"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
PERSOEIRO
Bailarín. Reivindicou o flamenco puro e debutou en París en 1920. Formou parella artística con Carmina García. Retirouse e estableceuse en Barcelona, onde se dedicou ao ensino.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á persoa que é orgullosa ou vaidosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘ferramenta’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou estado de escuro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘pico’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘hora’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa conserveira fundada en 1940 por Manuel Escurís López na Pobra do Caramiñal. En 1964 denominouse Manuel Escurís López e Hijos SL e en 1974 Escurís SL. Posúe as plantas industriais de Escarabote (Lampón, Boiro), que funciona desde 1963, dedicada ao enlatado de sardiñas e mariscos; O Castelo (Santiago do Deán, A Pobra do Caramiñal), que procesa e enlata sardiñas, polbo e luras; e A Baiuca (O Caramiñal, A Pobra do Caramiñal), que funciona desde 1984 como centro administrativo e comercial, sede dos laboratorios de control de calidade e investigación da empresa e dedícase tamén á fabricación de túnidos. En 1974 instalouse a fábrica de Taragoña (Rianxo) para a produción propia de envases. Conta coas empresas filiais Rianxeira de Mariscos SA (Rianxo), adquirida en 1991 e dedicada ao enlatado de mexillón; e Tunaliment SA (A Pobra do Caramiñal), elaboradora de conservas para a alimentación animal.
-
GALICIA
Empresario. Foi presidente de ACTEMSA e Escurís, e fundador de Tunaliment SA e Cartogal (Cartón Galicia SA). Recibiu a medalla ao mérito do traballo da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz. En 1947 ingresou na compañía infantil do Teatre Romea de Barcelona, e en 1950 pasou á adulta. En 1954 comezou a súa carreira profesional coa interpretación de Medea, de Eurípides. Fundou unha compañía co seu marido en 1959 e estreou Gigí, de Colette. Interpretou a partir dese ano moitas obras, entre as que destacan A boa persoa de Sezuan, de Bretch (1966), as traducións castelás de Huis clos e La putain respecteuse, de Sartre (1969), Yerma, de García Lorca (1972), Divinas Palabras, de Ramón Mª del Valle-Inclán (1976), Doña Rosita o el lenguaje de las flores, de García Lorca (1981), A tempestade, de W. Shakespeare (1982), ou Salomé, de Oscar Wilde. Compartiu, con José Luis Gómez e Ramón Tamayo, a dirección do Centro Dramático Nacional (1979-1981). En 1986 debutou como directora en Londres, coa montaxe de La casa de Bernarda Alba. Destacou a súa actividade no campo da ópera, especialmente...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Aplicado a persoas, que é de nacemento ilexítimo.
-
Que non é auténtico.
-
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Comezou a pintar en 1909 e asistiu ás academias libres do barrio de Montparnase de París. En 1923 viviu en Barcelona e dirixiu un taller de tecidos e ao ano seguinte instalouse de novo en París. A súa obra recibiu a influencia de P. Cézanne e do cubismo. Considerado como un dos referentes do movemento abstracto francés, non estaba convencido da validez da pintura abstracta. Entre as súas obras destaca A homenaxe a Fouquet (1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mición lenta e dolorosa ocasinada polo espasmo da uretra ou da vexiga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente artística baseada na creación dunhas formas tridimensionais, regulares e pintadas con cores planas, e estruturadas sobre un soporte. Propúxoa Charles Biederman fronte ao expresionismo abstracto.
-
-
Peixe anádromo, da familia dos acipenséridos, de ata 6 m de lonxitude, de esqueleto pouco osificado, corpo longo e pel espida, agás a armadura dérmica reducida a cinco fileiras de grandes placas óseas que se dispoñen ao longo do corpo. A cabeza é grande e presenta un fociño aplanado; os ollos son pequenos e atópanse na base do fociño, e a boca está situada en posición ventral, rodeada de barbelas carnosas e flexibles que lle serven para detectar as presas, normalmente invertebrados e peixes que viven no fondo das augas. Os opérculos branquiais son triangulares, grandes e abertos cara a atrás; as aletas pectorais e as pelvianas son de tamaño medio, a dorsal é única e está situada na parte posterior do lombo oposta á aleta anal, e a aleta caudal é heterocerca e está fendida. No intestino presentan unha válvula espiral característica que comparten coas quenllas. Algunhas especies viven no mar e migran cara aos ríos para desovar, e outras permanecen permanentemente nos ríos e nos lagos. As...
-
Peixe de ata 2 m de lonxitude que acada un peso de 80 kg, endémico das costas italianas e balcánicas do Mar Adriático. Críase con éxito en piscifactorías de distintos países, entre eles España.
-
Peixe, de 5 m de lonxitude e 400 kg de peso, orixinario de Turquía, Oriente Próximo, N de África e de todos os ríos europeos ao O dos Urais, e do que só subsiste unha precaria poboación na conca do Garonne, en Francia; é obxecto dun programa de cría en catividade e recuperación en Bordeos. As crías tardan entre 1 e 3 anos en ir ao mar, e acadan a madurez sexual aos 10 anos de idade. A última poboación peninsular foi a do río Guadalquivir, ata que na década de 1960 se construíu unha presa hidroeléctrica en Coria de Río, feito que lles impediu acadar os lugares de desova preto de Córdoba. Entre 1932 e 1970 capturáronse máis de 500 esturións por unha única fábrica que só buscaba a obtención de caviar, e que rematou a súa actividade ao desaparecer estes peixes. Dende entón péscanse esporadicamente algúns exemplares. En Galicia foi moi abundante no río Miño.
-
Peixe que acada os 1,8 m de lonxitude corporal e un peso de ata 77 kg. É unha especie propia da conca americana do Mississippi.
-
Peixe de máis de 6 m de lonxitude, propio da conca do río Iang-Tsé.
-
-
REXIÓNS
Rexión histórica comprendida entre os ríos Arno e Tíber e o Mar Tirreno, habitada polo pobo etrusco entre os ss VIII a C e I a C. Entre as súas poboacións destacaron na costa Caere, Populonia, Rusellae, Tarquinia, Veyes, Vetulonia, Volaterrae e Vulci, mentres que no interior se estendían as cidades máis novas, como Arretium, Clusium, Cortona e Perusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
REINOS
Reino creado por Napoleón na Toscana (1801-1807) despois de abolir o gran ducado de Toscana. Invadido polos franceses en 1796, en marzo de 1801, polo Tratado de Lunéville, Napoleón nomeou rei de Etruria a Luís I de Borbón, duque de Parma. Trala súa morte (1803) sucedeuno o seu fillo Luís II, aínda que a súa esposa María Luísa actuou de rexente. Refuxio de numerosos inimigos de Francia, Napoleón incorporouno a Francia polo Tratado de Fontainebleau (1807). En 1809 foi reconvertido en gran ducado de Toscana e entregado a Elisa Bonaparte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe troiano, protagonista dun episodio do canto IX da Eneida.
-
PERSOEIRO
Militar lacedemonio. Almirante da flota grega durante a Segunda Guerra Médica, trasladou a súa flota ao golfo de Salamina trala derrota das Termópilas. Trala caída de Atenas en mans persas, pensou en regresar ao Peloponeso, aínda que, aconsellado por Temístocles, esperou en Salamina o enfrontamento coa flota persa, do que saíu vitorioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei visigodo (466-484). Accedeu ao trono tralo asasinato do seu irmán Teodorico II. Rompeu a alianza entre os visigodos e o Imperio Romano e ampliou o territorio do reino. No 468, tralo enfrontamento co rei suevo Remismundo, fíxose co control de case toda a Península Ibérica, agás os territorios suevos da antiga provincia de Gallaecia. No 475, o Emperador Xulio Nepote recoñeceu a súa soberanía sobre a Galia desde o río Loira á Provenza e sobre a Península Ibérica. Foi o primeiro que estableceu un código de leis, o código de Eurico, que rexía unicamente os visigodos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ocupa unha grande área de distribución.