Rei por astures e cántabros á morte de seu cuñado Favila (ou Fafila). Logo de varias campañas contra os poderosos   condes e bispos vitizanos que tomaran partido   por don Rodrigo (Rodericus) e eran respectados polos musulmáns. Afonso I procurou controlar Galicia, creando un protectorado baixo o goberno do seu irmán Froila. A nobreza galega, sen embargo, sublevouse contra Froila, feito que provocou a intevención de Afonso I que arrasou Lugo, Tui, Oca e outras localidades galegas. Faltándolle capacidade administrativa para dirixir de xeito centralizado un reino que abranguese o territorio galego, semella que optou por manter o que xa contaba centrándoo nas actuais Asturias e Cantabria, ao non representar...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Aragón (1162-1196). Fillo de Ramón Berenguer IV, herdou o Reino de Aragón e o condado de Barcelona; de Ramón Berenguer III herdou Provenza. O primeiro problema que se lle presentou a Afonso II provocouno Ramón V de Tolosa, quen procurou impedir a unión das terras situadas en ambas vertentes dos Pireneos. Por consecuencia desta oposición cedeulle o goberno de Provenza ao seu irmán Ramón Berenguer IV (1167-1181) en vasalaxe. A súa política a respecto de Provenza e da política occitana en xeral foi de pacificación, que logrou en 1189. Neste sentido, chegou a unha paz con Tolosa (1185), nomeou un alcalde para administrar Provenza e non recoñeceu sobre Provenza a soberanía imperial de Federico I Barbarrubia nin a de Enrique VI. Aliouse con Afonso VIII de Castela (1170); continuou a conquista, fundou Teruel (1171) e tentou apoderarse de València (1172); axudou a Afonso VIII na conquista de Cuenca (1177) coa renuncia previa por parte do castelán dos seus pretendidos dereitos feudais sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Galicia e Asturias (791-842). Fillo de Froila I e de Munia. Sucesor do Rei Silo (783), foi desposuído por Mauregato, fillo de Afonso I, tendo que se refuxiar en Araba. No 791, despois da renuncia de Vermudo I (ou Veremudo), sucesor de Mauregato, subiu ao trono, establecendo a Corte en Oviedo. O acceso ao poder de Afonso II estivo favorecido, dende o primeiro momento, polos galegos, que se rebelaran contra Froila I -gobernante imposto por Afonso I- e lle axudaron a acadar o trono recoñecendo por completo a súa autoridade. A súa actividade política, que se inspiraba no modelo carolinxio de poder, orientouse cara á consolidación do Reino astur fronte ao Al-Andalus, que tentaba estender o seu dominio facendo campañas de conquista e devastación por toda a Península Ibérica, e á reivindicación dunha Igrexa autónoma con respecto ao poder mozárabe de Toledo. Durante o seu longo reinado loitou varias veces con Córdoba: fronte ao Emir Hisâm I (794); na toma de Araba por ‘Abd al-Karïm (795),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e misioneiro italiano. Fundou (1732) a congregación do Santísimo Redentor (redentoristas). O seu sistema moral (equiprobabilismo) sitúase entre as correntes rigoristas e as probabilistas. Autor de Las glorias de María (1750) e dunha Theología Moralis (Teoloxía moral, 1753-1755). Foi canonizado no 1839. A súa festividade celébrase o 2 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta, durante corenta anos exerceu humildemente o oficio de porteiro do seu convento mallorquino. A lenda atribúelle que recibiu unha zorrichada de sangue do seu propio corazón, apertado por Cristo e a Virxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Segrel galego supostamente orixinario de Negreira e de cronoloxía sen confirmar. Sábese que en 1246 participou na toma de Jaén, na súa condición de escudeiro; non obstante con respecto á súa categoría social, parece mellor consideralo como segrel en base á súa vida disoluta. O momento de maior produción artística (1240-1250?) dáse na Corte de Fernando III onde coincide con outros trobadores como: os portugueses Martin Soarez, Roi Gomez de Briteiros, Gonçal’ Eanes do Vinhal e Johan Soarez Coelho, e os galegos Pero da Ponte e Pero Garcia d’ Ambroa. Cultivou os tres xéneros maiores da lírica galego-portuguesa, cun total de vinte e unha cantigas atribuíbles, e outra máis de dubidosa adscrición, conservadas nos cancioneiros copiados en Italia, no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana: unha cantiga de amor, tres de amigo, dezasete satíricas (dezaseis de escarnio e maldicir e unha tenzón) e outra incompleta que non nos permite precisar o xénero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecnocomplexo do Paleolítico final (14000-8000 a C) siberiano, definida a partir do xacemento de Afontova Gora (no río Enisei), caracterizada pola mestura de útiles arcaicos sobre lasca e avanzados laminiñas, útiles de ósos, doas de colares, etc, sen presenza de microlitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de aforar.

    2. Contrato asinado entre o propietario e unha persoa á que se lle cede a propiedade, polo cal estará obrigado a pasarlle ao primeiro unha renda determinada, chamada foro.

      1. Medida do caudal dun fluído que pasa por un conduto determinado. Os procedementos de aforamento clasifícanse en directos e indirectos. Os directos miden volumes do fluído en función do tempo; os indirectos consisten en medir a velocidade do fluído e multiplicar esta velocidade pola superficie da sección mollada.

      2. aforamento por contador

        Aforamento directo empregado para medir o caudal dun líquido ou dun gas nun conduto de dimensións non demasiado grande, consistente en intercalarlle un contador que totaliza a cantidade de fluído que pasa.

      3. aforamento por depósito gradual

        Aforamento directo consistente en medir o tempo que a auga procedente do conduto que se vai aforar tarda en encher un volume contido entre dous niveis determinados dun depósito.

      4. aforamento por detección de radiacións emitidas por radioisótopos

        Aforamento indirecto que consiste en inxectar, nun punto dun conduto, un radioisótopo e observar o tempo que a radiación tarda en aparecer noutro punto corrente abaixo.

      5. aforamento por métodos electromagnéticos

        Aforamento indirecto que consiste en adaptar á condución do fluído un dispositivo capaz de crear un campo magnético que, ao ser atravesado polo fluído, orixina unha corrente eléctrica, proporcional á velocidade deste fluído, que pode ser medida doadamente.

      6. aforamento por molinete

        Aforamento indirecto consistente en colocar, no interior da corrente e en paralelo ao sentido xeral de circulación, uns molinetes que, ao xiraren movidos pola corrente, permiten coñecer a velocidade en cada punto a partir do número de voltas que dan durante un tempo determinado.

      7. aforamento por orificios calibrados

        Aforamento directo consistente en deducir o caudal dunha lectura das presións ou da diferenza de presións nuns puntos adecuados situados preto destes orificios (diafragmas, tobeiras, tubos de Venturi).

      8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de aforcar ou aforcarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao afototropismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fototropismo no que a resposta ao estímulo da luz é negativa, é dicir, de afastarse da fonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que actúa con valentía, sen temer dificultades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de afrancesar ou afrancesarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goberno xeral que reúne en forma de federación, de 1910 a 1958, os territorios franceses de Gabón, Congo Medio, Ubangi-Xari e Chad. A capital foi Brazzaville.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de afrontar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que causa ou envolve afronta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de afrouxar ou de afrouxarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina formulada no s VI por Xián, Bispo de Halicarnaso, como variante do monofisismo. Mantiña que o corpo de Xesucristo era incorruptible, impasible e inmortal; xa que logo, sostiña que, se realmente padeceu, foi por vontade propia. Combateuna Severo, patriarca de Antioquía, no seu intento por establecer unha ortodoxia monofisista. Os seus detractores déronlles o nome de pantasiastas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Erupción de aftas.

    2. Aftose xeneralizada na pel e nas mucosas de diferentes órganos. Unha modalidade de aftose de Touraine é a chamada síndrome de Behçet.

    VER O DETALLE DO TERMO