"Tura" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 473.
-
-
Temperatura en que ocorreu un proceso xeolóxico do pasado, por exemplo, a temperatura dun metamorfismo rexional ou dunha cristalización.
-
Temperatura media do clima ou do mar nun momento determinado da historia xeolóxica. Para determinala, hai que basearse na relación de isótopos de osíxeno O 18 /O 16 , que están contidos en determinados compostos como os carbonatos. Esta relación depende da temperatura de formación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir de setembro de 1986. Editada polo servizo municipal de Educación da cidade, tratouse dunha publicación especializada en literatura infantil cunha periodicidade irregular. Coordinada por Mª Jesús Fernández, tivo como obxectivos a promoción da lectura e a dinamización cultural. Incluíu entrevistas, creacións literarias e traballos sobre coñecidos escritores estranxeiros de literatura infantil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultura peruana que se desenvolveu na pequena península desértica de Paracas, ao S de Lima e a 18 km do actual porto de Pisco, no golfo homónimo. Tivo dúas fases de desenvolvemento: a primeira, Paracas Cavernas (300 a C-200), caracterizouse por enterramentos de tipo comunal que se realizaban no interior de cámaras escavadas na rocha, en que apareceu unha cerámica propia; a segunda fase, Paracas Necrópole, debe o seu nome a un gran cemiterio en que se encontraron 429 momias envoltas en teas únicas, feitas de algodón e la de alpaca e vicuña con gran riqueza de cores e debuxos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo natural protexido, cunha superficie de 9.393 ha, que se localiza nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero e Pontedeume. Constitúe unha das fragas costeiras mellor conservadas de Europa, onde se poden atopar, preto das augas do río Eume, bosques de salgueiros e amieiros, que están rodeados de carballos, bidueiros, acivros, abeleiras, teixos, castiñeiros e loureiros. Tamén se poden observar sobreiras na súa vertente S. Unha importante riqueza florística da zona constitúea a flora de criptógamas e pteridófitos. En canto á flora de briófitas, están representadas 221 especies do total de 471 especies coas que conta a bioflora galega e a flora de liques conta con tres especies novas para Europa continental e 24 para a flora española. Destacan na flora a Woodwardia radicans, Culcita macrocarpa, Trichomanes speciosus, Narcissus cyclamineus e Narcissus asturiensis. Na fauna existen especies de invertebrados endémicos de Galicia e de Europa,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representación gráfica do conxunto de partes musicais, vocais ou instrumentais, dunha composición. A partitura sinfónica ordénase de xeito que os instrumentos de madeira ocupen a parte superior, debaixo os de metal, baixo estes os de percusión e na parte inferior os de corda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación cultural creada en Montevideo o 8 de xuño de 1964, a iniciativa de Xosé Cancela Freixo. Tivo como finalidade o achegamento da colectividade galega ao pobo uruguaio e o espallamento da cultura galega en todas as súas expresións. Das súas iniciativas destacaron a creación da Escuela Galicia, a edición de libros e publicacións en galego -xunto a unha biblioteca con máis de 10.000 exemplares-, a creación do Día da Poesía Galega e o galardón Vieira de Prata, concedido cada ano a unha persoa ou institución que traballase a favor dos fins da agrupación. Tamén se fixeron cargo do programa radiofónico Sempre en Galicia e da publicación do boletín cultural Guieiro.
-
GALICIA
Xurista e político. Foi maxistrado na Audiencia Nacional e no gabinete técnico do Tribunal Supremo, e voceiro da asociación Jueces para la Democracia. Deputado independente polo PSOE (1993-1997), foi voceiro na comisión de Xustiza e Interior (1993-1995). Alcalde de Vigo en 2003, perdeu o cargo por unha cuestión de confianza. Escribiu as obras Justicia y delito (1981), La reforma del proceso penal (1990) e La influencia del cambio socio-político en los delitos contra la honestidad.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Arte de pintar.
-
Obra que resulta da acción de pintar. As primeiras manifestacións pitóricas datan do Paleolítico Superior. Son as pinturas rupestres localizadas nas covas, sobre todo, no S de Francia, N de España e nos Urais. Trátanse en xeral de representacións da fauna cuaternaria, policromadas, naturalistas e sen formar escenas, e con escasas representacións humanas. Destacan as covas de El Castillo e Altamira (Cantabria) e Lascaux (Francia). Durante o Epipaleolítico ou o Neolítico desenvolveuse no Levante español unha nova pintura rupestre monocroma e de tintas planas con representación de escenas de caza, danza e guerra de carácter máis esquemático e dinámico ca as pinturas paleolíticas, das que estacan as pinturas da cova de Cogull (Lleida). Na civilización exipcia decoráronse con pinturas murais as tumbas dos faraóns. Eran escenas da vida cotiá e representacións mitolóxicas realizadas cun estilo máis conceptual ca realista. As culturas mediterráneas empregaron a pintura en diferentes modalidades....
-
Táboa, lámina, lenzo ou muro en que se pinta unha cousa.
-
pintura absoluta
Pintura xeométrica non figurativa que se basea na esencia da liña, a superficie e a cor. Busca expresións construtivas a base de ángulos rectos e cadrados.
-
pintura á chamberga
Procedemento pictórico que consiste en pintar obxectos que non están expostos á intemperie, mediante o uso de cores preparadas con verniz de pez grega e augarrás.
-
pintura de historia
Representación de escenas do pasado, que intenta a reconstrución dos grandes sucesos históricos, polo seu interese ético ou épico ou pola súa propia transcendencia. Desenvolveuse a partir do Barroco.
-
pintura de xénero
Representación de temas e escenas da vida cotiá, considerada especialmente polos mestres holandeses e flamengos do s XVII.
-
pintura ao óleo
Técnica pictórica que consiste na disolución en aceite de cores utilizadas para pintar. Emprégase sobre unha base absorbente de tea ou madeira. Na Idade Media esta técnica usábase combinada coa da témpera. No s XV apareceu a pintura ao óleo independente nos Países Baixos, e que a tradición lle atribúe o seu descubrimento a Jan van Eyck.
-
pintura xestual
action painting.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cría e desenvolvemento de peixes co fin de comercializalos ou de empregalos en repoboamentos. Practícase sobre todo con especies de auga doce, aínda que tamén ten lugar con especies mariñas (gádidos e peixes planos) en marismas, rías e pantanos salobres.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de planificación que ten como finalidade a adecuación da xestión dos recursos naturais e, en especial, a dos espazos naturais e das especies que se queren protexer, aos principios de mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, de preservación da diversidade xénetica, da utilización ordenada dos recursos e da preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais e da paisaxe. As directrices fixan limitacións de usos nos espazos e establecen normas de uso racional para a conservación, restauración e mellora dos recursos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Operación que consiste en formar pregaduras na parede dun órgano co obxectivo de reducir o seu volume.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de cultivo primitivo, propio das sociedades rurais, que consiste en cultivar nunha mesma zona produtos moi diversos destinados a alimentar a poboación local. Algúns sistemas de cultivo de sociedades máis avanzadas están baseados na policultura.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Dedicouse, inicialmente, a cultivar unha comedia de estilo ‘catalán’ que, co tempo, adquiriu profundidade e trazos dramáticos. Dirixiu, entre outras, La rossa del bar (1986), Puta misèria (1989), El perquè de tot plegat (1994), Carícies (1998), Amic/Amat (1999), Manjar de amor (2001) e Amor idiota (2005). Foi galardoado co Premio Nacional de Cultura (1995) e coa Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Maneira de pór os membros e o corpo unha persoa ou un animal.
-
Maneira de actuar ou punto de vista dunha persoa.
-
Prezo que un comprador ofrece por unha cousa, especialmente nunha poxa ou almoeda.
-
Dor nunha parte do corpo debida a unha mala colocación do corpo.
-
Acción de poñerse o Sol.
-
-
Acción de poñer os ovos un animal, especialmente as aves.
-
Conxunto de ovos que pon un animal, especialmente unha ave, dunha vez.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da agricultura que se dedica ao cultivo, estudo e mellora dos prados e dos pastos.
-
-
-
Dignidade e cargo de prefecto.
-
Época e duración do goberno dun prefecto.
-
Conxunto de prefectos dun país.
-
-
-
Edificio onde o prefecto reside ou exerce o seu cargo.
-
Conxunto de edificios, na Roma imperial, constituído polos arquivos, a oficina do prefecto ou secretarium e as salas onde se comunicaban as súas decisións ou tribunalia.
-
-
-
Territorio do Imperio Romano gobernado por un prefecto. Coa administración de Diocleciano, formáronse as catro prefecturas das Galias, Iliria, Roma e Oriente. Roma e Constantinopla formaron sempre unha prefectura independente. Subdividíanse en dioceses.
-
División administrativa de España, creada, en número de 38, por decreto de Xosé Bonaparte o 17 de abril de 1810. Á súa fronte estaba un prefecto. Galicia organizouse en catro prefecturas e doce subprefecturas: a da Coruña, co subprefecturas na Coruña, Santiago de Compostela e Corcubión; a de Lugo, con subprefecturas en Lugo, Mondoñedo e Viveiro; a de Ourense, con subprefecturas en Ourense, Monterrei e Monforte; e a de Vigo, con subprefecturas en Vigo, Pontevedra e Tui.
-
...
-
-
-
-
Dignidade e oficio do prelado.
-
Organización de presbíteros, ou de presbíteros e laicos, que se rexe polos estatutos dados pola Santa Sé. O seu goberno confíaselle a un prelado como ordinario propio, para unha mellor distribución de presbíteros ou para levar a cabo obras peculiares misionais ou pastorais. Creación do novo dereito canónico, a primeira prelatura persoal erixida foi a do Opus Dei en 1982.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio literario convocado e concedido anualmente polo Ministerio de Educación co obxecto de recoñecer o labor daqueles escritores destacados no campo da literatura infantil e xuvenil. Creado en 1978, con este premio preténdese estimular a produción literaria de calidade que poida axudar a fomentar os hábitos de lectura entre rapaces. A primeira gañadora foi Montserrat Amo, con El Nudo (1978). Os autores galegos galardoados foron Paco Martín, con Das cousas de Ramón Lamote (1986), Xabier Docampo, con Cando petan na porta pola noite (1995), e Fina Casalderrey, con O misterio dos fillos de Lúa (1996).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade ou cargo de prepósito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do campamento romano comprendida entre a via principalis e a porta pretoriana.